Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



31/8/15

O vindeiro sábado 5 de setembro pola mañá (de 9 a 13 h.) realizarase o xa tradicional censo de aves en paso posnupcial do treito costeiro que vai dende Cabo de Mar (Alcabre) ata a Praia de Baluarte (Coruxo), pasando pola Xunqueira do Lagares.
O lugar de encontro será en Cabo de Mar (no extremo leste do paseo de Samil) as 9:00 h.
O número de prazas é limitado (7 voluntarios/as)
Nesta actividade os e as participantes irán acompañados polo ornitólogo da asociación Fontaíña, Diego R. Vieites, e axudarán a identificar e a contar as aves acuáticas que se atopen no seu percorrido. Dita información serve para coñecer o estado ambiental deste treito de costa en xeral e das poboacións de aves acuáticas do mesmo en particular.
Co gallo do X aniversario deste actividade, no que queda de 2015 levaranse a cabo diferentes actividades relacionadas coa ornitoloxía como a celebración do Día das Aves a primeira fin de semán de outubro, charlas, excursións,... das que teredes máis información neste blogue. Dende a Asociación Fontaíña queremos dar as grazas a todas as persoas que colaboraron nesta actividade en particular e nas actividades de voluntariado da asociación en xeral.
As persoas interesadas teñen que apuntarse no correo electrónico diegodalimia@gmail.com indicando se dispoñen ou non de prismáticos (Fontaíña facilitaralles uns, de non dispor deles).
É recomendable levar prismáticos e roupa e calzado cómodos para camiñar.