Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es
Tfno.: 679457222



24/4/15

Suspendido pola chuvia o Obradoiro do 25/4/15

Lamentamos comunicarvos que ante a situación meteoroloxica (100% de chuvia en todas as previsións) e tendo en conta que hai bastantes rapaces participantes decidimos suspender o Obradoiro de Voluntariado Ecolóxico nas praias de Fontáiña e Baluarte do sábado 25 de abril de 2015 pola mañán.
A actividade convócase de novo para o sábado 9 de maio de 10:30 a 13h; esperemos ter máis sorte co tempo.
Ós voluntarios inscritos o día 25/4/15 se lle gardan as prazas reservadas, para o día 9/5/15.

Resumo do censo de aves do pasado 18 de abril


"O pasado sábado 18 de abril realizamos o XI Censo de aves acuáticas en paso prenupcial polo Parque Litoral de Vigo dende Cabo de Mar ata Fontaíña pasando pola xunqueira do Lagares. Con cifras baixas debido á época do ano na que nos atopamos, podemos salientar varias observacións como unha femia de pentumeiro común (Melanitta nigra) nadando na praia de Samil despois de ter pasado o inverno fronte a este areal ou o primeiro mazarico galego (Numenius phaeopus) que se observa esta primavera na xunqueira do Lagares.

Agardámosvos na vindeira actividade de educación ambiental en ornitoloxía que levaremos a cabo na primeira quincena de setembro, desta volta censando as aves acuáticas en paso posnupcial. Ademáis, co gallo do X aniversario da realización de censos de aves acuáticas, durante este ano organizaremos outras actividades relacionadas coa ornitoloxía das que teredes máis novas neste blog"

16/4/15

Convocatoria: Obradoiro de voluntariado ecolóxico para adultos e nenos

O vindeiro sábado 25 de abril, de 10:30 a 13h realizaremos unha actividade de voluntariado ecolóxico para adultos e nenos nas praias de Baluarte e Fontaíña (Coruxo-Vigo).   Nesta actividade poderán participar persoas adultas e nenos (estes últimos acompañados por algún adulto), e se realizarán diferentes tarefas relacionadas coa conservación do medio natural desta zona litoral: Revisión e mantemento do valado protector das dunas, reposición de carteis sinalizadores, eliminación manual de plantas exóticas invasoras (Conyza canadensis e Arctotheca calendula) e limpeza de lixo.  Tamén faremos un percorrido para coñecer as plantas das dunas desta praia.   Ó remate todos os participantes recibirán un merecido avituallamento.
Animádevos a participar e se  vides acompañados polos vosos fillos e sobriños, mellor aínda.

As persoas interesadas deben apuntarse mediante o envío dun correo electrónico a fontaínhavigo@yahoo.es indicando nome, teléfono e, no caso dos menores, idade.

14/4/15

Próximas actividades de Voluntariado Ecolóxico da Asociación Fontáiña


Para que planifiquedes mellor as vosas axendas deseguido vos facilitamos o calendario de actividades de Voluntariado ecolóxico para os vindeiros meses:

18/4/2015. Censo de aves en paso prenupcial. Dende Cabo de Mar ata a Praia de Baluarte. 9h.

25/4/2015. Obradoiro de Voluntariado Ecolóxico (para adultos e nenos) nas praias de Fontaíña e Baluarte. 10:30h.

16/5/2015. Obradoiro de Voluntariado Ecolóxico (para adultos) en Cabo de Mar. Pola mañán.

20/6/2015.  Obradoiro de Voluntariado Ecolóxico (para adultos) na Xunqueira do Lagares. Pola mañán.

Podedes apuntarvos en calquera destas actividades mediante un correo electrónico a fontainhavigo@yahoo.es indicando nome e un tfno. de contacto.


7/4/15

Próxima actividade: censo de aves



O vindeiro sábado 18 de abril pola mañá (de 9 a 13h) realizarase o xa tradicional censo de aves en paso prenupcial do treito costeiro que vai dende Cabo de Mar (Alcabre) ata a Praia de Baluarte (Coruxo), pasando pola Xunqueira do Lagares.

O lugar de encontro será en Cabo de Mar (no extremo leste do paseo de Samil) as 9:00h.

O número de prazas é limitado (7 voluntarios/as)

Nesta actividade os e as participantes irán acompañados por un ornitólogo da asociación Fontaíña e axudarán a identificar e a contar as aves acuáticas que se atopen no seu percorrido. Dita información serve para coñecer o estado ambiental deste treito de costa en xeral e das poboacións de aves acuáticas do mesmo en particular. 
Interesados apuntarse no mail:  fontainhavigo@yahoo.es