Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



2/6/12

Actividades de voluntariado medioambiental en xuño 2012


Durante o mes de xuño de 2012 estan programadas dúas actividades de voluntariado ambiental.  Animádevos a participar!

Sábado 16/6/12. Obradoiro polo litoral nas Praias de Fontaíña e Baluarte. Os participantes realizarán as seguintes tarefas: limpar lixo de dunas e praia, revisar valados e arranxar pequenos desperfectos, reposición de paneis informativos, colocación de carteliños, coidados ás arboriñas plantadas nos inverno, desbroce de silvas dunha zona próxima ó canaval de Fontaíña, medicións para novas actuacións.

Horario: 10:00 -13:00h (en caso de moita calor remataríase ás 12:30h).   
Nº de prazas ofertadas: 15.

Nesta actividade tamén participará o grupo de rapaces/as do “Obradoiro da Natureza-Voznatura” da Asociación Fontaíña, que estarán acompañados pola súa monitora. Polo tanto, lembramos ós voluntarios da OMV que se apunten a esta actividade teñan en conta que van ter que colaborar e axudar ós rapaces nas súas tarefas.


Venres 29/6/12. Xuntanza de voluntarios/as do Programa de Medio Ambiente da Oficina Municipal de Voluntariado de Vigo, na Sala de Xuntanzas do 1º andar do Centro Cívico do Casco Vello (r/Oliva, nº12).  Preténdese que nesta xuntanza fagamos unha valoración do realizado no que vai de ano.  Proxectaremos fotos das accións de voluntariado e vos presentaremos as iniciativas para o que resta de 2012.  Animádemos a participar¡ Queremos coñecer a vosa opinión¡.   Tódolos asistentes recibiran un CD coas fotos dos voluntarios participantes en 2012 e os seus traballos e tamén algún que outro agasallo.  Horario: 19:00-20:00 h.    

Inscricións na  OMV (Oficina Municipal de Voluntariado) do Concello de Vigo: Pza. do Rei, s/n; 986810213; ofi.voluntariado@vigo.org 

No hay comentarios: