Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



11/6/25

Resumo da limpeza de residuos LIBERA 1M2 na Xunqueira do Lagares

O 7 de xuño de 2025 pola mañán, un grupo de persoas voluntarias, levou a cabo unha limpeza de lixo na Xunqueira do Lagares. 

Esta actividade formaba parte dunha campaña denominada LIBERA 1m2 CONTRA LA BASURALEZA e foi convocada e organizada polo PROGRAMA LIBERA das entidades SEO-BIRDLIFE ECOEMBES.




Retiráronse en total 23,5kg de lixo, dos que 19kg se correspondían con residuos sólidos urbanos non reciclables,  e 4,5kg de envases reciclables. 

O noso agradecemento a todas as personas voluntarias que participaron na actividade medioambiental. 

Nesta novena edición do xornada de Libera 1m2, celebrada o pasado 7 de xuño, participaron 13.416 liberador@s en 745 puntos de recollida en toda España,  retirándose 63,8 toneladas de basuraleza e clasificándose 63.144 residuos abandonados en contornas terrestres, fluviais e mariñas, contribuíndo así á ciencia cidadá. 

------------------------------------------------

El 7 de junio de 2023 por la mañana, un grupo de personas  voluntarias, llevó a cabo una limpieza de basuraleza en la Xunqueira do Lagares. 

Esta actividad formaba parte de una campaña  denominada LIBERA 1m2 CONTRA LA BASURALEZA y fue convocada y organizada por el PROGRAMA LIBERA de las entidades SEO-BIRDLIFE ECOEMBES.

Se retiraron en total 23,5kg de lixo, de los que 19kg se correspondían con residuos sólidos urbanos no reciclables y  4,5kg de envases reciclables.

Nuestro agradecimiento a todas las personas voluntarias que participaron en la actividad medioambiental. 

En esta novena edición de la jornada Libera 1m2, participaron 13.416 liberador@s en 745 puntos de recogida en toda España,  se retiraron 63,8 toneladas de basuraleza y se  clasificaron 63.144 residuos abandonados en entornos terrestres, fluviales e marinos, contribuyendo así a la ciencia ciudadana. 


2/6/25

7-6-25 Convocatoria actividade "Libera 1m2" na Xunqueira do Lagares



 ENLACE CARTEL EN PDF




O vindeiro sábado 7 de xuño, de 10.00 a 12:00 horas, a Asociación Fontaíña organiza unha actividade de voluntariado ecolóxico na Xunqueira do Lagares. Realizarase unha limpeza de lixo deste interesante espazo natural vigués.  A Xunqueira do Lagares é unha marisma situada na foz do río Lagares. Trátase dun humidal de grande valor ecolóxico, refuxio de numerosas aves migradoras. Ademais, ten valor histórico pola presenza dos restos dunha salina do SXVIII.


Por desgraza, a Xunqueira do Lagares presenta diversos problemas medioambientais. Un deles (e hai moitísimos máis) vai ser combatido mediante o traballo do voluntariado ambiental. A presenza de residuos sólidos, tanto polas enchentas do río como polas pleamares e as saídas de materiais polos sumidoiros, polo que resulta necesario retirar regularmente dito lixo para evitar que se acumule degradando unha zona de enorme importancia natural a nivel local.

A actividade forma parte da campaña a nivel nacional "LIBERA 1m2: NATURALEZA SIN BASURA", un proxecto de SEO- Birdlife e Ecoembes.

Poderá participar calquera persoa interesada, inscribíndose previamente, e a Asociación Fontaíña facilitará luvas, peto identificativo, auga e avituallamento; ademais de contar cun seguro de RC e accidentes. Para esta xornada haberá 25 prazas de voluntariado acompañados por 2 monitores.

Para participar nesta actividade é imprescindible apuntarse previamente, mediante o envío dun correo electrónico a 

fontainhavigo@yahoo.es 

indicando os seguintes datos:
Nome participante/s
Tfno. de contacto
Os menores de 16 anos deben de vir acompañados por unha persoa adulta e os menores de 16 ata 18 anos traer esta autorización dos seus pais ou titores.

Lugar de encontro: Ponte de madeira do Lagares, na estrada Muíños-Samil. 

É recomendable levar botas de auga e roupa para traballar e mancharse. Chuvasqueiro ou gorra de sol según a meteoroloxía.

__________________________________

El próximo sábado 7 de junio, de 10:00 a 12:00 horas, la Asociación Fontaíña organiza una actividad de voluntariado ecológico en la Xunqueira do Lagares. Se realizará una limpieza de basura de este interesante espacio natural vigués.

La Xunqueira do Lagares es una marisma ubicada en la desmbocadura del río Lagares. Se trata de un espacio de gran valor ecológico, refugio de numerosas aves migradoras. Además, tiene valor histórico por la presencia de los restos de una salina del SXVIII.

Por desgracia, la Xunqueira do Lagares presenta diversos problemas medioambientales. Uno de ellos (y hay muchísimos más) va a ser combatido mediante el trabajo del voluntariado ambiental. La presencia de residuos sólidos, tanto por las crecidas del río como por las pleamares y las salidas de materiales por las alcantarillas, por lo que resulta necesario retirar regularmente esa basura para evitar que se acumule degradando una zona de enorme importancia natural a nivel local.

La actividad forma parte de la campaña a nivel nacional "LIBERA 1m2: NATURALEZA SIN BASURA", un proyecto de SEO-Birdlife y Ecoembes.

Podrá participar cualquier persona interesada, inscribiéndose previamente, y la Asociación Fontaíña facilitará guantes, chlaeco, agua y avituallamento; además de contar con un seguro de RC y accidentes. Para esta jornada habrá 25 plazas de voluntariado acompañados por 2 monitores.

Para participar en esta actividad es imprescindible apuntarse previamente, mediante el envío de un correo electrónico a 
fontainhavigo@yahoo.es 

indicando los siguientes datos:
Nombre participante/s
Tfno. de contacto
Los menores de 16 anos deben de venir acompañados por una persoa adulta y los menores de 16 hasta 18 anos traer esta autorización de sus padres o tutores.

Lugar de encuentro: Puente de madera del Lagares, en la carretera Muíños-Samil. 

Es recomendable llevar botas de agua y ropa para trabajar y mancharse. Chubasquero o gorra de sol según la meteorología.



1/6/25

Participamos nas Xornadas Libera de Apadriñamento de Espazos Naturais

Os pasados días 9, 10 e 11 de maio, dous representantes da Asociación Fontaíña asistiron ó encontro de entidades que participan na convocatoria 2024-25 de Apadriñamento de Espazos Naturais do Programa Libera, celebrado no municipio de Buitrago de Lozoya, na C. A. de Madrid. 

O encontro foi altamente positivo e serviu para intercambiar experiencias, coñecer novos proxectos e coller forzas para seguir traballando no voluntariado ambiental.

Moitas grazas á Programa Libera pola invitación.



19/1/25

ACTIVIDADE SUSPENDIDA POLO TEMPORAL: 26-1-25 Convocatoria de actividade de voluntariado ambiental na Xunqueira do Lagares



SUSPÉNDESE A ACTIVIDADE POLO TEMPORAL

SERÁ CONVOCADA DE NOVO PARA O 16-2-2025
O vindeiro domingo 26 de xaneiro de 2025, de 10:00 a 13:00 horas, a Asociación Fontaíña organiza unha actividade de voluntariado ecolóxico na Xunqueira do Lagares, na que poderán participar un total de dez persoas acompañadas de dous monitores. Nela se eliminarán algúns exemplares da bioinvasora herba das pampas (
Cortaderia selloana) e se plantarán arboriñas de varias especies propias da zona (salgueiro, carballo e loureiro) neste interesante espazo natural vigués. Estas actividades de Fontaíña na Xunqueira do Lagares contan co
 patrocinio do programa de apadriñamento de espazos naturais organizado polo Programa Libera (SEO-Birdlife e Ecoembes). 





A asociación facilitará ó voluntariado a formación previa, ferramentas, lubas, auga e avituallamento, ademais dun seguro de accidentes e de responsabilidade civil. O traballo das persoas voluntarias será dirixido por persoal de Fontaíña. A actividade conta cos necesarios permisos administrativos do Servicio de Costas de Pontevedra (Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico) e da Concellería de Medio Ambiente (Concello de Vigo). 
Para esta actividade é imprescindible apuntarse previamente, mediante o envío dun correo electrónico a 

fontainhavigo@yahoo.es 

indicando os seguintes datos:
Nome participante/s
Tfno. de contacto
Os menores de 16 años deberán participar acompañados dun adulto que se faga cargo deles;  os menores de 16 a 18 anos poderán participar sós previa autorización dos seus pais ou titores (Enlace descarga documento autorización).

Lugar de encontro: Ponte de madeira do Lagares, na estrada Muíños-Samil. 

O medio no que se vai traballar son terreos con vexetación herbácea alta e bastante seca, polo que é necesario levar roupa de manga e perna longa para traballar protexido no campo.  IMPORTANTE: Para traballar na eliminación da herba das pampas (Cortaderia selloana) é necesario vestir roupas que protexan a pel (camiseta de manga longa e pantalón longo),  xa que as follas desta herba son moi cortantes e poden ferir ou irritar a pel.
________________________________
SE SUSPENDE LA ACTIVIDAD POR EL TEMPORAL

SERÁ CONVOCADA DE NUEVO PARA EL 16-2-2025

El próximo domingo 26 de enero de 2025, de 10:00 a 13:00 horas, la Asociación Fontaíña organizará una actividad de voluntariado ecológico en la Xunqueira do Lagares. Se eliminarán algunos ejemplares de la hierba bioinvasora (Cortaderia selloana) y se plantarán arbolitos de varias especies propias de la zona (roble carballo, sauce y laurel). Las actividades de Fontaíña en la Xunqueira do lagares contaron con el patrocinio del programa de apadrinamiento de espacios naturales organizado por el Programa Libera (SEO-Birdlife e Ecoembes).


La asociación facilitará al voluntariado la formación previa, herramientas, guantes, agua y avituallamento, ademas de un seguro de accidentes y de responsabilidad civil. El trabajo de las persoas voluntarias será dirigido por personal de Fontaíña. La actividad cuenta con los necesarios permisos administrativos del Servicio de Costas de Pontevedra (Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico) y de la Concellería de Medio Ambiente (Concello de Vigo).  

Para esta actividad es imprescindible apuntarse previamente mediante el envío de un correo electrónico a 

fontainhavigo@yahoo.es

indicando los siguientes datos:
Nombre y apellidos participante/s
Tfno. de contacto
Los menores de edad deben venir acompañados por una persona adulta. Los menores de 16 a 18 anos podrán participar solos previa autorización de sus padres o tutores (Enlace descarga documento autorización).


Lugar de encuentro: Puente de madera del Lagares, en la carretera Muíños-Samil. 

El medio en el que se va a trabajar son terrenos con vegetación herbácea alta y bastante seca, por lo que es necesario llevar ropa de manga y pierna larga para trabajar protegido.   IMPORTANTE: Para trabajar en la eliminación de la hierba de las pampas (Cortaderia selloana) es necesario vestir ropas que protejan la piel (camiseta de manga larga y pantalón largo),  ya que las hojas de esta hierba son muy cortantes y pueden herir o irritar la piel.

4/1/25

Solicitada a eliminación de exemplares de herba das pampas nunha finca próxima á Xunqueira do Lagares

Vimos de solicitar ó Dpto. de Medio Ambiente do Concello de Vigo que acometan a eliminación dos numerosos exemplares de Cortaderia selloana, especie exótica invasora que colonizan a parcela da imaxe.

Inzan unha finca pechada perimetralmente, que pertencía á antiga EDAR Lagares, nas proximidades da Xunqueira do Lagares.

Estes exemplares de tamaño grande, están a dispersar sementes que acaban xerminando na marisma da Xunqueira do Lagares. Seguiremos informado.