19/6/12

Inspección ambiental na Xunqueira do Lagares.


 
O pasado xoves 26/4/12, polo serán, un grupo de catro persoas voluntarias da OMV, acompañados polo monitor de Fontaíña realizaron unha visita á Xunqueira do Lagares (Coruxo-Vigo) coa finalidade de identificar impactos ambientais e revisar tarefas a realizar en vindeiros obradoiros de voluntariado medioambiental.  
 
Unha vez reunidos os asistentes se explicaron as tarefas a realizar e se asignaron diferentes labouras a cada unha das parellas de voluntarios en que se dividiu o grupo.

  • Control do estado das arboriñas plantadas: Se fixo unha revisión do estado no que se atopaban as arboriñas plantadas en diferentes campñas dende hai catro anos.
  • Revisión de danos no paseo peonal: Localizáronse as zonas do paseo nas que o pavimento se atopaba deteriorado, coa finalidade de avisar ó Concello de Vigo para que proceda a súa raparación.
  • Outras incidencias:  Comprobouse o derrubamento dunha casa que tiña un expediente de demolición por edificación ilegal, denunciado hai anos pola Asociación Fontaíña e o Concello de Vigo.  Tamén se localizou un sector da Xunqueira con entullos e lixo que habería que retirar. 
 
Se fixo unha revisión de tarefas pendentes para proximas sesións:
  • Elaborar informe de estado do paseo peonal e envialo a Parques e Xardíns.
  • Titorizar algunha arboriñas que non están cos titores.
  • Desbroces desilvas e podas de leña morta selectivas en varios sectores do paseo.
  • Abonado xeral das arboriñas.
  • Retirada de lixo da zona da Carrasqueira.
  • Enviar un escrito a Medio Ambiente e a Obras para que tapén un enorme burato do paseo peonal (zona Muíños-Discoteca) e un verquido de entullo no final do paseo.
  • Reparar un cartel sinalizador na Ponte de Samil.

Resumo do Roteiro Formativo: Botánica e Vexetación do Litoral de Galicia


O curso foi de carácter teórico-práctico, de 6 horas de duración repartidas en dúas xornadas e se ofertaron 25 prazas, inscribíndose en total 22 persoas voluntarias.

O principal obxectivo do curso foi o de aportar ós participantes coñecementos teóricos e prácticos que lles permitirán recoñecer as especies litorais galegas e incrementar a súa formación como voluntariado medioambiental, xa iniciada en anteriores cursiños ofertados pola OMV.

3.      Relatores do curso.
Marga Rubido Bará, Bióloga e Mestra e Diego Rodríguez Vieites, Licenciado en Bioloxía.

4.      Programación.
Mércores 16/5/12. Sesión teórica: “Botánica litoral de Galicia: Características e identificación das principais especies litorais galegas”. A actividade realizouse na Sala de Xuntazas do Centro Cívico do Casco Vello (r/Oliva 12, a carón da Igrexa da Colexiata)en horario de 18:00-20:00 h.

Sábado 19/5/12. Sesión práctica: Itinerario polo litoral do espazo natural da Marisma da Ramallosa-Praia de Ladeira (Baiona).  Nesta visita, os participantes aprenderon, de xeito práctico, a identificar as principais especies da nosa costa e coñeceron as súas características ecolóxicas.
Os participantes trasladáronse nun microbús, que partiu ás 9:30h da r/Areal, nº8 (Edificio do antigo Reitorado), e estaba de volta no mesmo lugar ás 14:30h.





Resumo do obradoiro de voluntariado medioambiental realizado nas Praias de Baluarte e Fontaíña o 16/6/12


O pasado sábado 16 de xuño, pola mañán, un grupo de trece voluntarios da Oficina Municipal de Voluntariado do Concello de Vigo, dirixidos por un membro da Asociación Fontaíña, realizaron un obradoiro medioambiental nas Praias de Baluarte e Fontaíña (Coruxo-Vigo).
Os traballos realizados foron os seguintes
a)Abonado de arboriñas con abono orgánico de miñoca.
b)Repararacións do valado protector das dunas.
c)Limpeza de lixo da praia e as dunas
d)Montaxe de paneis informativos.
e)Eliminación manual de flora exótica bioinvasora (Conyza canadensis nas dunas a carón dos chalets do Breadouro e gramón na zona que hai a carón da ducha).











2/6/12

Actividades de voluntariado medioambiental en xuño 2012


Durante o mes de xuño de 2012 estan programadas dúas actividades de voluntariado ambiental.  Animádevos a participar!

Sábado 16/6/12. Obradoiro polo litoral nas Praias de Fontaíña e Baluarte. Os participantes realizarán as seguintes tarefas: limpar lixo de dunas e praia, revisar valados e arranxar pequenos desperfectos, reposición de paneis informativos, colocación de carteliños, coidados ás arboriñas plantadas nos inverno, desbroce de silvas dunha zona próxima ó canaval de Fontaíña, medicións para novas actuacións.

Horario: 10:00 -13:00h (en caso de moita calor remataríase ás 12:30h).   
Nº de prazas ofertadas: 15.

Nesta actividade tamén participará o grupo de rapaces/as do “Obradoiro da Natureza-Voznatura” da Asociación Fontaíña, que estarán acompañados pola súa monitora. Polo tanto, lembramos ós voluntarios da OMV que se apunten a esta actividade teñan en conta que van ter que colaborar e axudar ós rapaces nas súas tarefas.


Venres 29/6/12. Xuntanza de voluntarios/as do Programa de Medio Ambiente da Oficina Municipal de Voluntariado de Vigo, na Sala de Xuntanzas do 1º andar do Centro Cívico do Casco Vello (r/Oliva, nº12).  Preténdese que nesta xuntanza fagamos unha valoración do realizado no que vai de ano.  Proxectaremos fotos das accións de voluntariado e vos presentaremos as iniciativas para o que resta de 2012.  Animádemos a participar¡ Queremos coñecer a vosa opinión¡.   Tódolos asistentes recibiran un CD coas fotos dos voluntarios participantes en 2012 e os seus traballos e tamén algún que outro agasallo.  Horario: 19:00-20:00 h.    

Inscricións na  OMV (Oficina Municipal de Voluntariado) do Concello de Vigo: Pza. do Rei, s/n; 986810213; ofi.voluntariado@vigo.org