A Asociación Fontaíña oferta un curso gratuíto que pensamos vai ser de grande interese para as persoas voluntarias de actividades de medio ambiente.
Título do curso: A restauración ecolóxica: unha ferramenta para a conservación do medio natural.
Título do curso: A restauración ecolóxica: unha ferramenta para a conservación do medio natural.
Profesor: Diego Rodríguez Vieites, biólogo e Máster en
Restauración de Ecosistemas.
Dirixido a: persoas interesadas no voluntariado ecolóxico (con
ou sen experiencia). Interesados/as en inscibirse deben enviar un correo electrónico
a fontainhavigo@yahoo.es cos seguintes
datos (nome e apelidos, teléfono de contacto e, e se é o caso, entidade de voluntariado
coa que se está a colaborar)
Datas : Teoría: 9-11-13 pola mañá (10 a 13 h.) e 16-11-13 pola mañá (10 a 13 h.). Práctica:
23-11-13 pola mañá e primeira hora da tarde (de 9 a 17h).
Duración: 12h (6 h. de fase teórica e 6h. de fase práctica).
Nº de prazas: 20 alumnos/as.
Temática:
- Parte teórica: Celebrarase no Centro Cívico Municipal de Teis (Camino Maceiras s/n, 36207 Vigo, Tfno- 986 266 030) no curso abordaranse os diferentes
aspectos que engloba a restauración de ecosistemas de maneira que se tratarán
as seguintes unidades temáticas:
- Degradación ambiental e restauración de ecosistemas.
- A importancia do medio natural e da paisaxe de cara á restauración.
- Como abordar un proxecto de restauración.
- Restauración de ecosistemas mariños e litorais.
- Restauración de ecosistemas forestais.
- Restauración de ecosistemas lacustres e fluviais.
- Restauración de hábitats para a fauna e poboacións.
- Restauración de solos.
- Restauración de espazos afectados por actividades extractivas e obra civil.
- Parte
práctica: Saida ás 9h e
chegada ás 17h (Lugar de saida e chegada, se comunicara durante o curso). Transporte en autobús por conta da Asociación
Fontaíña. A fase práctica consistirá en realizar unha visita ó proxecto de
restauración forestal levado a cabo pola Asociación Ridimoas (Ourense).
Ó remate do curso entregarase diploma de asistencia ós
alumnos (asistencia mínima 80%) e unha
guía do proxecto de recuperación do bosque da Asociación Ridimoas.
PATROCINA: