Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



31/10/13

Curso de Voluntariado: A restauración ecolóxica: unha ferramenta para a conservación do medio natural.



A Asociación Fontaíña oferta un curso gratuíto que pensamos vai ser de grande interese para as persoas voluntarias de actividades de medio ambiente.

Título do curso: A restauración ecolóxica: unha ferramenta para a conservación do medio natural.



Profesor: Diego Rodríguez Vieites, biólogo e Máster en Restauración de Ecosistemas.



Dirixido a: persoas interesadas no voluntariado ecolóxico (con ou sen experiencia). Interesados/as en inscibirse deben enviar un correo electrónico a fontainhavigo@yahoo.es cos seguintes datos (nome e apelidos, teléfono de contacto e, e se é o caso, entidade de voluntariado coa que se está a colaborar)



Datas : Teoría: 9-11-13 pola mañá (10 a 13 h.) e 16-11-13 pola mañá (10 a 13 h.). Práctica: 23-11-13 pola mañá e primeira hora da tarde (de 9 a 17h).



Duración: 12h (6 h. de fase teórica e 6h. de fase práctica).




Nº de prazas: 20 alumnos/as.



 Temática:


- Parte teórica: Celebrarase no Centro Cívico Municipal de Teis (Camino Maceiras s/n, 36207 Vigo, Tfno- 986 266 030) no curso abordaranse os diferentes aspectos que engloba a restauración de ecosistemas de maneira que se tratarán as seguintes unidades temáticas:


  • Degradación ambiental e restauración de ecosistemas.
  • A importancia do medio natural e da paisaxe de cara á restauración.
  • Como abordar un proxecto de restauración.
  • Restauración de ecosistemas mariños e litorais.
  • Restauración de ecosistemas forestais.
  • Restauración de ecosistemas lacustres e fluviais.
  • Restauración de hábitats para a fauna e poboacións.
  • Restauración de solos.
  • Restauración de espazos afectados por actividades extractivas e obra civil.


- Parte práctica: Saida ás 9h e chegada ás 17h (Lugar de saida e chegada, se comunicara durante o curso).  Transporte en autobús por conta da Asociación Fontaíña. A fase práctica consistirá en realizar unha visita ó proxecto de restauración forestal levado a cabo pola Asociación Ridimoas (Ourense).

 

Ó remate do curso entregarase diploma de asistencia ós alumnos (asistencia mínima 80%)  e unha guía do proxecto de recuperación do bosque da Asociación Ridimoas.

PATROCINA:

2/10/13

Participamos na II Semana de Custodia do Territorio nas Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

O membro da Asoc. Fontaíña Diego Rodriguez Vieites participou nun foro da II Semana de Custodia do Territorio nas Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, organizada pola Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas–Betanzos, xunto coa Fundación Fragas do Mandeo, cunha ponencia titulada "De praias degradadas a dunas protexidas".