Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



6/7/15

Resumo da actividade de voluntariado ecolóxico nas praias de Baluarte e Fontaiña (4/7/15)



O pasado sábado 4 de xullo, a pesares da chuvia, un grupo de voluntarios acudimos a traballar ás praias de Fontaíña e Baluarte (Coruxo-Vigo).  Realizamos dúas tarefas:
  • Retirada dun tramo de valado vello de protección de dunas, duns 70m de lonxitude.
  • Eliminación manual dunha planta bioinvasora, a herba Conyza canadensis, que inzaba unha zona a carón do canaval da Fontaíña.  Retiramos 15kg desta planta.
Unha vez feito o traballo, poidemos desfrutar dun merecido avituallamento.