Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es
Tfno.: 679457222



19/11/17

Libera: Natureza sen residuos-Xornada de voluntariado na Xunqueira do Lagares / Libera: Naturaleza sin residuos - Jornada de voluntariado en la Junquera del Lagares


O sábado 18 de novembro un grupiño de tres voluntarios realizou diferentes tarefas como:
  • Preparación de ferramenta específica para a recollida de lixo.
  • Arranxo dun cartel sinalizador da Xunqueira do Lagares, que estaba cheo de pintadas. Unha vez limpo se lle aplicou un barniz protector anti-grafitis.
  • Limpeza da marisma, concretamente o tramo máis próximo á foz do Lagares. Conseguironse retirar 27 kg de lixo.
Imaxe cedida polo voluntario Jaime Saiz Alonso

Esta foi a segunda xornada do programa "Xunqueira do Lagares limpa, coa túa axuda é posible" apadrinada por Libera: natureza sen residuos, unha iniciativa de Ecoembes e a Sociedad Española de  Ornitología.

Noraboa polo traballo realizado¡ Haberá unha nova actividade en decembro.




El sábado 18 de noviembre un pequeño grupo de tres voluntarios realizó diferentes tareas como:
  • Preparación de herramienta específica para la recogida de basura.
  • Arreglo de un cartel sinalizador de la Junquera del Lagares, que estaba lleno de pintadas. Una vez limpio, se le aplicó un barniz protector anti-graffiti.
  • Limpieza de la marisma, concretamente el tramo más próximo a la foz del Lagares. Se consiguieron retirar 27 kg de basura.
Esta fue la segunda jornada del programa "Junquera del Lagares limpia, con tu ayuda es posible" apadrinada por Libera: naturaleza sin residuos, una iniciativa de Ecoembes y la Sociedad Española de Ornitología. 

Enhorabuena por el trabajo realizado. Habrá una nueva actividad en diciembre.

18/11/17

A xuventude exercendo o voluntariado ambiental


O pasado 10 de novembro un grupo de mozos do Colexio Salesianos, acompañados polo seu profesor pola Presidenta de Fontaíña, exerceron de voluntarios ecolóxicos nas praias de Baluarte e Fontaíña. Durante o serán percorreron o litoral para coñecer o proxecto de conservación e levaron a cabo unha limpeza de residuos. Os alumnos quedaron moi sorperndidos coa grande cantidade de pequenos residuos plásticos que o mar deposita nas praias.

Esta excursión formaba parte dun conxunto de actividades (obradoiros e conferencias) que organizou o centro educativo entre o alumnado de bacharelato, coa finalidade de dar a coñecer e promover a participación social da xuventude en diferentes eidos do voluntariado.

Moitas grazas polo voso interese e participación¡


11/11/17

Voluntariado ecolóxico na Xunqueira do Lagares. A que esperas para apuntarte?

O vindeiro sábado 18 de novembro, de 10:00 a 13:00 horas, a Asociación Fontaíña organiza unha actividade voluntariado ecolóxico. Nela realizarase unha limpeza de lixo e de mantemento das sinalizacións deste espazo natural.

A Xunqueira do Lagares é unha marisma situada na foz do río Lagares. Trátase dun espazo de grande valor ecolóxico, e que serve de refuxio a numerosas aves migradoras (garzas reais, garzotas, alavancos reais, biluricos, pilros,...).

Por desgraza a Xunqueira do Lagares recibe numerosos residuos sólidos, tanto polas enchentas do río como polas pleamares, polo que resulta necesario retirar ditos residuos para evitar que se acumulen degradando unha zona de enorme importancia natural a nivel local.
A actividade forma parte das accións da proposta "Xunqueira do Lagares limpa: Coa túa axuda é posible", e conta co apadriñamento e patrocinio de "LIBERA: NATURALEZA SIN BASURA", un proxecto de SEO Birdlife e Ecoembes.

Para esta actividade é imprescindible apuntarse previamente.

Lugar de encontro e material necesario: Ponte de madeira do Lagares, na estrada Muíños-Samil, preto da depuradora. No caso de que xa as recibiran, os/as voluntarios/as deberán traer as súas luvas e botas. Se non deben indicar que número de pé calzan.

O número de prazas é limitado.

Nesta actividade os e as participantes estarán acompañados por monitores da asociación Fontaíña.

É recomendable levar roupa e calzado cómodos.

As persoas interesadas deben apuntarse mediante o envío dun correo electrónico a fontaínhavigo@yahoo.es indicando nome e apelidos, teléfono e, se non se teñen botas, o número de calzado .




El próximo sábado 18 de noviembre, de 10:00 a 13:00 horas, la Asociación Fontaíña organiza una actividad voluntariado ecológico. En ella se realizará una limpieza de basura y de mantenimiento de las señalizaciones del espacio natural de la Xunqueira do Lagares.

La Xunqueira del Lagares es una marisma ubicada en la foz del río Lagares. Se trata de un espacio de grande valor ecológico, y que sirve de refugio a numerosas aves migradoras (garzas reales, garcetas, ánades reales, andarrios, correlimos,...).

Por desgracia, la Xunqueira del Lagares recibe numerosos residuos sólidos, tanto por las crecidas del río como por las pleamares, por lo que resulta necesario retirar dichos residuos para evitar que se acumulen degradando una zona de enorme importancia natural a nivel local.

La actividad forma parte de las acciones de la propuesta "Xunqueira del Lagares limpia: Con tu ayuda es posible",  que cuenta con el apadrinamiento y patrocinio de "LIBERA: NATURALEZA SIN BASURA", un proyecto de SEO Birdlife y Ecoembes.

Para esta actividad es imprescindible apuntarse previamente.

Lugar de encuentro y material necesario: Puente de madera del Lagares, en la carretera Molinos-Samil, cerca de la depuradora. En caso de que ya las hayan recibido, los/las voluntarios/las deberán traer sus guantes y botas. Si no deben indicar que número de pie calzan.

El número de plazas es limitado.

En esta actividad los y las participantes estarán acompañados por monitores de la asociación Fontaíña.

Es recomendable llevar ropa y calzado cómodos.
 

Las personas interesadas deben apuntarse mediante lo envío de un correo electrónico a fontaínhavigo@yahoo.es indicando nombre y apellidos, teléfono y, si no se tienen botas, el número de calzado .

7/11/17

Apadriñamentos de Libera - Apadrinamientos de Libera: Naturaleza sin residuos



 
O Proxecto Libera (Ecoembes e SEO -Sociedade Española de Ornitoloxía) acaba de premiar a 50 organizacións cun proxecto de apadriñamento de 1.500€ para desenvolvelo de outubro 2017 a maio de 2018. Durante ese tempo LIBERA asesóralles, dálles apoio e acompáñalles en todo o proceso. A Asociación Fontaíña, cunha proposta para limpar de residuos e recuperar a marisma da Xunqueira do Lagares foi un dos proxectos seleccionados.
http://proyectolibera.org/movilizacion-littering-abandono-residuos/ganadores/ Ganadores Proyecto Libera

El Proyecto Libera (Ecoembes y SEO -Sociedad Española de Ornitología) acaba de premiar  a 50 organizaciones con un proyecto de apadrinamiento de 1.500 € para desarrollarlo de octubre 2017 a mayo de 2018. Durante ese tiempo LIBERA les asesora, les da apoyo y les acompaña en todo el proceso. La Asociación Fontaíña, con una propuesta para limpiar de residuos y recuparar la marisma de la Xunqueira do Lagares ha sido uno de los proyectos seleccionados.

24/10/17

A SGHN organiza en Pontevedra a I Xornada Galega de Patrimonio Natural e Biodiversidade 2017, na que contaremos a experiencia de Fontaíña co voluntariado litoral

A Sociedade Galega de Historia Natural organiza en Pontevedra, a través da delegación desta provincia I Xornada Galega de Patrimonio Natural e Biodiversidade 2017, que se desenvolverá o vindeiro 25/11/17 na Escola Universitaria de Enxeñería Forestal, Campus de Pontevedra, da Universidade de Vigo. A inscripción é aberta e gratuíta e nesta xornada farase unha revisión dos principais temas do patrimonio natural dende un punto de vista amplo.

Na sesión de serán, ás 17:00h, participará a Presidenta de Fontaíña, Margarita Rubido, cunha ponencia titulada "25 anos restaurando ecosistemas litorais en Vigo".

Promete ser unha xornada moi interesante, pola cantidade e variedade de experiencias que alí se contarán.

1ª xornada de voluntariado do proxecto "Xunqueira do Lagares limpa. Coa túa axuda é posible"

 

O pasado sábado 21 de outubro, pola mañán,  un grupo de oito voluntarios da asociación Fontaíña estiverón realizando tarefas de limpeza de residuos na marisma, recollendo 50 kg de lixo. Tamén aproveitaron para arrican un grande exemplar da bioinvasora herba das pampas (Cortaderia selloana); xan van quedando menos.

Esta actividade foi a primeira sesión do proxecto denominado "Xunqueira do Lagares limpa. Coa túa axuda é posible", a desenvolver desde outubro de 2017 ata maio de 2018, e que conta co apadriñamento do Proxecto Libera: Natureza sen lixo (organizado por Ecoembes e a SEO -Sociedad Española de Ornitología-).

Moitas grazas a todos os participantes polo traballo realizado. Haberá  unha nova xornada en novembro.



El pasado sábado 21 de octubre, por la mañana, un grupo de ocho voluntarios de la asociación Fontaíña estuvieron realizando tareas de limpieza de residuos en la marisma, recogiendo 50 kg de basura. También aprovecharon para arrancar un gran ejemplar de la bioinvasora hierba de las pampas(Cortaderia selloana); ya van quedando menos.
Esta actividad fue la primera sesión del proyecto denominado "Junquera del Lagares limpia. Con tu ayuda es posible", a desarrollar desde octubre de 2017 hasta mayo de 2018, y que cuenta con el apadrinamiento del Proyecto Libera: Naturaleza sin basura (organizado por Ecoembes y la SEO -Sociedad Española de Ornitología-).
Muchas gracias a todos los participantes por el trabajo realizado. Habrá una nueva jornada en noviembre

21/10/17

Voz Natura apoia, de novo, o traballo de Fontaíña


Voz Natura é un sobranceiro programa de educación medioambiental organizado pola Fundación Santiago Rey Fdez.-Latorre (Grupo La Voz de Galicia-Radio Voz) que xa vai pola súa 21ª edición, na que participan 350 centros educativos e algunhas asociacións ecoloxistas.
Voz Natura está a apoiar, novamente, as actividades de Fontaíña mediante unha axuda económica de 500€, que permitiran adquirir ferramenta e material para realizar traballos de voluntariado ecolóxico en zonas do litoral vigués. Adicaremos unha especial atención ó patrimonio etnográfico, tema protagonista desta edición 2017-18, divulgando e poñendo en valor as gamelas coruxeiras da praia da Fontaíña.
Imaxe tomada de http://unamiradaalariadevigo.blogspot.com.es

17/10/17

"Xunqueira do Lagares limpa: Coa túa axuda é posible.- Junquera del Lagares limpia: Con tu ayuda es posible"


O vindeiro sábado 21 de outubro, de 10:00 a 13:00 horas, a Asociación Fontaíña organiza unha actividade principal de limpeza de lixo e un pequeno grupo de de eliminación da planta exótica invasora herba da pampa (Cortaderia selloana) na Xunqueira do Lagares. 


A actividade forma parte das accións da proposta "Xunqueira do Lagares limpa: Coa túa axuda é posible", e conta co apadriñamento e patrocinio de "LIBERA: NATURALEZA SIN BASURA", un proxecto de SEO Birdlife e Ecoembes.




Para esta actividade é imprescindible apuntarse previamente.

Lugar de encontro e material necesario: Ponte de madeira do Lagares, na estrada Muíños-Samil, preto da depuradora. No caso de que xa as recibiran, os/as voluntarios/as deberán traer as súas luvas e botas.

O número de prazas é limitado.

Nesta actividade os e as participantes estarán acompañados por monitores da asociación Fontaíña.

É recomendable levar roupa e calzado cómodos.

As persoas interesadas deben apuntarse mediante o envío dun correo electrónico a fontaínhavigo@yahoo.es indicando nome e teléfono.

16/10/17

Seleccionados para participar en proyecto LIBERA

 

"LIBERA, naturaleza sin basura" nos ha comunicado que la propuesta de voluntariado presentada por la Asociación Fontaíña, titulada "Junquera del Lagares limpia: Con tu ayuda es posible" ha sido seleccionada y contará con su apadrinamiento.
Libera es un proyecto patrocinado por SEO Birdlife y ECOEMBES.



"LIBERA, natureza sen lixo" comunicou que a proposta de voluntariado presentada pola Asociación Fontaíña, titulada "Xunqueira do Lagares limpa: Coa túa axuda é posible" foi seleccionada e contará con seu apadriñamento.
Libera é un proxecto patrocinado por SEO Birdlife e ECOEMBES.

4/9/17

Resumo do censo de aves en paso posnupcial




Un total de catro adultos e un menor de idade participaron no censo de aves en paso posnupcial desenvolvido o pasado sábado pola mañán. 

No seguinte enlace de Atlántico Diario aparece un resumo da actividade, relacionandoo coa problemática pola declaración da praia da Calzoa como praia canina. 

30/8/17

A Asociación Fontaíña, o Colectivo Matogueira, o Grupo de Anelamento Anduriña e Verdegaia solicitan ó Concello de Vigo que a praia da Calzoa non se convirta en praia canina polos seus valores ornitolóxicos




Neste areal repousan e aliméntanse numerosas aves acuáticas, algunha delas catalogada no Anexo I da Directiva Aves


A Asociación Fontaíña, o Colectivo Matogueira, o Grupo de Anelamento Anduriña e Verdegaia veñen de solicitar ó Concello de Vigo que a praia da Calzoa non se convirta nunha das dúas praias caninas que proxecta esta administración debido a que neste areal adoitan alimentarse e repousar diferentes especies de aves acuáticas que quedarían sen un dos poucos puntos da costa viguesa onde existen concentracións deste tipo de fauna. Cómpre lembrar que neste areal aparecen aves catalogadas no Anexo I da Directiva 2009/147/CE do Parlamento Europeo e do Consello de 30 de novembro de 2009 relativa á conservación das aves silvestres como a garzota (Egretta garzetta) ou a gaivota cabecinegra (Larus melanocephalus); as especies engadidas neste anexo deben ser obxecto de medidas de conservación do seu hábitat.

Ademais, este areal conta con outros interesantes valores naturais como unha das mellores poboacións viguesas do anélido poliqueto Arenicola marina ou a presenza de ecosistemas dunares, tan escasos xa na costa da cidade olívica, con especies de interese como os paxariños amarelos (Linaria poligalifolia) ou o alelí de praia (Malcolmia littorea).
Na praia da Calzoa aliméntanse aves limícolas en migración e exemplares invernantes que repousan ou pasan a noite no interior da Xunqueira do Lagares, a zona húmida de maior importancia do concello. Non ten sentido a protección da Xunqueira sen esta zona de alimentación. É o caso do pilro común (Calidris alpina) o bilurico bailón (Actitis hypoleucos) ou da píllara real (Charadrius hiaticula), entre outras.
Outra especie de interese é o virapedras (Arenaria interpres) na que podemos salientar un individuo marcado como xuvenil en 2011 (tería agora seis anos) polo Grupo de Anelamento Anduriña. Esta ave foi avistada en Escocia en maio de 2015, na súa migración cara ao norte, a 1.700 Km da Calzoa. Estas zonas de alimentación son fundamentais para garantir a viaxe de ida ata as zonas de cría (a máis de 2.500 Km) e a supervivenza trala chegada ás nosas costas, despois de reproducirse, xa que chegan esgotadas ás nosas praias a finais de xullo ou primeiros de agosto (en plena tempada de praia), despois de ter realizado unha viaxe de milleiros de quilómetros.
Moitas destas aves precisan esta zona para alimentarse e poder continuar o seu camiño migratorio dende as zonas de cría (no ártico) ata as de invernada (en ocasións tan ao sur como Sudáfrica).
Tamén cabe subliñar o caso dun pilro bulebule (Calidris alba), atopado exhausto durante a migración na praia da Calzoa, que despois dunha breve estadía no Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe de Cotorredondo, foi novamente liberado nesa mesma praia. Esta ave foi observada, dous anos e medio despois (en marzo de 2017), en tres ocasións diferentes, na costa de Gambia (3.300 km ao sur). Outras aves desta mesma especie, presentes tamén na Calzoa en diversas épocas do ano, foron avistadas en Francia, Holanda, Escocia ou Islandia (estas últimas a 2.600 km ao norte).
Na zona recalan outras moitas especies de limícolas (das que non dispoñemos de datos pormenorizados dos seus movementos debido a que non están marcadas, pero que pola súa bioloxía son similares aos descritos) e aves mariñas que tamén precisan desa zona para alimentarse.
Con frecuencia obsérvase como algúns donos de cans cirran neles para que corran cara ás aves, pensando que, como non as van a atrapar, non lles acasionan ningún dano. As molestias que lles poden producir estas mascotas durante ese tempo que as aves precisan para alimentarse marcan a liña entre a vida ou a morte para elas. As aves dependen en grande medida da baixamar para alimentarse, polo que o tempo que dispoñen diariamente para comer e sobrevivir é escaso. 
Por estos motivos o Concello de Vigo debería buscar outro emprazamento máis axeitado para a ubicación dunha praia canina que é incompatible coa conservación dos valores naturais que alberga a praia da Calzoa. Posibles candidatas poden ser a praia de Santa Baia ou unha das praias de Toralla.