Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es
Tfno.: 679457222



26/12/17

Resumo dunha nova xornada de voluntariado LIBERA:natureza sen lixo na Xunqueira do Lagares - Resumen de una nueva jornada de voluntariado LIBERA:naturaleza sin basura en la Junquera del Lagares


 
O pasado sábado 23 de decembro pola mañán, un grupo de voluntarios da Asociación Fontaíña realizaron tarefas de eliminación de flora exótica invasora, arrincando un enorme exemplar de herba das pampas (Cortaderia selloana).
Esta acción de voluntariado ecolóxico se engloba dentro do proxecto de conservación da Xunqueira do Lagares, apadriñado polo programa LIBERA: NATURALEZA SIN BASURA de Ecoembes e a Sociedad Española de Ornitología. 

El pasado sábado 23 de diciembre por la mañana, un grupo de voluntarios de la Asociación Fontaíña realizó tareas de eliminación de flora exótica invasora, arrancando un enorme ejemplar de hierba de las pampas (Cortaderia selloana). 
 
Esta acción de voluntariado ecológico se engloba dentro del proyecto de conservación de la Junquera del Lagares, apadrinado por el programa LIBERA: NATURALEZA SIN BASURA de Ecoembes y la Sociedad Española de Ornitología.

6/12/17

Libera: Natureza sen lixo. Convocatoria da vindeira actividade na Xunqueira do Lagares / Libera: Naturaleza sin basura. Convocatoria de la próxima actividad en la Xunqueira do Lagares



O vindeiro sábado 23 de decembro, de 10:00 a 13:00 horas, a Asociación Fontaíña organiza unha actividade de voluntariado ecolóxico na Xunqueira do Lagares. Nela realizarase unha limpeza de lixo e se eliminará un exemplar da bioinvasora herba das pampas (Cortaderia selloana).


A Xunqueira do Lagares é unha marisma situada na foz do río Lagares. Trátase dun espazo de grande valor ecolóxico, e que serve de refuxio a numerosas aves migradoras. Ademais, ten valor histórico pola presenza dos restos dunha saíña do SXVIII.

Por desgraza a Xunqueira do Lagares presenta diversos problemas medioambientales como, por exemplo:

  • Numerosos residuos sólidos, tanto polas enchentas do río como polas pleamares, polo que resulta necesario retirar ditos residuos para evitar que se acumulen degradando unha zona de enorme importancia natural a nivel local.
  • Presenza de especies bioinvasoras como a Cortaderia selloana (Herba das pampas).
A actividade forma parte das accións da proposta "Xunqueira do Lagares limpa: Coa túa axuda é posible", e conta co apadriñamento e patrocinio de "LIBERA: NATURALEZA SIN BASURA", un proxecto de SEO Birdlife e Ecoembes.

Para esta actividade é imprescindible apuntarse previamente.

Lugar de encontro e material necesario: Ponte de madeira do Lagares, na estrada Muíños-Samil, preto da depuradora. No caso de que xa as recibiran, os/as voluntarios/as deberán traer as súas luvas e botas. Se non deben indicar que número de pé calzan.

O número de prazas é limitado.

Nesta actividade os participantes estarán acompañados por monitores da asociación Fontaíña.

É recomendable levar roupa e calzado cómodos.

As persoas interesadas deben apuntarse mediante o envío dun correo electrónico a fontaínhavigo@yahoo.es indicando nome e apelidos, teléfono e, se non se teñen botas, o número de calzado .


El próximo sábado 23 de diciembre, de 10:00 a 13:00 horas, la Asociación Fontaíña organiza una actividad de voluntariado ecológico. En ella se realizará una limpieza de basura y se eliminara un exemplar de la bioinvasora hierba de las pampas (Cortaderia selloana).

La Xunqueira del Lagares es una marisma ubicada en la desembocadura del río Lagares. Se trata de un espacio de gran valor ecológico, y que sirve de refugio a numerosas aves migradoras. Ademas, tiene valor histórico por la presencia de los restos de una salina del SXVIII.

Por desgracia, la Xunqueira do Lagares presenta diversos problemas medioambientales como, por ejemplo:

  • Numerosos residuos sólidos, tanto por las crecidas del río como por las pleamares, por lo que resulta necesario retirar dichos residuos para evitar que se acumulen degradando una zona de enorme importancia natural a nivel local.
  • Presencia de especies bioinvasoras como la Cortaderia selloana (Hierba de las pampas).
La actividad forma parte de las acciones de la propuesta "Xunqueira do Lagares limpia: Con tu ayuda es posible", que cuenta con el apadrinamiento y patrocinio de "LIBERA: NATURALEZA SIN BASURA", un proyecto de SEO Birdlife y Ecoembes.

Para esta actividad es imprescindible apuntarse previamente.

Lugar de encuentro y material necesario: Puente de madera del Lagares, en la carretera Molinos-Samil, cerca de la depuradora. En caso de que ya las hayan recibido, los/las voluntarios/las deberán traer sus guantes y botas. Si no deben indicar que número de pie calzan.

El número de plazas es limitado.

En esta actividad los participantes estarán acompañados por monitores de la asociación Fontaíña.

Es recomendable llevar ropa y calzado cómodos.

Las personas interesadas deben apuntarse mediante lo envío de un correo electrónico a fontaínhavigo@yahoo.es indicando nombre y apellidos, teléfono y, si no se tienen botas, el número de calzado.


A herba das pampas (Cortaderia selloana) na Xunqueira do Lagares (Vigo). Causas e evolución dunha bioinvasión nunha marisma de importancia local



A especie denominada Cortaderia selloana (Herba das pampas) aparece citada como especie de caracter bioinvasor no Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto.




A bioinvasión desta especie manifestouse na Xunqueira do Lagares hai xa uns 12 anos . Daquela Cortaderia selloana era unha especie presente en Galicia, especialmente na medianeira da AP-9 (Coruña-Vigo) pero a súa expansión aínda non se consideraba un problema ecolóxico de gravidade. 

Cando se rematou o paseo peonal da Xunqueira do Lagares (executado entre 2003 e 2005) que arrodea a marisma e mailo aliviadeiro da ponte de Samil, quedaron numerosos terraplens e marxes con terras de recheo, un substrato ideal para a colonización desta especie invasora. Se a isto lle engadimos que dita especie, Cortaderia selloana, foi empregada, previamente ás obras de construción do paseo peonal, para axardinar as lindes da EDAR Lagares (a anterior, non a que se vai estrear en breve), atopamos as condicións ideais para que esta herba colonizase masivamente as marxes da Xunqueira.


Na actualidade, e despois duns 10 anos arrincando herba das Pampas, por parte de voluntarios de Fontaíña, e tamén de voluntarios e persoal do Concello de Vigo, a situación desta bioinvasión na Xunqueira do Lagares mellorou notablemente.  De atoparse Cortaderia selloana en todalas marxes e diques da marisma, unicamente quedan uns poucos exemplares na zona de recheo que hai a carón da ponte de Samil.

Sen embargo, para lograr que a Xunqueira quede libre desta especie bioinvasora hai que continuar:

  • Localizando e eliminando todos os exemplares (grandes e pequenos) desta especieque haxa na Xunqueira do Lagares.
  • Retirando as espigas con sementes dos exemplares grandes para evitar novas xerminacións ata que sexan eliminados.
  • Localizando exemplares presentes en terreos (privados e públicos) próximos á Xunqueira; e solicitando ós seus propietarios procedan á súa eliminación.
  • Repoboando aqueles solos ocupados pola herba das pampas con especies arbustivas e arbóreas autóctonas.
  • Dando a coñecer a centros educativos, cidadáns e voluntariado a importancia do problema global das bioinvasións e posibles solucións.