Despois dun longo paréntese a Asociación Fontaíña retoma as actividades do seu grupo xuvenil “Obradoiro da Natureza”. Comentarvos que na campaña que agora bota a andar os rapaces desenvolverán un proxecto denominado “Bosques en familia” e que conta co patrocinio de Voz Natura.

Ó igual que fixemos o pasado curso, os nenos inscritos, recibiran por correo unha convocatoria cada certo tempo (en principio temos previsto facer una actividade cada dous meses aproximadamente) e lembrar que os pais deben avisarnos se os seus fillos van asistir a cada unha das actividades (trátase dunha cuestión organizativa para o tema de material, monitores e avituallamento).
Os nenos deben traer roupa cómoda para andar polo campo e que poidan manchar. A asociación facilitaralles lubas (guantes) para traballar e o avituallamento.
Outro tema que vos queremos comentar é que se coñecedes a algun rapaz ou rapaza de entre 6 e 13 anos de idade, interesado en participar nas actividades de Fontaíña lles comentedes que se apunten chamando ao teléfono da asociación.
Velaí tedes o calendario da primeira actividade:
- Sábado 17/12/11 de 10 a 13h. Traballos forestais na Xunqueira do Lagares. Os participantes realizarán coidados das árboriñas de ribeira plantadas en invernos anteriores e limparán as marxes do río. Os nenos deben traer unha autorización para participar asinada polos pais. O lugar de encontro será na ponte de madeira que hai no Paseo Peonal do Lagares (a carón da depuradora, na estrada Muíños-Samil). Os nenos deben traer botas de auga e roupa que poidan manchar sen problema.
No hay comentarios:
Publicar un comentario