En total asistiron 11 voluntarios.
A xuntanza constou de catro partes:
- Recepción de asistentes e presentación en grupo. Explicación dos motivos da organización da actividade.
- Exposición, mediante unha presentación de powerpoint, das actividades realizadas dende marzo ata setembro de 2011. Apuntamento das vindeiras actividades en 2012.
- Enquisa de avaliación ós voluntarios, na que se valoraba diferentes aspectos do programa de medio ambiente e se solicitaban suxerencias. Os resultados globais da mesma foron estes:
Criterios de calificación : 1-Moi mal, 2-Mal, 3-Regular, 4-Ben, 5-Moi Ben
Programa Medio Ambiente | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
Monitores |
|
|
|
| 5,0 |
Material |
|
|
| 4,4 |
|
Organización |
|
|
| 4,8 |
|
Grao de utilidade/interese |
|
|
| 4,8 |
|
Valoración global do período outubro 2010-marzo 2011 |
|
|
| 4,8 |
|
Aspectos negativos que se comentaron: Comportamento incívico da xente(2 opinións similares), poucas actividades, que non haxa excursión de fin de curso, poucos cursos.
Suxerencias que se fixeron:
Máis cursos de insectos anfibios, fentos, etc…
Máis colaboración con outras entidades medioambientais, comunidades de montes. Máis actividades en fin de semana.
Formación en reciclaxe e compostaxe.
Sábado 17/11/12. Obradoiro polo litoral na Xunqueira do Lagares. Traballos realizados: Eliminación de flora exótica bioinvasora, limpeza de lixo na marisma, limpeza de graffitis en carteis de acceso, poda, titorización e fertilización de arboriñas.
En total asistiron 12 voluntarios.
Martes 27/12/11. Bricovoluntarios en Cabo de Mar.
Traballos realizados: Limpar lixo de dunas, praia, rochas e piñeiral, eliminar rebrotes de uña de gato, limpar entullo, revisar valado, colocar pantallas de captación de area e reparar desperfectos pequenos.
En total asistiron 6 voluntarios.
Mércores 28/12/11. Bricovoluntarios na praia da Fontaíña-Baluarte. Traballos realizados: Limpar lixo de dunas e praia, eliminar flora exótica, revisar valados e arranxar desperfectos no mesmo.
En total asistiron 6 voluntarios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario