Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



20/10/15

Resumo da saída ás Illas Cíes

Este pasado domingo 18 de outubro voltamos ás Illas Cíes, dentro do programa de turismo sostible organizado polo Concello de Vigo. Desta volta fomos coma monitores/as dun grupo de persoas participantes no VIII Congreso de Familias Numerosas. A chuvia, que nos acompañou durante toda a actividade, non impedíu que fixéramos a nosa visita e os participantes puideron desfrutar connosco das marabillas naturais deste arquipélago.
Voltaremos o día 21 de novembro. Xa vos informaremos.

19/10/15

2005-2015 Continuamos celebrando o X Aniversario dos censos de aves acuáticas da Asociación Fontaíña






O vindeiro xoves 22 de outubro a partires das 20:30 h. en O Lar do Queixa (Heraclio Botana, 6, Vigo) terá lugar a terceira actividade de celebración do X Aniversario dos censos de aves acuáticas da Asociación Fontaíña. Desta volta trátase da palestra “Aves urbanas: a súa importancia e conservación” que será impartida por Gustavo Ferreiro e Encarna González, responsables do Grupo Local da Sociedade Española de Ornitoloxía en Pontevedra.

As actividades de celebración continuarán ó longo de todo o outono como podedes ver na listaxe que vén a continuación. Colgarase información en detalle de cada unha no noso blog: http//: fontainhavigo.blogspot.com

2005-2015
X Aniversario dos censos de aves acuáticas da Asociación Fontaíña

Palestras (xoves ás 20:30 h. en O Lar do Queixa, Heraclio Botana 6, Vigo) e actividades de observación de aves

Xoves 1-10-15: Rede de observación de Aves e Mamíferos mariños (RAM). Xulio Valeiras (RAM)

Sábado 3-10-15: celebración do Día das Aves realizando a RAM en Cabo Silleiro (9-12 h.) (Inscripción obrigatoria)

Xoves 22-10-15: Aves urbanas: a súa importancia e conservación. Gustavo Ferreiro & Encarna González (Sociedade Española de Ornitoloxía)

Xoves 5-11-15: Presentación en Vigo do libro “Cuándo ver aves en Galicia”. Antonio Sandoval & Cosme Damián Romay

14-11: roteiro pola praia da Xunqueira, Moaña. Saída ás 9:15 h. da estación marítima de Vigo (Inscripción obrigatoria)

Xoves 19-11-15: Censos de aves invernantes en Galicia. Membro da SGHN: Sociedade Galega de Historia Natural

Xoves 3-12-15: Grupo de Anelamento Anduriña: estacións de esforzo constante e programa de anelamento de aves limícolas. Antonio F. Cordeiro (Grupo de Anelamento Anduriña)

Xoves 17-12-15: Observación de aves no esteiro do Miño. Membro de Anabam: Asociación Naturalista do Baixo Miño

Sábado 19-12-15: roteiro polo esteiro do Miño, A Guarda. Saída ás 10:15 h. da estación de autobuses de Vigo (Inscripción obrigatoria)

Máis info e inscripcións para os roteiros en diegodalimia@gmail.com (Diego R. Vieites)