Os pasados días 9, 10 e 11 de maio, dous representantes da Asociación Fontaíña asistiron ó encontro de entidades que participan na convocatoria 2024-25 de Apadriñamento de Espazos Naturais do Programa Libera, celebrado no municipio de Buitrago de Lozoya, na C. A. de Madrid.
O encontro foi altamente positivo e serviu para intercambiar experiencias, coñecer novos proxectos e coller forzas para seguir traballando no voluntariado ambiental.
Moitas grazas á Programa Libera pola invitación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario