Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



18/11/17

A xuventude exercendo o voluntariado ambiental


O pasado 10 de novembro un grupo de mozos do Colexio Salesianos, acompañados polo seu profesor pola Presidenta de Fontaíña, exerceron de voluntarios ecolóxicos nas praias de Baluarte e Fontaíña. Durante o serán percorreron o litoral para coñecer o proxecto de conservación e levaron a cabo unha limpeza de residuos. Os alumnos quedaron moi sorperndidos coa grande cantidade de pequenos residuos plásticos que o mar deposita nas praias.

Esta excursión formaba parte dun conxunto de actividades (obradoiros e conferencias) que organizou o centro educativo entre o alumnado de bacharelato, coa finalidade de dar a coñecer e promover a participación social da xuventude en diferentes eidos do voluntariado.

Moitas grazas polo voso interese e participación¡


No hay comentarios: