Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



22/1/11

Voznatura: Resumo das actividades de decembro e xaneiro cos rapaces do Obradoiro da Natureza

Domingo 12/12/10 de 10:00 a 13:00h. Percorrido polos Montes de Saiáns. Realizouse un itinerario polos montes comunais de Saiáns e finalmente o grupo achegouse ata os muíños do Regato de Saiáns, onde visitamos estas fermosas e vellas construcións e aproveitamos tan excepcional entorno para tomar un avituallamento. Na primeira metade da mañan realizamos pequena plantación de carballos nunha zona en reforestación. Os participantes desta actividade foron: Miguel, Sabela, Ruth, Mónica e Edu.

Domingo 16/1/11 de 10 a 13h. Traballos medioambientais na Xunqueira do Lagares. Os nenos participantes levaron a cabo unha pequena plantación de árbores de ribeira. En total, entre carballos, amieiros, salgueiros e loureiros, se plantaron unhas trinta arboriñas. Xusto cando se rematou a plantación comezou a chover, aproveitando este contratempo para ir tomar un refresco a un bar próximo. Os participantes nesta actividade foron: Lucía, Miguel, Sabela, Sira, Xosé, Eliana, Madai, Georgina, Ruth, Cruz, Mónica e Edu.



7/1/11

AVISO IMPORTANTE: Suspendido o censo de aves

O censo de aves previsto para o sábado 8/1/11 pola mañán se suspende pola previsión de mal tempo.

Dita actividade se traslada para o domingo 16/1/11, sendo o lugar de encontro en Cabo de Mar as 9:00h.

3/1/11

Próxima actividade: Censo de aves invernantes na costa de Vigo

O vindeiro 8 de xaneiro, pola mañán (de 9 a 13h) se realizara o censo de aves invernantes do tramo de costa que vai dende Cabo de Mar ata Toralla, pasando pola Xunqueira do Lagares.
As persoas interesadas teñen que apuntarse no tfno 679457222 ou por correo electrónico fontainhavigo@yahoo.es

2/1/11

Á terceira vai a vencida: Resumo da actividade de voluntariado ambiental en Cabo de Mar

Mércores 29/12/10. Bricovoluntarios en Cabo de Mar.
Traballos realizadospolos voluntarios da Oficina Municipal de Voluntariado: Reparación de valados, eliminación de pintadas nos carteis sinalizadores do espazo natural, eliminación de flora exótica e limpeza de lixo e entullos das dunas.

Horario: 10:00-12:00 h.

Asistentes: Miren, Isabel, Juan, Alberto e Edu.

Esta actividade estaba inicialmente programada para o 21/12 de 17 a 18:30h pero foi cambiada para o seguinte martes 28/12 pola tarde, xa que coincidía coa homenaxe ós voluntarios realizada polo Concello de Vigo no Antigo Reitorado. Na mañán da segunda data elexida comezou a chover de xeito persistente, polo que foi necesario cambiar de novo a data, elexíndose a seguinte mañán (de 10 a 12h) do mércores 29/12, avisándose por teléfono os voluntarios anotados na lista que enviou a OMV. Por mor deste segundo cambio de data a última hora, a unha serie de voluntarios lles resultou imposible asistir á actividade.
Inicialmente se fixo un reparto de tarefas, dividíndose en dous grupos ós voluntarios. Posteriormente se entregou o material necesario (luvas, chalecos da OMV, bolsas e ferramenta –maletín bricolaxe, laia, angazo, maza- e material funxible –aramio, grapas, produtos de limpeza e panos-):
  1. Reparación de valados: un grupo de dous voluntarios fixo unha revisión xeral do perímetro do valado coa finalidade de localizar desperfectos e reparalos. Fíxose especial fincapé nas grapas metálicas que suxeitan o aramio ós postes de madeira.
  2. Eliminación de pintadas dos carteis sinalizadores: outro grupo de dúas voluntarias procedeu limpar os grafitis que emporcallaban os carteis sinalizadores nos accesos a Cabo de Mar, mediante panos, disolvente e líquido limpador multiusos. Posteriormente se aplicará un barniz antigraffiti coa finalidade de prevenir novos actos vandálicos.
  3. Limpeza de residuos e entullos: os dous voluntarios que repararon o valado, unha vez rematada a súa tarefa procederon a limpar de residuos e entullos a zona de dunas protexidas. Os entullos proceden dun vello soterramento de restos dun quiosco na década dos 70 e o vento vainos desenterrando pouco a pouco. En total se retiraron uns 30kg de entullo e 5 kg de lixo.
  4. Eliminación de flora exótica: localizouse un rebrote de uña de gato (Carpobrotus sp.) na zona onde se estaba a retirar entullo e foi arrincado. Hai que lembrar que a uña de gato é unha planta considerada como bioinvasora na península ibérica e que inzaba a case totalidade estas dunas da praia do Cocho das Dornas ata os anos 90 do século XX, antes de iniciarse o proxecto de recuperación desta zona.
Unha vez rematados os traballos, o grupo de voluntarios reuniuse para recoller o material e ferramenta e se lles propuxo tomar o avituallamento nunha cafetería próxima a Cabo de Mar. Nembargantes, a maioría optou por deixalo para a seguinte ocasión xa que tiñan presa. Hai que sinalar que durante a actividade se lles facilitaron botellíns de auga. Aproveitouse tamén para informar das características do curso de voluntariado forestal que a OMV e Fontaíña organizarán en xaneiro de 2011. A impresión do monitor é que o grupo traballou axeitadamente e xa se vai notando os efectos do traballo regular e contínuo no bo estado da zona, que amosa unha grande variedade de especies da flora dunar galega.