Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es
Tfno.: 679457222



23/10/18

Actividade en colaboración coa ONG Cooperación Internacional



O pasado sábado vinte de outubro 22 voluntarios de Cooperación Internacional realizaron un roteiro guiado por un membro da nosa asociación ó longo dos tres espazos que estamos a restaurar dende Fontaíña.

Deste xeito os e as asistentes coñeceron de primeira man os traballos que desenvolvemos nas dunas de Baluarte e Fontaíña, na Xunqueira do Lagares e nas dunas de Cabo de Mar.

Nun ambiente distendido comentáronse diferentes aspectos das labouras e actividades levadas a cabo nestes tres valiosos espazos naturais durante os últimos anos. O resultado foi unha actividade moi enriquecedora para todos e todas

17/9/18

Memoria do XIV censo de aves acuáticas en paso postnupcial de Fontaíña


Ave de playa 12.jpg
Virapedras (Arenaria interpres) (Imaxe tomada da Wikipedia)
 O pasado sábado 15 de setembro pola mañá (de 9 a 13 h.) realizouse a XIV edición do censo de aves en paso posnupcial do treito costeiro que vai dende Cabo de Mar (Alcabre) ata a Praia de Baluarte (Coruxo), pasando pola Xunqueira do Lagares. Un total de 9 voluntarios acompañados dun monitor ornitólogo da Asociación Fontaíña realizaron o censo observando 596 exemplares de 13 especies de aves acuáticas diferentes:



Corvo mariño cristado 8

Corvo mariño real 7

Garza cincenta 5

Garzota 5

Cullereiro 2

Lavanco 13

Pita de auga 2

Gaivota patiamarela 486

Gaivota escura 3

Gaivota chorona 52

Carrán cristado 2

Bilurico bailón 8

Virapedras 3



Nesta actividade debateuse a conveniencia ou non de que as praias da Calzoa e da Foz se convertiran en areais para cans. Dende a Asociación Fontaíña xa temos amosado a nosa disconformidade con que estos areais se converteran en praias caninas debido a que contan con valores naturais incompatibles con este tipo de uso, a diferenza doutras praias próximas e pouco frecuentadas por bañistas e usuarios que serían perfectas candidatas como praias caninas. 


Enlace da reportaxe da actividade en La Voz de Galicia


As nosas reivindicacións foron apoiadas por numerosas asociacións o pasado día 17 de xuño na concentración de protesta organizada na zona pola nosa asociación xunto co Colectivo Matogueira e Verdegaia: ADEGA, Amigos da Terra, Asociación de Veciños de Coruxo, Asociación Treze Catorze, Colectivo de Defensa Ambiental A Terra Non Se Vende, Grupo de Anelamento Anduriña, Grupo Naturalista Hábitat, Luita Verde, Rede de colectivos A Ría Non Se Vende, Sociedade Galega de Ornitoloxía e Sociedade Galega de Historia Natural.



Con respecto ós valores naturais destes dous areais, cómpre dicir que están localizados a carón da Xunqueira do Lagares, feito que lles achega unha grande importancia ambiental, sobre todo no tocante á presenza de aves acuáticas -algunhas delas catalogadas en diferentes catálogos e directivas- alimentándose e descansando debido á súa proximidade á citada marisma. En praias próximas a estes dous areais a biodiversidade é moito menor.



Ademais, na praia da Calzoa aparece o Hábitat Natural de Interese Comunitaria “Dunas móbiles do litoral con Ammophila arenaria” (dunas brancas) catalogado co código 2120 na Directiva 92/43/CEE. Segundo esta directiva europea, un hábitat de interese comunitaria atópase ameazado de desaparición na súa área de distribución natural e require da designación de zonas de especial conservación.



Cómpre salientar que o pasado sábado 15 nas praias da Calzoa e da Foz apenas se contabilizaron aves ó haber sobre dez cans nestos areais. Esto é a primeira vez que acontece dende fai 14 anos, aló por 2005, cando comezamos a organizar esta actividade. Ata o pasado ano a Calzoa e a Foz eran os areais nos que máis especies de aves e onde máis individuos das diferentes especies se observaban neste treito de costa, feito que demostra a mala elección destas dúas praias como praias caninas.


A Asociación Fontaíña solicitou unha entrevista en setembro de 2017 co Alcalde e coa Concelleira de Medio Ambiente de Vigo para valorar escoller outra praia alternativa á Calzoa e á Foz como praias caninas mais non obtivemos resposta.

Dende a Asociación Fontaíña queremos dar as grazas a todas as persoas que colaboran nas actividades ornitolóxicas en particular e nas actividades de voluntariado da asociación en xeral. Vémonos no censo de aves acuáticas invernantes en xaneiro de 2019.

11/9/18

AVISO IMPORTANTE: CAMBIO DE DATA DO CENSO DE AVES

Informávosmos de que se modificou a data do próximo censo de aves, pasando do xoves 13 ó sábado 15 de setembro, de 9 a 13h. Máis información na entrada  inferior deste blog.

3/9/18

Próxima actividade: Censo de aves na costa de Coruxo. Se che gostan as aves desfrutarás a tope desta actividade.





O vindeiro sábado 15 de setembro pola mañá (de 9 a 13 h.) realizarase a XIV edición do censo de aves en paso posnupcial do treito costeiro que vai dende Cabo de Mar (Alcabre) ata a Praia de Baluarte (Coruxo), pasando pola Xunqueira do Lagares. Nesta actividade debaterase a conveniencia ou non de que a praia da Calzoa se convertira nun areal para cans.



O lugar de encontro será en Cabo de Mar (no extremo leste do paseo de Samil) ás 9:00 h.



O número de prazas é limitado (7 voluntarios/as).



Nesta actividade os e as participantes irán acompañados por un ornitólogo da asociación Fontaíña e aprenderán a identificar e a contar as aves acuáticas que se atopen no seu percorrido. Dita información serve para coñecer o estado ambiental deste treito de costa en xeral e das poboacións de aves acuáticas do mesmo en particular.



As persoas interesadas teñen que apuntarse no correo electrónico diegodalimia@gmail.com indicando o número de teléfono e se precisan prismáticos.



É recomendable levar prismáticos e roupa e calzado cómodos para camiñar.



Dende a Asociación Fontaíña queremos dar as grazas a todas as persoas que colaboran nas actividades ornitolóxicas en particular e nas actividades de voluntariado da asociación en xeral.

RESUMO DA LIMPEZA DA OPERACIÓN CABICHA 2018



O sábado 1/9/18, pola mañán, dous voluntarios da Asociación Fontaíña limparon de cabichas de tabaco os areais de Baluarte e Fontaíña. En total retiraron 0,75 kg deste tipo de pequeno residuo (xunto con outros restos coma pequenos fragmentos de plástico).

As cabichas ou colillas son un tipo de lixo que con frecuencia se atopan contaminando a area das praias. Por desgraza hai bañistas fumadores que as deixan na area e as cabichas permanecen nela durante anos.

Ademais, moitas veces os servizos de limpeza optan por pasar pola praia un tractor cunha peneira mecánica para poder retiralas. Sen embargo, esta medida en principio positiva, tamén elimina restos orgánicos (algas, follas, madeira,...) ou mata a moitos seres vivos (pulgas de area, sementes de plantas dunares,...), co cal supón un impacto negativo na praia, especialmente se falamos de areais de alto valor ecolóxico como acontece con Baluarte e Fontaíña, que posúen un pequeno sistema dunar, parte del pertecente ó Espazo Natural de Interese Local (ENIL) "Dunas do Vao".

De feito, grazas á limpeza manual de cabichas que realiza Fontaíña e de lixo que fai o servizo de limpeza do Concello de Vigo evítase ter que usar maquinaria para peneirar a area nesta dúas praias.

Con posterioridade á recollida repartironse cabicheiros entre os bañistas para conciencialos da importancia da súa colaboración no limpeza da praia.

Como remate desta nova, a Asociación Fontaíña quere facer pública o inicio dunha campaña para conseguir que estas duas praias de grande valor ambiental sexan declaradas "PRAIAS SEN FUME" por parte da Consellería de Sanidade e o Concello de Vigo. 

Parabéns ós voluntarios polo seu esforzo¡
 

29/8/18

OPERACIÓN CABICHA 2018 - ANIMATE A PARTICIPAR NO VOLUNTARIADO

O vindeiro sábado 1 de setembro pola mañá (de 9:30 a 11:00h.) realizarase a xa tradicional Operación Cabicha nas praias de Baluarte e Fontaíña (Coruxo). 
Encontrarémonos no lugar de Breadouro, entre os areais de Fontaíña, Baluarte e do vao(Coruxo-Vigo).
O número de prazas é limitado (20 voluntarios/as). Poden asistir nenos e nenas acompañados/as dun adulto. 
As persoas interesadas teñen que apuntarse no correo electrónico fontainhavigo@yahoo.es Hai que traer gorra e é recomendable levar roupa e calzado cómodo para traballar. 

As praias de Fontaiña é Baluarte son uns dos areais vigueses que contan con ecosistemas dunares en bo estado de conservación, resultado dun proxecto de voluntariado ambiental levado a cabo pola Asociación Fontaíña dende 1993. Ó longo de todo este tempo cabe sinalar a detección dun problema específico relacionado coa limpeza da area destas praias, xa que ó ser visitada maioritariamente por xente nova e de mediana idade, moitos/as deles/as persoas fumadoras, aparecen multitude de cabichas dispersas pola area, co que se xeran unha serie de problemas ambientais: 


  • Contaminación visual e química da area. 
  • Posibles afeccións a organismos que habitan na area dunha praia (plantas, invertebrados, microorganismos) cun alto valor ecolóxico. 
  • Redución da calidade da area dende o punto de vista do uso humano (bañistas, turismo,...). 
A Asociación Fontaíña vén traballando regularmente a prol da solución deste problema mediante a organización anual da chamada “Operación Cabicha”, na que voluntarios da Asociación, nunha xornada de verán, peitean toda a praia recollendo desperdicios de pequeno tamaño (cabichas, plásticos, papeis, chapas,...) de orixe artificial, deixando os restos orgánicos, principalmente algas, para substento das comunidades biolóxicas que se asentan nesta praia. Evítase en todo caso promover a limpeza mecanica da praia con tractor, xa que o paso da maquinaria pesada sobre a duna podería deteriorala e, ademáis, o tamizado mecánico da area (útil en praias urbanizadas) neste caso perxudicaría a formación de dunas embrionarias na costa. Esa mesma xornada repartiranse cinceiros de praia entre os bañistas, realizándose ó mesmo tempo unha laboura informativa e de concienciación entre os usuarios da praia. 

Será o noso derradeiro reparto de cinceiros de praia: no futuro solicitaremos que estes areais sexan "praias sen fume".

Máis información e resumos de anteriores actividades na web de Fontaíña http//: fontainhavigo.blogspot.com e no facebook de Fontaiña.
 
Consultas e inscricións no correo electrónico de Fontaíña fontainhavigo@yahoo.es

28/8/18

Operación cabicha 2018: Reparto de cabicheiros durante o veran nos areais de Fontaíña e Baluarte

Un verán mais afrontamos reducir a cantidade de cabichas que fican soterradas nas areas das praias de Baluarte e Fontaíña. As accións que se fixeron ata o de agora foron dúas sesións de reparto de cabicheiros entre os bañistas. Todo un éxito de concienciación, pois as caixas quedaron baleiras.
Como remate da campaña realizarase unha limpeza de cabichas o vindeiro 1 de setembro pola mañán (9:30 a 11:30), na que poderán participar os voluntarios que o desexen.

14/7/18

Cea literaria conmemorativa do XXV Aniversario do proxecto de restauración das dunas dos areais de Fontaíña e Baluarte

Moitos versos, moitas risas e boa comida. Que máis se pode pedir? A cea foi un momento de encontro para celebrar os 25 anos do proxecto. Grazas a todas e todos os que viñéchedes! Grazas á Cova dos Ratos por acollernos e grazas a Manolo Pipas polas súas "envolventes palabras".
Por outros 25!!
Partillamos con vós os versos de onte:
Asociación fontaiña
vintecinco son os anos
activistas voluntarios
e contades batallitas
non veñen as historietas
polo blogue publicadas
pasarelas e chamadas
pra levar camións de area
cando foron vinte anos
non quixestes celebrar
e xa estades a falar
do cincoenta aniversario
recupera o seu espacio
paseniño a natureza
dunas arbustos e ervas
limícolas e paxaros
falamos do chapapote
dos lumes e malgoberno
entre gazpacho sureño
e hortalizas e arroces
Máis en:

22/6/18

Detalles organizativos da cea literaria conmemorativa do XXV Aniversario do proxecto de restauración das dunas dos areais de Fontaíña e Baluarte



Na primavera de 1993 daban comezo os traballos de restauración das dunas dos areais de Fontaíña e Baluarte (Coruxo, Vigo) co que, na actualidade, este proxecto que aínda se está levar a cabo vai cumplir 25 anos. Na Asociación Fontaíña imos celebralo organizando unha cea literaria conmemorativa o vindeiro 30 de xuño na que queremos xuntar a todas as persoas que colaboraron ou simpatizan co proxecto dende os seus inicios no Grupo Erva ata a actualidade, xa na Asociación Fontaíña, e na que cada un dos asistentes terá a opción de levar poemas ou textos breves inspirados nas dunas de Fontaíña e Baluarte que lerá para disfrute dos demais comensais. Estades todos e todas convidad@s.

O lugar e hora de celebración deste evento serán a Asociación Cultural Caleidoskopio (rúa Romil, 3, Vigo) a partires das 21:30 h. O prezo do menú, que se aboará o mesmo día da cea, será de 7.50 /persoa.

Cómpre lembrar que cando comezamos traballar neste interesante ecosistema dunar atopábase nun estado de degradación moi avanzado e agora, tras as tarefas de restauración, forma parte do Espazo Natural de Interese Local “Complexo duna-areal dos areais do Vao e Baluarte”. Daquela case que non había experiencias de restauración dunar en Galicia polo que o proxecto foi pioneiro ó mesmo tempo que moi valioso e exemplificante. Tras vintecinco anos de esforzo continuado, o proxecto ben se merece unha cea de celebración.

Ademais desta actividade, ó longo do ano proseguiremos cos traballos de restauración ambiental nos tres espazos naturais onde habitualmente traballamos: areais e dunas de Fontaíña e Baluarte, areal e dunas de Cabo de Mar e Xunqueira do Lagares e temos previsto organizar outras actividades como palestras temáticas, actividades que conxuguen arte e natureza, os xa tradicionais censos de aves acuáticas,… ás que estades todos e todas convidad@s e das que teredes máis información no noso blog fontainhavigo.blogspot.com e na nosa páxina de facebook. Concretamente na dunas de Fontaíña e Baluarte fixámonos dous obxectivos concretos para 2018: renovar o itinerario autoguiado de interpretación ambiental e proseguir coa nosa solicitude de retirado da ducha sobre as dunas.

E, como sempre, queremos agradecer a inestimable colaboración de todos aqueles que fixeron posible o noso traballo de restauración ambiental e voluntariado nestes 25 anos. Moitas grazas e vémonos nas dunas e na cea literaria!

Para máis información e para apuntarse na cea hai que enviar un correo a diegodalimia@gmail.com antes do 28 de xuño ás 22 h.

12/6/18


A Asociación Fontaíña, o Colectivo Matogueira e Verdegaia convocan unha concentración contra a declaración das praias da Calzoa e da Foz como praias caninas polos seus valores naturais


Este areal é un dos poucos que contan con dunas en Vigo e nel repousan e aliméntanse numerosas aves acuáticas, algunha delas catalogada no Anexo I da Directiva Aves
A Asociación Fontaíña, o Colectivo Matogueira e Verdegaia convocan unha concentración contra a declaración das praias da Foz e da Calzoa como praias caninas, o vindeiro domingo 17 de xuño ás 12 h. no aparcadoiro da praia da Calzoa, baixo os lemas “Canina si mais non aquí” e “As aves da Calzoa tamén teñen dereitos”.

Os colectivos convocantes contan co apoio doutras asociacións como ADEGA, Amigos da Terra, a Asociación de Veciños de Coruxo, a Asociación Treze Catorze, o Colectivo de Defensa Ambiental A Terra Non Se Vende, o Grupo de Anelamento Anduriña, o Grupo Naturalista Hábitat, Luita Verde, a Rede de colectivos A Ría Non Se Vende, a Sociedade Galega de Ornitoloxía e Sociedade Galega de Historia Natural; e coas máis de mil sinaturas recollidas nos últimos meses en contra desta medida municipal.

Vólvese así solicitar ó Concello de Vigo que estas praias non se convertan nas praias caninas que proxecta esta administración, debido a que estes areais contan con valores naturais incompatibles con este tipo de uso, a diferenza doutras praias próximas e pouco frecuentadas por bañistas e usuarios que serían perfectas candidatas como praias caninas.

Con respecto ós valores naturais destes dous areais, cómpre dicir que están localizados a carón do treito final do río Lagares e da Xunqueira do Lagares, feito que lles achega unha grande importancia ambiental, sobre todo no tocante á presenza de aves acuáticas alimentándose e descansando debido á súa proximidade á citada marisma, que posúe unha importante comunidade de aves. En praias próximas a estes dous areais a biodiversidade é moito menor.

Ademais, na praia da Calzoa aparece o Hábitat Natural de Interese Comunitaria “Dunas móbiles do litoral con Ammophila arenaria” (dunas brancas) catalogado co código 2120 na Directiva 92/43/CEE. Segundo esta directiva europea, un hábitat de interese comunitaria atópase ameazado de desaparición na súa área de distribución natural e require da designación de zonas de especial conservación.

No tocante ós invertebrados salienta o mangón (Arenicola marina) que é un anélido poliqueto que conta cunha das súas poucas poboacións viguesas na praia da Foz.

En canto ós vertebrados cómpre subliñar a lontra (Lutra lutra) que se observa na praia da Calzoa con frecuencia no seu camiño do mar á xunqueira do Lagares. E tamén a presenza de aves acuáticas. Dende xaneiro de 2005 e ata a actualidade, a Asociación Fontaíña realiza censos de aves acuáticas invernantes, en paso prenupcial e posnupcial respectivamente na praia da Calzoa, e nestas xornadas de estudo ornitolóxico lévanse observado preto de corenta especies de aves acuáticas diferentes.

Cómpre lembrar que neste areal aparecen aves catalogadas no Anexo I da Directiva 2009/147/CE do Parlamento Europeo e do Consello de 30 de novembro de 2009 relativa á conservación das aves silvestres como a garzota (Egretta garzetta) ou a gaivota cabecinegra (Larus melanocephalus); as especies engadidas neste anexo deben ser obxecto de medidas de conservación do seu hábitat.
Ademais, na praia da Calzoa aliméntanse aves limícolas en migración e exemplares invernantes que repousan ou pasan a noite no interior da Xunqueira do Lagares, a zona húmida de maior importancia do concello. Non ten sentido a protección da Xunqueira sen esta zona de alimentación. Moitas destas aves precisan esta zona para alimentarse e poder continuar o seu camiño migratorio dende as zonas de cría (no ártico) ata as de invernada (en ocasións tan ao sur como Sudáfrica).
No tocante ás gaivotas, cómpre salientar a observación de aves aneladas con ata 27 citas de aves aneladas con Pvc en distintos países como Noruega, Dinamarca, República Checa, Alemania, Holanda, Francia, Bélxica ou Inglaterra, como a gaivota cabecinegra (Larus melanocephalus), especie catalogada no Anexo I da Directiva 2009/147/CE e da que se observaron 10 exemplares anelados diferentes; a gaivota chorona (Chroicocephalus ridibundus), da que se observaron 6 exemplares anelados diferentes; a gaivota patiamarela (Larus michahellis), da que se observaron 5 exemplares diferentes anelados, todos eles no Parque Nacional das Illas Atlánticas; a gaivota escura (Larus fuscus), da que se observaron tamén 5 exemplares anelados diferentes; ou a gaivota cáspica (Larus cachinans), moi escasa en Galicia e da que observou un exemplar anelado nestes areais.
Con frecuencia obsérvase como algúns donos de cans encirran neles para que corran cara ás aves, pensando que, como non as van atrapar, non lles ocasionan ningún dano. As molestias que lles poden producir estas mascotas durante ese tempo que as aves precisan para alimentarse, marcan a liña entre a vida ou a morte para elas. As aves dependen en grande medida da baixamar para alimentarse, polo que o tempo do que dispoñen diariamente para comer e sobrevivir é escaso.
Por estes motivos o Concello de Vigo debería buscar outro emprazamento máis axeitado para a localización dunha praia canina que é incompatible coa conservación dos valores naturais que albergan as praias da Foz e da Calzoa.


23/5/18

Cea literaria conmemorativa do XXV Aniversario do proxecto de restauración das dunas dos areais de Fontaíña e Baluarte



Na primavera de 1993 daban comezo os traballos de restauración das dunas dos areais de Fontaíña e Baluarte (Coruxo, Vigo) co que, na actualidade, este proxecto que aínda se está levar a cabo vai cumplir 25 anos. Na Asociación Fontaíña imos celebralo organizando unha cea literaria conmemorativa o vindeiro 30 de xuño na que queremos xuntar a todas as persoas que colaboraron ou simpatizan co proxecto dende os seus inicios no Grupo Erva ata a actualidade, xa na Asociación Fontaíña, e na que cada un dos asistentes terá a opción de levar poemas ou textos breves inspirados nas dunas de Fontaíña e Baluarte que lerá para disfrute dos demais comensais. Estades todos e todas convidad@s.

Cómpre lembrar que cando comezamos traballar neste interesante ecosistema dunar atopábase nun estado de degradación moi avanzado e agora, tras as tarefas de restauración, forma parte do Espazo Natural de Interese Local “Complexo duna-areal dos areais do Vao e Baluarte”. Daquela case que non había experiencias de restauración dunar en Galicia polo que o proxecto foi pioneiro ó mesmo tempo que moi valioso e exemplificante. Tras vintecinco anos de esforzo continuado, o proxecto ben se merece unha cea de celebración.

Ademais desta actividade, ó longo do ano proseguiremos cos traballos de restauración ambiental nos tres espazos naturais onde habitualmente traballamos: areais e dunas de Fontaíña e Baluarte, areal e dunas de Cabo de Mar e Xunqueira do Lagares e temos previsto organizar outras actividades como palestras temáticas, actividades que conxuguen arte e natureza, os xa tradicionais censos de aves acuáticas,… ás que estades todos e todas convidad@s e das que teredes máis información no noso blog fontainhavigo.blogspot.com e na nosa páxina de facebook. Concretamente na dunas de Fontaíña e Baluarte fixámonos dous obxectivos concretos para 2018: renovar o itinerario autoguiado de interpretación ambiental e proseguir coa nosa solicitude de retirado da ducha sobre as dunas.

E, como sempre, queremos agradecer a inestimable colaboración de todos aqueles que fixeron posible o noso traballo de restauración ambiental e voluntariado nestes 25 anos. Moitas grazas e vémonos nas dunas e na cea literaria!

Para máis información e para apuntarse na cea hai que enviar un correo a diegodalimia@gmail.com antes do 27 de xuño.

19/5/18

Resumo do roteiro polo litoral de Vigo organizado polas asociacións Verdegaia e Fontaíña




As asociacións Fontaíña e Verdegaia organizaron un roteiro medioambiental pola costa de Vigo,  o pasado 14 de abril pola mañán. Contou coa participación de 16 persoas.

O percorrido iniciouse na Capela do Vao (Coruxo) ás 10:00, percorréndose logo as praias do Vao, Baluarte e Fontaíña, despois visitouse a Xunqueira do Lagares e, tras atravesar o areal de Samil, rematou en Cabo de Mar (Alcabre) aproximadamente ás 13:00h. Os participantes regresaron ó punto de partida (O Vao) en autobús, de balde para os participantes, xa se contou co apadriñamento económico do Programa Libera "Natureza sen lixo" (SEO e Ecoembes).

Neste roteiro achegouse ó público asistente ata os ecosistemas litorais da ría de Vigo, os seus valores naturais, evolución na historia de Vigo, problémática de conservación e as medidas de recuperación e conservación levadas a cabo pola sociedade, con especial referencia ó voluntariado dos grupos ecoloxistas.

A visita foi guiada por Eduardo González (profesor de ensino secundario de Bioloxía e Xeoloxía),  Ó remate da actividade todos os participantes recibiron un pequeno agasallo relacionado cos espazos visitados.

Agardamos que vos gostara o roteiro e esperamos organizar novos percorridos en vindeiras datas.



6/2/18

Resumo do curso de iniciación á ornitoloxía - Resumen del curso de iniciación a la ornitología


 
Os pasados días 30 de xaneiro e 1 e 2 de febreiro tivo lugar o segundo curso de iniciación á ornitoloxía organizado por Fontaíña. 

O primeiro día realizamos unha introdución teórica ás aves e preparamos as saídas da segunda e terceira xornadas nas que visitamos a Xunqueira do Lagares e as dunas de Fontaíña e Baluarte respectivamente. 

Os trece participantes pudieron observar numerosas especies de aves entre  as que salientan o picapeixe ("Alcedo atthis") ou o pilro bulebule  ("Calidris alba").
 
O curso forma parte dunha serie de iniciativas do proxecto "Xunqueira do Lagares: coa túa axuda limpa", apadriñado polo programa LIBERA: NATURALEZA SIN BASURA da SEO e Ecoembes. 

Los pasados días 30 de enero y 1 y 2 de febrero tuvo lugar el segundo curso de iniciación a la ornitología organizado por Fontaíña. 

El primer día realizamos una introdución teórica a las aves y preparamos las salidas de la segunda y terceira jornadas en las que visitamos la Xunqueira do Lagares y las dunas de Fontaíña-Baluarte respectivamente. 

Los trece participantes pudieron observar numerosas especies de aves entre  las que destacan el martín pescador ("Alcedo atthis") o el correlimos tridáctilo  ("Calidris alba").
 
El curso forma parte de una serie de iniciativas del proyecto "Xunqueira do Lagares: coa túa axuda limpa", apadrinado por el programa LIBERA: NATURALEZA SIN BASURA de la SEO y Ecoembes.