Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



24/10/17

A SGHN organiza en Pontevedra a I Xornada Galega de Patrimonio Natural e Biodiversidade 2017, na que contaremos a experiencia de Fontaíña co voluntariado litoral

A Sociedade Galega de Historia Natural organiza en Pontevedra, a través da delegación desta provincia I Xornada Galega de Patrimonio Natural e Biodiversidade 2017, que se desenvolverá o vindeiro 25/11/17 na Escola Universitaria de Enxeñería Forestal, Campus de Pontevedra, da Universidade de Vigo. A inscripción é aberta e gratuíta e nesta xornada farase unha revisión dos principais temas do patrimonio natural dende un punto de vista amplo.

Na sesión de serán, ás 17:00h, participará a Presidenta de Fontaíña, Margarita Rubido, cunha ponencia titulada "25 anos restaurando ecosistemas litorais en Vigo".

Promete ser unha xornada moi interesante, pola cantidade e variedade de experiencias que alí se contarán.

1ª xornada de voluntariado do proxecto "Xunqueira do Lagares limpa. Coa túa axuda é posible"

 

O pasado sábado 21 de outubro, pola mañán,  un grupo de oito voluntarios da asociación Fontaíña estiverón realizando tarefas de limpeza de residuos na marisma, recollendo 50 kg de lixo. Tamén aproveitaron para arrican un grande exemplar da bioinvasora herba das pampas (Cortaderia selloana); xan van quedando menos.

Esta actividade foi a primeira sesión do proxecto denominado "Xunqueira do Lagares limpa. Coa túa axuda é posible", a desenvolver desde outubro de 2017 ata maio de 2018, e que conta co apadriñamento do Proxecto Libera: Natureza sen lixo (organizado por Ecoembes e a SEO -Sociedad Española de Ornitología-).

Moitas grazas a todos os participantes polo traballo realizado. Haberá  unha nova xornada en novembro.



El pasado sábado 21 de octubre, por la mañana, un grupo de ocho voluntarios de la asociación Fontaíña estuvieron realizando tareas de limpieza de residuos en la marisma, recogiendo 50 kg de basura. También aprovecharon para arrancar un gran ejemplar de la bioinvasora hierba de las pampas(Cortaderia selloana); ya van quedando menos.
Esta actividad fue la primera sesión del proyecto denominado "Junquera del Lagares limpia. Con tu ayuda es posible", a desarrollar desde octubre de 2017 hasta mayo de 2018, y que cuenta con el apadrinamiento del Proyecto Libera: Naturaleza sin basura (organizado por Ecoembes y la SEO -Sociedad Española de Ornitología-).
Muchas gracias a todos los participantes por el trabajo realizado. Habrá una nueva jornada en noviembre

21/10/17

Voz Natura apoia, de novo, o traballo de Fontaíña


Voz Natura é un sobranceiro programa de educación medioambiental organizado pola Fundación Santiago Rey Fdez.-Latorre (Grupo La Voz de Galicia-Radio Voz) que xa vai pola súa 21ª edición, na que participan 350 centros educativos e algunhas asociacións ecoloxistas.
Voz Natura está a apoiar, novamente, as actividades de Fontaíña mediante unha axuda económica de 500€, que permitiran adquirir ferramenta e material para realizar traballos de voluntariado ecolóxico en zonas do litoral vigués. Adicaremos unha especial atención ó patrimonio etnográfico, tema protagonista desta edición 2017-18, divulgando e poñendo en valor as gamelas coruxeiras da praia da Fontaíña.
Imaxe tomada de http://unamiradaalariadevigo.blogspot.com.es

17/10/17

"Xunqueira do Lagares limpa: Coa túa axuda é posible.- Junquera del Lagares limpia: Con tu ayuda es posible"


O vindeiro sábado 21 de outubro, de 10:00 a 13:00 horas, a Asociación Fontaíña organiza unha actividade principal de limpeza de lixo e un pequeno grupo de de eliminación da planta exótica invasora herba da pampa (Cortaderia selloana) na Xunqueira do Lagares. 


A actividade forma parte das accións da proposta "Xunqueira do Lagares limpa: Coa túa axuda é posible", e conta co apadriñamento e patrocinio de "LIBERA: NATURALEZA SIN BASURA", un proxecto de SEO Birdlife e Ecoembes.




Para esta actividade é imprescindible apuntarse previamente.

Lugar de encontro e material necesario: Ponte de madeira do Lagares, na estrada Muíños-Samil, preto da depuradora. No caso de que xa as recibiran, os/as voluntarios/as deberán traer as súas luvas e botas.

O número de prazas é limitado.

Nesta actividade os e as participantes estarán acompañados por monitores da asociación Fontaíña.

É recomendable levar roupa e calzado cómodos.

As persoas interesadas deben apuntarse mediante o envío dun correo electrónico a fontaínhavigo@yahoo.es indicando nome e teléfono.

16/10/17

Seleccionados para participar en proyecto LIBERA

 

"LIBERA, naturaleza sin basura" nos ha comunicado que la propuesta de voluntariado presentada por la Asociación Fontaíña, titulada "Junquera del Lagares limpia: Con tu ayuda es posible" ha sido seleccionada y contará con su apadrinamiento.
Libera es un proyecto patrocinado por SEO Birdlife y ECOEMBES.



"LIBERA, natureza sen lixo" comunicou que a proposta de voluntariado presentada pola Asociación Fontaíña, titulada "Xunqueira do Lagares limpa: Coa túa axuda é posible" foi seleccionada e contará con seu apadriñamento.
Libera é un proxecto patrocinado por SEO Birdlife e ECOEMBES.