10/3/12

Resumo do censo de aves de xaneiro 2012

Sábado 7/1/12, pola mañán. Censo de aves invernantes no tramo de costa Cabo de Mar-Xunqueira do Lagares-Illa de Toralla.

Os cinco voluntarios participantes e mailo monitor realizaron un percorrido pola costa viguesa identificando as distintas especies de aves (garzas, corvos mariños, limícolos, carráns e gaivotas) observadas e censando o número de individuos de cada tipo.