Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



6/5/11

Asistencia á Festa de Fin de Curso VozNatura


Vos informamos de que o vindeiro 4 de xuño celebrarase a Festa de Fin de Curso VozNatura no Parque Acea de Ama, en Culleredo (A Coruña).

Nela exporanse os traballos de tódolos colexios e asociacións participantes no Concurso VozNatura 2010-11, ademais de numerosas actividades.

Podedes consultar máis información sobor desta festa
no seguinte enlace de VozNatura.

Tamén podedes ollar as fotos da festa do ano pasado neste enlace.

VozNatura vai poñer á nosa disposición un autobus gratuíto, sempre e cando haxa un número suficiente de asistentes. Necesitamos saber cantos de vos estaríades interesados en asistir (indicar número de persoas, tanto nenos/as como adultos). Poden vir tanto nenos participantes nas actividades de Fontaíña como os seus familiares e amigos (a única condición é que os nenos estean baixo coidado e responsabilidade dun adulto).

Pola nosa experiencia en anteriores edicións a Festa Voznatura está moi ben organizada e os rapaces o pasan xenial... Animádevos a vir!

Interesador contactar por e-mail coa Asociación Fontaíña.

Cursiño "Botánica Forestal de Galicia"

O curso é de carácter teórico-práctico, 6 horas de duración repartidas en dúas xornadas e se ofertan 25 prazas, tendo prioridade na inscrición aquelas persoas voluntarias que teñan participado regularmente nas actividades do Programa de Medio Ambiente da OMV.
Pretende aportar ós participantes coñecementos teóricos e prácticos que lles permitirán recoñecer as especies forestais galegas e incrementar a súa formación como voluntariado medioambiental forestal, xa iniciada en anteriores cursiños ofertados pola OMV.

Relatora do curso: Margarita Rubido Bará, Bióloga e Mestra


Programación:

Xoves 19/5/11. Sesión teórica: “Botánica forestal de Galicia: identificación das principais especies forestais galegas ”. A actividade se realizará na Sala de Conferencias da Biblioteca Pública Central de Vigo (r/Joaquín Yañez, 6; Casco Vello, Vigo) en horario de 18:00-20:00 h.


Sábado 21/5/11. Sesión práctica: Itinerario polo Parque Natural do Monte Aloia. Nesta visita, os participantes aprenderán, de xeito práctico, a identificar as principais especies forestais dos nosos montes e coñecerán as súas características ecolóxicas. Lugar de encontro: Os participantes trasladaranse ó Monte Aloia nun microbús, que partirá ás 9:30h da r/Areal, nº8 (Edificio do antigo Reitorado), e estarán de volta no mesmo lugar ás 14:00-14:30h.
Tamén deberán levar, se o desexan, o seu propio avituallamento para media mañán. AVISO IMPORTANTE: DURANTE O PERCORRIDO GUIADO NON ESTA PERMITIDO FUMAR, SALVO NOS 15 MINUTOS DE DESCANSO E AVITUALLAMENTO QUE SERAN DETERMINADOS POLA RELATORA DO CURSO, DACORDO COA EVOLUCIÓN DA ACTIVIDADE.

Os participantes recibirán, a finais de ano, un título acreditativo de ter realizado este cursiño de formación de voluntariado.

As persoas interesadas en participar deben anotarse na Oficina Municipal de Voluntariado de Vigo (Tfno. 986810213, e-mail: ofi.voluntariado@vigo.org )

5/5/11

Traballos de voluntariado ambiental no areal de Fontaíña no mes de maio de 2011

Durante os meses de abril e maio de 2011 un grupo de voluntarios (Juan, Rafael, Antonio, Alberto, Jose, Miren, Pilar, Lourdes, Jose Manuel e Edu) levaron a cabo as seguintes tarefas medioambientais na praia e as dunas da Fontaíña:

  1. Reparación de valados: un grupo de cinco voluntarios levou a cabo a reconstrución dun tramo de valado duns 15m de lonxitude, que foi esnaquizado polos temporais de inverno. Tamén se repararon numerosos puntos de valado con desperfectos.
  2. Colocación dun cartel sinalizador: un grupo de tres voluntarios acometeu esta tarefa, consistente na colocación dun cartel sinalizador do espazo natural da praia da Fontaíña no seu acceso central. O cartel, en aluminio serigrafiado, vai suxeito ó solo mediante dous postes cunha base de formigón. Tamén leva unha protección de barniz antigrafiti.
  3. Abonado dos piñeiros: dous voluntarios se adicaron a aplicar un abono específico para os piñeiros mansos que bordean as dunas, coa finalidade de mellorar o seu crecemento.
  4. Limpeza de lixo: os dous voluntarios que remataran o abonado realizaron unha limpeza de lixo das dunas. Recolleronse uns 7kg.
Noraboa a todos eles polo traballo realizado. Graciñas.