Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



8/3/11

Próxima actividade do Obradoiro da Natureza

Para o mes de marzo esta prevista a seguinte actividade cos rapaces do Obradoiro da Natureza, un proxecto de educación ambiental baixo patrocinio de Voz Natura.

Domingo 13/3/11 de 10,30 a 13h. Continuación dos traballos medioambientais na Xunqueira do Lagares.
Os nenos participantes remataran as tarefas da pequena plantación de árbores de ribeira realizada en xaneiro, titorizando as arboriñas para que teñan unha mellor proteción. Se da tempo, limparan as marxes do río e axudarán a eliminar unha planta bioinvasora (brotes pequenos de herba das pampas) que estamos a controlar. Na actividade tamén participarán algúns voluntarios adultos da Oficina Municipal de Voluntariado. O lugar de encontro será na ponte de madeira que hai no Paseo Peonal do Lagares (a carón da depuradora, na estrada Muíños-Samil). Os nenos deben traer botas de auga e roupa que poidan manchar sen problema.

Os rapaces/as interesados/as pódense apuntar no correo electrónico ou no teléfono de Fontaíña.