Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



3/12/11

Actividades de voluntariado ambiental en decembro de 2011

Este é o calendario de actividades de voluntariado medioambientaal para o mes de decembro de 2011. Animádevos a participar¡

Xoves 15/12/11. Xuntanza de voluntarios/as do Programa de Medio Ambiente da Oficina Municipal de Voluntariado de Vigo, na Sala de Xuntanzas do 1º andar do Centro Cívico do Casco Vello (r/Oliva, nº12). Preténdese que nesta xuntanza fagamos unha valoración do realizado neste ano que remata. Proxectaremos fotos das accións de voluntariado e vos presentaremos as iniciativas para o vindeiro ano. Animádemos a participar¡ Queremos coñecer a vosa opinión¡. Tódolos asistentes recibiran un CD coas fotos dos voluntarios participantes e os seus traballos e tamén algún que outro agasallo. Horario: 19:00-20:00 h.

Sábado 17/12/11. Obradoiro polo litoral na Xunqueira do Lagares. Eliminación de flora exótica bioinvasora, limpeza de lixo na marisma, titorización e coidado de arboriñas plantadas. Horario: 10:00-13:00 h. Nº de prazas: 15.

Nesta actividade tamén participará o grupo de rapaces/as da sección de “voluntarios” infantís “Obradoiro da Natureza-Voznatura” da Asociación Fontaíña. Polo tanto, lembramos ós voluntarios da OMV que se apunten a esta actividade teñan en conta que van ter que colaborar e axudar ós rapaces nas súas tarefas.

Lugar de encontro e material necesario: Ponte de madeira no Lagares, na estrada Muíños-Samil, perto da Depuradora. No caso de que xa os recibiran, os voluntarios/as deberán traer os seus traxes, botas de auga e lubas.

Martes 27/12/11 Bricovoluntarios en Cabo de Mar. Limpar lixo de dunas, praia, rochas e piñeiral, eliminar rebrotes de uña de gato, limpar entullo, revisar valado, colocar pantallas de captación de area e reparar desperfectos pequenos.

Horario: 10:00-13:00 h. Nº de prazas: 7.

Lugar de encontro e material necesario: Praia do Cocho das Dornas-Cabo de Mar, no Paseo de Samil (perto do restaurante Dornas e a praia da Fonte). No caso de que xa os recibiran, os voluntarios/as deberán traer as súas lubas, botas e traxes de auga.

Mércores 28/12/11. Bricovoluntarios na praia da Fontaíña-Baluarte. Limpar lixo de dunas e praia, eliminar flora exótica, revisar valados, arranxar pequenos desperfectos, reposición de paneis informativos, colocar titores ós piñeiros. Horario: 16:30-18:30 h. Nº de prazas: 7.

Praia da Fontaíña (perto da do Vao) no lugar do Breadouro. No caso de que xa os recibiran, os voluntarios/as deberán traer as súas lubas, botas e traxes de auga.

Para participar en calquera destas actividades é obrigatorio:

a)Estar inscrito como voluntario/a na OMV (Oficina Municipal de Voluntariado) do Concello de Vigo: Pza. do Rei, s/n; '986810213; ofi.voluntariado@vigo.org

b)Inscribirse na OMV, dentro dos prazos sinalados.

Consultas sobre a actividade no correo electrónico de Fontaíña fontainhavigo@yahoo.es

No hay comentarios: