Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo. e-mail: fontainhavigo@yahoo.es
26/6/15
Resumo da actividade de voluntariado na Xunqueira do Lagares
O pasado 6 de xuño de 2015, contamos coa colaboración dun grupo de voluntario (16 adultos e 5 rapaces), todos eles vinculados á empresa ABANCA e convocados mediante a colaboración e patrocinio da ONG Cooperación Internacional-Vigo). Participaron nun obradoiro de voluntariado ecolóxico na Xunqueira do Lagares
Os voluntarios limparon de residuos a marisma e o río, eliminaron unha especie vexetal invasora chamada herba das pampas (Cortaderia selloana), coidaron as arboriñas plantadas en anos anteriores e borraron un grafiti dun cartel sinalizador deste valioso espazo natural vigués.
Moitas grazas a todos os participantes e a Cooperación Internacional-Vigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario