Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



12/3/14

Novas actividades de voluntariado ecolóxico

Vos informamos de que houbo un cambio  da actividade de voluntariado ecolóxico prevista para o día 13/3 en Cabo de Mar pola mañán.  Queda suspendida e se traslada para a seguinte data (27/3/14).  Tamén convocamos o seguinte censo de aves para o día 5/4/14.  Deseguido unha descrición das actividades convocadas.

Xoves 27/3/14. Bicovoluntarios en Cabo de Mar. Eliminación de flora exótica, limpeza de lixo e revisión/reparación do valado. Horario: 10:00-13:00 h. Nº de prazas: 12.

Lugar de encontro e material necesario: Praia do Cocho das Dornas-Cabo de Mar, no Paseo de Samil (perto da praia da Fonte). No caso de que xa os recibiran, os voluntarios/as deberán traer as súas lubas e chuvasqueiros. Se non os teñen deben solicitalos (indicar talla) ó anotarse por e-mail.


Sábado 5/4/14. Censo de aves en paso prenupcial no tramo de costa Cabo de Mar-Xunqueira do Lagares-Praia de Fontaíña. Os voluntarios percorrerán esta costa identificando as distintas especies de aves (garzas, corvos mariños, limícolos, carráns e gaivotas) que vexan e censando o número de individuos de cada tipo. Mediante este tipo de estudos, realizados tres veces ó ano, se pode coñecer mellor o funcionamento das poboacións de aves que hai nos espazos que estamos a coidar. Trátase duna actividade que esixe paciencia, atención, gañas de aprender e interese pola natureza.

Horario: 9:00 -13:00 h. Nº de prazas: 7.

Lugar de encontro e material necesario: Cabo de Mar, no Paseo de Samil (perto da praia da Fonte), rematándose o censo na praia de Fontaíña. Os voluntarios/as deberán levar calzado e roupa axeitado para camiñar e, se teñen, uns prismáticos.


As persoas interesadas en participar en cada actividade teñen que inscribirse enviando o seu nome e tfno de contacto ó correo da asociación fontainhavigo@yahoo.es

No hay comentarios: