Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



6/5/11

Cursiño "Botánica Forestal de Galicia"

O curso é de carácter teórico-práctico, 6 horas de duración repartidas en dúas xornadas e se ofertan 25 prazas, tendo prioridade na inscrición aquelas persoas voluntarias que teñan participado regularmente nas actividades do Programa de Medio Ambiente da OMV.
Pretende aportar ós participantes coñecementos teóricos e prácticos que lles permitirán recoñecer as especies forestais galegas e incrementar a súa formación como voluntariado medioambiental forestal, xa iniciada en anteriores cursiños ofertados pola OMV.

Relatora do curso: Margarita Rubido Bará, Bióloga e Mestra


Programación:

Xoves 19/5/11. Sesión teórica: “Botánica forestal de Galicia: identificación das principais especies forestais galegas ”. A actividade se realizará na Sala de Conferencias da Biblioteca Pública Central de Vigo (r/Joaquín Yañez, 6; Casco Vello, Vigo) en horario de 18:00-20:00 h.


Sábado 21/5/11. Sesión práctica: Itinerario polo Parque Natural do Monte Aloia. Nesta visita, os participantes aprenderán, de xeito práctico, a identificar as principais especies forestais dos nosos montes e coñecerán as súas características ecolóxicas. Lugar de encontro: Os participantes trasladaranse ó Monte Aloia nun microbús, que partirá ás 9:30h da r/Areal, nº8 (Edificio do antigo Reitorado), e estarán de volta no mesmo lugar ás 14:00-14:30h.
Tamén deberán levar, se o desexan, o seu propio avituallamento para media mañán. AVISO IMPORTANTE: DURANTE O PERCORRIDO GUIADO NON ESTA PERMITIDO FUMAR, SALVO NOS 15 MINUTOS DE DESCANSO E AVITUALLAMENTO QUE SERAN DETERMINADOS POLA RELATORA DO CURSO, DACORDO COA EVOLUCIÓN DA ACTIVIDADE.

Os participantes recibirán, a finais de ano, un título acreditativo de ter realizado este cursiño de formación de voluntariado.

As persoas interesadas en participar deben anotarse na Oficina Municipal de Voluntariado de Vigo (Tfno. 986810213, e-mail: ofi.voluntariado@vigo.org )

No hay comentarios: