Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



25/6/11

Actividades de voluntariado ambiental para o verán

Vos informamos do calendario de actividades medioambientais que a Oficina Municipal de Voluntariado, baixo a coordenación da Asociación Fontaíña, levará a cabo no verán:

Luns 27/6. Bricovoluntarios en Fontaíña-Baluarte. Limpar lixo de dunas e praia, eliminar flora exótica, revisar valados e arranxar pequenos desperfectos. Horario: 17:00-19:00 h. Nº de prazas: 6. Lugar de encontro e material necesario: Praia da Fontaíña (perto da do Vao) no lugar do Breadouro. No caso de que xa os recibiran, os voluntarios/as deberán traer as súas lubas.

Sábado 2/7. Obradoiro en Cabo de Mar. Limpar lixo de dunas, praia, rochas e piñeiral, eliminar rebrotes de uña de gato, limpar entullo, revisar valado e reparar desperfectos pequenos. Horario: 10:00-12:00 h. Nº de prazas: 10. Lugar de encontro e material necesario: Praia do Cocho das Dornas-Cabo de Mar, no Paseo de Samil (perto do restaurante Dornas e a praia da Fonte). No caso de que xa os recibiran, os voluntarios/as deberán traer as súas lubas.

Luns 4/7. Inspección ambiental na Xunqueira. Identificación de impactos ambientais. Horario: 10:00-12:00 h. Nº de prazas: 5. Lugar de encontro e material necesario: Ponte de madeira no Lagares, na estrada Muíños-Samil, perto da Depuradora.

Sábado 16/7. Operación Colilla en Fontaíña. Limpeza de cabichas na praia e campaña de concienciación cidadá. Horario: 10:00-13:00 h. Nº de prazas: 30. Lugar de encontro e material necesario: Praia da Fontaíña (perto da do Vao) no lugar do Breadouro. No caso de que xa os recibiran, os voluntarios/as deberán traer as súas lubas.

Xoves 11/8 Operación Cabicha. Reparto de cinceiros e campaña informativa en Fontaíña-Baluarte. Horario: 17:00-18:00 h. Nº de prazas: 7. Lugar de encontro e material necesario: Praia da Fontaíña (perto da do Vao) no lugar do Breadouro.

Martes 17/8. Operación Cabicha. Reparto de cinceiros e campaña informativa en Fontaíña-Baluarte. Horario: 17:00-18:00 h. Nº de prazas: 7. Lugar de encontro e material necesario: Praia da Fontaíña (perto da do Vao) no lugar do Breadouro.


Para participar en calquera destas actividades é obrigatorio:
a)Estar inscrito como voluntario/a na OMV (Oficina Municipal de Voluntariado) do Concello de Vigo: Pza. do Rei, s/n; 986810213; ofi.voluntariado@vigo.org
b)Contactar coa OMV e inscribirse para participar nas datas de interese.
Consultas no correo electrónico de Fontaíña fontainhavigo@yahoo.es