Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



21/10/24

Convocatoria de actividade de formación: Roteiro ornitolóxico pola Xunqueira do Lagares



O domingo 27 de outubro pola mañá (de 9 a 12-12,30 h.) realizarase un roteiro de observación de aves pola Xunqueira do Lagares.


A Xunqueira do Lagares é unha marisma situada na desembocadura do río Lagares que, apesares de non ser moi extensa en superficie, presenta unha variedade de especies de aves bastante salientable no contexto do municipio de Vigo. Pódense observar varias especies de garzas, limícolas, gaivotas, picapeixe, algunha rapaz así como paseriformes de zonas agrícolas e forestais.


https://es.wikipedia.org/wiki/Archivo:Foeragerende_oeverloper-4961816.webm

Polo seu fácil acceso e variedade de hábitats resulta un lugar idóneo para iniciarse na observación de aves.

O lugar de encontro e remate do roteiro será o polideportivo municipal de Samil ás 9:00 h.

O número de prazas é limitado (25 persoas acompañadas por dúas persoas monitoras).

Para esta actividade é imprescindible apuntarse previamente, mediante o envío dun correo electrónico a 

fontainhavigo@yahoo.es 

indicando os seguintes datos:
Nome participante/s
Tfno. de contacto
Os menores de 16 años deberán participar acompañados dun adulto que se faga cargo deles;  os menores de 16 a 18 anos poderán participar sós previa autorización dos seus pais ou titores (Enlace descarga documento autorización).

Lugar de encontro: Polideportivo municipal de Samil (Avda. de Samil, 32, Vigo).

A asociación aportará un par de telescopios e algúns prismáticos pero sería recomendable que aqueles participantes que teñan posibilidade de facelo traian os seus binoculares. Por tratarse dunha actividade de formación de voluntariado, todos os/as participantes contarán coa cobertura do correspondente seguro de RC e accidentes.

Recoméndase levar calzado axeitado para camiñas polo campo no inverno e roupa cómoda. O roteiro é circular, duns 3km de lonxitude e dificultade baixa.

Esta actividade de educación ambiental forma parte das accións incluídas no Apadriñamento de Espazos Naturais do Programa Libera organizado por SEO-Birdlife e Ecoembes




No hay comentarios: