Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



27/12/14

Próxima actividade voluntariado: censo de aves


O vindeiro sábado 3 de xaneiro pola mañá (de 9 a 13h) realizarase o xa tradicional censo de aves invernantes do treito costeiro que vai dende Cabo de Mar (Alcabre) ata a Praia de Baluarte (Coruxo), pasando pola Xunqueira do Lagares.
O lugar de encontro será en Cabo de Mar (no extremo leste do paseo de Samil) as 9:00h. O número de prazas é limitado (7 voluntarios/as)

Nesta actividade os e as participantes irán acompañados por un ornitólogo da asociación Fontaíña e axudarán a identificar e a contar as aves acuáticas que se atopen no seu percorrido. Dita información serve para coñecer o estado ambiental deste treito de costa en xeral e das poboacións de aves acuáticas do mesmo en particular.
Co gallo do X aniversario deste actividade, en 2015 levaranse a cabo diferentes actividades relacionadas coa ornitoloxía como charlas, excursións,... das que teredes máis información neste blogue. Dende a Asociación Fontaíña queremos dar as grazas a todas as persoas que colaboraron nesta actividade en particular e nas actividades de voluntariado da asociación en xeral.
As persoas interesadas teñen que apuntarse no correo electrónico fontainhavigo@yahoo.es

É recomendable levar prismáticos e roupa e calzado de abrigo e cómodos para camiñar.