31/12/11

Resumo de actividades voluntariado OMV en decembro

Xoves 15/12/11. Xuntanza de voluntarios/as do Programa de Medio Ambiente da Oficina Municipal de Voluntariado de Vigo.
En total asistiron 11 voluntarios.
A xuntanza constou de catro partes:
  1. Recepción de asistentes e presentación en grupo. Explicación dos motivos da organización da actividade.
  2. Exposición, mediante unha presentación de powerpoint, das actividades realizadas dende marzo ata setembro de 2011. Apuntamento das vindeiras actividades en 2012.
  3. Enquisa de avaliación ós voluntarios, na que se valoraba diferentes aspectos do programa de medio ambiente e se solicitaban suxerencias. Os resultados globais da mesma foron estes:

Criterios de calificación : 1-Moi mal, 2-Mal, 3-Regular, 4-Ben, 5-Moi Ben


Programa Medio Ambiente

1

2

3

4

5

Monitores





5,0

Material




4,4


Organización




4,8


Grao de utilidade/interese




4,8


Valoración global do período outubro 2010-marzo 2011




4,8



Aspectos positivos que se destacaron: Compañeirismo (6 opinións similares), monitores (4 opinións similares), cursiños (3 opinións similares), conservación dunar (2 opinións similares), aprendizaxe (2 opinións similares), xuntanzas (2 opinións similares), actividades medio ambiente, colaboración cidadá na limpeza das praias, traballos de mantemento dos espazos naturais, , eliminación flora invasora, variedade de actividades.
Aspectos negativos que se comentaron: Comportamento incívico da xente(2 opinións similares), poucas actividades, que non haxa excursión de fin de curso, poucos cursos.
Suxerencias que se fixeron:
Máis cursos de insectos anfibios, fentos, etc…
Máis colaboración con outras entidades medioambientais, comunidades de montes. Máis actividades en fin de semana.
Formación en reciclaxe e compostaxe.

Sábado 17/11/12. Obradoiro polo litoral na Xunqueira do Lagares. Traballos realizados: Eliminación de flora exótica bioinvasora, limpeza de lixo na marisma, limpeza de graffitis en carteis de acceso, poda, titorización e fertilización de arboriñas.
En total asistiron 12 voluntarios.



Martes 27/12/11. Bricovoluntarios en Cabo de Mar.
Traballos realizados: Limpar lixo de dunas, praia, rochas e piñeiral, eliminar rebrotes de uña de gato, limpar entullo, revisar valado, colocar pantallas de captación de area e reparar desperfectos pequenos.
En total asistiron 6 voluntarios.


Mércores 28/12/11. Bricovoluntarios na praia da Fontaíña-Baluarte. Traballos realizados: Limpar lixo de dunas e praia, eliminar flora exótica, revisar valados e arranxar desperfectos no mesmo.
En total asistiron 6 voluntarios.

7/12/11

Novas actividades ecolóxicas para nenos

BOSQUES EN FAMILIA

Despois dun longo paréntese a Asociación Fontaíña retoma as actividades do seu grupo xuvenil “Obradoiro da Natureza”. Comentarvos que na campaña que agora bota a andar os rapaces desenvolverán un proxecto denominado “Bosques en familia” e que conta co patrocinio de Voz Natura.

Os rapaces realizarán actividades en defensa da natureza relacionadas cos bosques, nas que tamén, se queredes, poderan estar acompañados polos seus pais ou algún familiar adulto. Nas actividades tamén colaborará voluntariado da Oficina Municipal de Voluntariado de Vigo e, coma sempre, os monitores de Fontaíña se encargarán de organizar as actividades.

Ó igual que fixemos o pasado curso, os nenos inscritos, recibiran por correo unha convocatoria cada certo tempo (en principio temos previsto facer una actividade cada dous meses aproximadamente) e lembrar que os pais deben avisarnos se os seus fillos van asistir a cada unha das actividades (trátase dunha cuestión organizativa para o tema de material, monitores e avituallamento).
Os nenos deben traer roupa cómoda para andar polo campo e que poidan manchar. A asociación facilitaralles lubas (guantes) para traballar e o avituallamento.

Outro tema que vos queremos comentar é que se coñecedes a algun rapaz ou rapaza de entre 6 e 13 anos de idade, interesado en participar nas actividades de Fontaíña lles comentedes que se apunten chamando ao teléfono da asociación.

Velaí tedes o calendario da primeira actividade:
  • Sábado 17/12/11 de 10 a 13h. Traballos forestais na Xunqueira do Lagares. Os participantes realizarán coidados das árboriñas de ribeira plantadas en invernos anteriores e limparán as marxes do río. Os nenos deben traer unha autorización para participar asinada polos pais. O lugar de encontro será na ponte de madeira que hai no Paseo Peonal do Lagares (a carón da depuradora, na estrada Muíños-Samil). Os nenos deben traer botas de auga e roupa que poidan manchar sen problema.
AVISO IMPORTANTE: LEMBRADE QUE É NECESARIO AVISAR DA PARTICIPACIÓN DOS RAPACES PARA CADA ACTIVIDADE, CUN MÍNIMO DE DOUS DÍAS ANTES DA SÚA CELEBRACIÓN. Podédelo facer chamando ou mandando unha mensaxe ó tfno. 679457222 ou ben ó correo electrónico fontainhavigo@yahoo.es

3/12/11

Actividades de voluntariado ambiental en decembro de 2011

Este é o calendario de actividades de voluntariado medioambientaal para o mes de decembro de 2011. Animádevos a participar¡

Xoves 15/12/11. Xuntanza de voluntarios/as do Programa de Medio Ambiente da Oficina Municipal de Voluntariado de Vigo, na Sala de Xuntanzas do 1º andar do Centro Cívico do Casco Vello (r/Oliva, nº12). Preténdese que nesta xuntanza fagamos unha valoración do realizado neste ano que remata. Proxectaremos fotos das accións de voluntariado e vos presentaremos as iniciativas para o vindeiro ano. Animádemos a participar¡ Queremos coñecer a vosa opinión¡. Tódolos asistentes recibiran un CD coas fotos dos voluntarios participantes e os seus traballos e tamén algún que outro agasallo. Horario: 19:00-20:00 h.

Sábado 17/12/11. Obradoiro polo litoral na Xunqueira do Lagares. Eliminación de flora exótica bioinvasora, limpeza de lixo na marisma, titorización e coidado de arboriñas plantadas. Horario: 10:00-13:00 h. Nº de prazas: 15.

Nesta actividade tamén participará o grupo de rapaces/as da sección de “voluntarios” infantís “Obradoiro da Natureza-Voznatura” da Asociación Fontaíña. Polo tanto, lembramos ós voluntarios da OMV que se apunten a esta actividade teñan en conta que van ter que colaborar e axudar ós rapaces nas súas tarefas.

Lugar de encontro e material necesario: Ponte de madeira no Lagares, na estrada Muíños-Samil, perto da Depuradora. No caso de que xa os recibiran, os voluntarios/as deberán traer os seus traxes, botas de auga e lubas.

Martes 27/12/11 Bricovoluntarios en Cabo de Mar. Limpar lixo de dunas, praia, rochas e piñeiral, eliminar rebrotes de uña de gato, limpar entullo, revisar valado, colocar pantallas de captación de area e reparar desperfectos pequenos.

Horario: 10:00-13:00 h. Nº de prazas: 7.

Lugar de encontro e material necesario: Praia do Cocho das Dornas-Cabo de Mar, no Paseo de Samil (perto do restaurante Dornas e a praia da Fonte). No caso de que xa os recibiran, os voluntarios/as deberán traer as súas lubas, botas e traxes de auga.

Mércores 28/12/11. Bricovoluntarios na praia da Fontaíña-Baluarte. Limpar lixo de dunas e praia, eliminar flora exótica, revisar valados, arranxar pequenos desperfectos, reposición de paneis informativos, colocar titores ós piñeiros. Horario: 16:30-18:30 h. Nº de prazas: 7.

Praia da Fontaíña (perto da do Vao) no lugar do Breadouro. No caso de que xa os recibiran, os voluntarios/as deberán traer as súas lubas, botas e traxes de auga.

Para participar en calquera destas actividades é obrigatorio:

a)Estar inscrito como voluntario/a na OMV (Oficina Municipal de Voluntariado) do Concello de Vigo: Pza. do Rei, s/n; '986810213; ofi.voluntariado@vigo.org

b)Inscribirse na OMV, dentro dos prazos sinalados.

Consultas sobre a actividade no correo electrónico de Fontaíña fontainhavigo@yahoo.es

Actividades realizadas no outono de 2012

Deseguido facemos un resumo das diferentes actividades de voluntariado ambiental realizadas en setembro outubro e novembro de 2011.

Sabado 3/9/11. Censo de aves na Costa de Vigo.
Participaron 8 persoas.


Sábado 24/9. Obradoiro polo litoral en Fontaíña-Baluarte. Traballos realizados: Limpar lixo de dunas e praia, eliminar flora exótica, revisar valados e arranxalos desperfectos, fertilizar e colocar titores ós piñeiros mansos. Horario: 10:00-13:00 h. Asistentes: En total asistiron 11 voluntarios.


Domingo 25/9/11. Acto da Comunidade de Mtes. de Teis. Presentación dunha revista. Asistiu un representante da Asociación Fontaíña.

Xoves 29/9/11. Bricovoluntarios en Cabo de Mar. Traballos realizados: Limpar lixo de dunas, praia, rochas e piñeiral, revisar e reparar o valado, limpar de maleza un camiño. Horario: 16:30-18:30 h. En total asistiron 9 voluntarios.

Luns 26/9/11. Entrevista en Radio Ecca. Nun programa monográfico sobor do voluntariado. Asistiron un representante de Fontaíña e outro dos voluntarios.


Mércores 5/10. Bricovoluntarios na praia da Fontaíña-Baluarte. Traballos realizados: Limpar lixo de dunas e praia, eliminar flora exótica, revisar valados, arranxar pequenos desperfectos, reposición de carteliños informativos. Horario: 16:30-18:30 h. En total asistiron 6 voluntarios.


Sábado 22/10. Obradoiro polo litoral na Xunqueira do Lagares. Traballos realizados: Eliminación de flora exótica bioinvasora, limpeza de lixo na marisma, titorización de arboriñas. Horario: 10:00-13:00 h. En total asistiron 9 voluntarios.


Sábado 30/10. Asistencia ó I Encontro Galego de Custodia do Territorio. Participou como representante da Asociación Fontaíña Diego Rodríguez Vieites nunha mesa redonda sobor da custodia de ecosistemas fluviais e litorais.