Na primavera de 1993 daban comezo os traballos de restauración das
dunas dos areais de Fontaíña e Baluarte (Coruxo, Vigo) co que, na actualidade,
este proxecto que aínda se está levar a cabo vai cumplir 25 anos. Na Asociación
Fontaíña imos celebralo organizando unha cea
literaria conmemorativa o vindeiro 30 de xuño na que queremos xuntar a todas as persoas que colaboraron ou simpatizan
co proxecto dende os seus inicios no Grupo Erva ata a actualidade, xa na
Asociación Fontaíña, e na que cada un dos asistentes terá a opción de levar poemas ou textos breves
inspirados nas dunas de Fontaíña e Baluarte que lerá para disfrute dos
demais comensais. Estades todos e todas convidad@s.
Cómpre lembrar que cando comezamos traballar neste interesante
ecosistema dunar atopábase nun estado de degradación moi avanzado e agora, tras
as tarefas de restauración, forma parte
do Espazo Natural de Interese Local “Complexo duna-areal dos areais do Vao e
Baluarte”. Daquela case que non había experiencias de restauración dunar en
Galicia polo que o proxecto foi pioneiro ó mesmo tempo que moi valioso e
exemplificante. Tras vintecinco anos de esforzo continuado, o proxecto ben se
merece unha cea de celebración.
Ademais desta actividade, ó
longo do ano proseguiremos cos traballos de restauración ambiental nos tres
espazos naturais onde habitualmente traballamos: areais e dunas de Fontaíña
e Baluarte, areal e dunas de Cabo de Mar e Xunqueira do Lagares e temos
previsto organizar outras actividades como palestras temáticas, actividades que
conxuguen arte e natureza, os xa tradicionais censos de aves acuáticas,… ás que
estades todos e todas convidad@s e das que teredes máis información no noso
blog fontainhavigo.blogspot.com
e na nosa páxina de facebook. Concretamente na dunas
de Fontaíña e Baluarte fixámonos dous obxectivos concretos para 2018: renovar o
itinerario autoguiado de interpretación ambiental e proseguir
coa nosa solicitude de retirado da ducha sobre as dunas.
E, como sempre, queremos agradecer a inestimable colaboración de
todos aqueles que fixeron posible o noso traballo de restauración ambiental e
voluntariado nestes 25 anos. Moitas grazas e vémonos nas dunas e na cea
literaria!
Para máis información e para apuntarse na cea hai
que enviar un correo a diegodalimia@gmail.com antes do 27 de xuño.