31/1/16

Plantadas 200 landras de cerquiño para o noso proxecto forestal


Na mañán do 31 de xaneiro de 2016, catro voluntarios de Fontaíña prepararon un pequeno viveiro de cerquiños.  Para iso, plantaron as landras en envases e agora habera que esperar un par de anos para que, cos coidados axeitados, poidan ser trasplantados a algunha zona forestal da costa das Rías Baixas.

26/1/16

VINDEIRA ACTIVIDADE: OBRADOIRO DE PLANTÍO DE LANDRAS EN BRICKS



O domingo 31 de xaneiro pola mañá, de 11 a 13 horas, terá lugar un obradoiro para plantar as landras de cerquiño (Quercus pyrenaica) que recollimos no mes de setembro e que mantivemos estratificadas en frío ata agora. Plantarémolas en bricks baleiros que reutilizaremos como macetas.



O obxectivo desta actividade é obter plantas de cerquiño para logo plantar nalgún espazo natural, polo que ao final do plantío aquelas persoas voluntarias que teñan un lugar axeitado para o desenrolo das arboriñas, poderán convertirse en “pais adoptivos” e coidalas ata entón.



Lugar de encontro e material necesario: Praia da Fontaíña (perto da do Vao) no lugar do Breadouro. No caso de que xa as recibiran, os/as voluntarios/as deberán traer as súas lubas.



O número de prazas é limitado (10 persoas) e poderán participar adultos e nenos (acompañados por un adulto).


Nesta actividade os e as participantes estarán acompañados por monitores da asociación Fontaíña.

É recomendable leva
r roupa e calzado cómodos.



As persoas interesadas deben apuntarse mediante o envío dun correo electrónico a fontaínhavigo@yahoo.es indicando nome, teléfono e, no caso dos menores, idade.

4/1/16

Os censos de aves, reportaxe do Atlántico Diario

No seguinte enlace tedes un artigo, publicado no Atlántico Diario, sobre os censos de aves que realiza a asociación Fontaíña.