Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



26/2/16

DÍA DAS ESPECIES AUTÓCTONAS: VEN CELEBRALO COA ASOCIACIÓN FONTAÍÑA NA XUNQUEIRA DO LAGARES!



O vindeiro 13 de marzo a Obra Social “La Caixa” e a Xarxa de Custòdia del Territori celebran o día das Especies Autóctonas, no marco do proxecto “Tejiendo Redes para la custodia del territorio en España” (http://www.tejiendocustodia.org/).



Máis de 800 voluntari@s poderán participar nas 30 xornadas que se desenvolverán en todo o territorio nacional, e a Asociación Fontaíña vai organizar unha delas (http://www.tejiendocustodia.org/events/dia-de-las-especies-autoctona-en-la-xunquiera-do-lagares/).



Deste xeito, o domingo 13 de marzo, de 10:00 a 13:00 horas, levaremos a cabo unha actividade de eliminación da planta exótica invasora herba da pampa (Cortaderia selloana) na Xunqueira do Lagares. Ademáis, aproveitaremos para coñecer un pouquiño máis este espazo natural.



Lugar de encontro e material necesario: Ponte de madeira do Lagares, na estrada Muíños-Samil, preto da depuradora. No caso de que xa as recibiran, os/as voluntarios/as deberán traer as súas lubas e botas.



O número de prazas é limitado: 20 persoas (adultos).


Nesta actividade os e as participantes estarán acompañados por monitores da asociación Fontaíña.

É recomendable levar roupa e calzado cómodos.



As persoas interesadas deben apuntarse mediante o envío dun correo electrónico a fontaínhavigo@yahoo.es indicando nome e teléfono.

25/2/16

Suspendido o plantío do 27/2 en Teis

Informávosmos de que foi suspendida, a causa da previsión meteorolóxica de día chuvioso, a actividade do sábado 27/2/2016, un plantío de árbores autóctonas nos montes de Teis.  
En canto recibamos a nova data de convocatoria, previsiblemente un sábado de Marzo, por parte da Comunidade de Montes de Teis (Vigo), o publicaremos no blog e tamén informaremos ás persoas que estaban apuntadas para esta actividade. 
Como é lóxico, ditas persoas terán prioridade para participar nesa vindeira convocatoria.  Desculpas polas molestias.

5/2/16

Convocatoria: participa como voluntario nos plantíos forestais dos Mtes. de Teis



A Asociación Fontaíña foi invitada, un ano máis, pola Comunidade de Montes de Teis (Vigo) a participar nos plantíos de árbores autóctonas que organiza dita entidade nos seus montes.
A C.M.V.M.C. de Teis leva moitos anos traballando a prol da recuperacións dos bosques autóctonos galegos mediante un proxecto continuo de eliminación das especies invasoras (sobre todo acacia negra) que inzaban os seus montes, e posteriormente repoboar con árbores autóctonas (carballos, cerdeiras, bidueiras,...) cuns resultados espectaculares.

Como pequeno apoio a esta fenomenal tarefa imos participar cun grupo de voluntarios nos dous plantíos de árbores autóctonas que organizará a Comunidade de Montes de Teis.

As actividades terán lugar nos montes de Teis os sábados 20 e 27 de febreiro de 2016 de 9:45 a 13h. O lugar de encontro será o Quiosco do Zoo (Praza dos Leóns, A Madroa, Vigo).  As persoas voluntarias poderán participar nunha ou nas dúas plantación segun desexen. A actividade estará aberta a menores de idad, sempre que asistan acompañados dun adulto responsable deles. Haberá un grupo de monitores de Fontaíña para axudar e supervisar no traballo dos participantes, ós que se lles entregará lubas, ferramenta e arboriñas. Recoméndase ir con roupa comoda e axeitada para traballar no monte. 
Para participar é obrigatorio inscribirse (o prazo finaliza o día 17 de febreiro as 20h) mandando un correo electrónico a fontainhavigo@yahoo.es ou chamando ó 679457222, indicando:
Nome e apelidos
Teléfono de contacto
E.mail
Idade, no caso dos menores.

Agardamos a túa participación¡