Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



11/1/18

APÚNTATE XA¡ 24, 25 e 26 de xaneiro: curso formativo de iniciación á ornitoloxía

Seguindo coas actividades que estamos a desenvolver do Proxecto Libera relacionado coa limpeza e debate arredor dos residuos co programa “Xunqueira do Lagares limpa: coa túa axuda é posible”, dende a Asociación Fontaíña imos organizar un cursiño de iniciación á ornitoloxía os vindeiros días 24, 25 e 26 de xaneiro de 2018.

O cursiño, é de carácter teórico-práctico con 6 horas de duración repartidas en tres xornadas. O día 24 de xaneiro de 11 a 12 h. levarase a cabo a parte teórica na sala de actividades da Cooperativa de Consumo Consciente Árbore (rúa López Mora, 30, baixo) e os días 25 e 26 de xaneiro de 11 a 13 h. levarase a cabo a parte práctica na Xunqueira do Lagares (punto de encontro na porta do Complexo Deportivo de Samil na Avenida de Samil, s/n).

Os contidos do curso servirán para comezar a ter unha idea sobre as aves, os ecosistemas onde habitan, as súas particularidades,… mais tamén valerán para asentar coñecementos ornitolóxicos de persoas que teñan experiencia no tema. As prazas son limitadas (10 persoas) e outorgaranse por rigurosa orde de inscripción.

As persoas participantes recibirán un título acreditativo de ter realizado este cursiño de formación.


Para máis información e inscripcións: diegodalimia@gmail.com


Siguiendo con las actividades que estamos desarrollando del Proyecto Libera relacionado con la limpieza y debate Alrededor de los residuos con el programa “Xunqueira do Lagares limpia: con tu ayuda es posible”, desde la Asociación Fontaíña vamos a organizar un cursillo de iniciación a la ornitología los próximos días 24, 25 y 26 de enero de 2018. El cursillo es de carácter teórico-práctico con 6 horas de duración repartidas en tres jornadas. El día 24 de enero de 11 a 12 h. se llevará a cabo a parte teórica en la sala de actividades de la Cooperativa de Consumo Consciente Árbol (calle López Mora, 30, bajo) y los días 25 y 26 de enero de 11 a 13 h. se llevará a cabo a parte práctica en la Xunqueira do Lagares (punto de encuentro en la puerta del Complejo Deportivo de Samil en la Avenida de Samil, s/n).
Los contenidos del curso servirán para comenzar a tener una idea sobre las aves, los ecosistemas donde habitan, sus particularidades,… pero también valdrán para asentar conocimientos ornitológicos de personas que tengan experiencia en el tema. Las plazas son limitadas (10 personas) y se otorgarán por riguroso orden de inscripción. Las personas participantes recibirán un título acreditativo de haber realizado este cursillo de formación.

Para más información e inscripciones: diegodalimia@gmail.com


No hay comentarios: