9/11/26
7-11-26 Resumo do roteiro ornitolóxico pola Xunqueira do Lagares
O sábado 7-11-26 un grupo de 21 persoas voluntarias acompañadas polos ornitólogos Diego Rodríguez e Manuel Saborido realizaron un roteiro ornitolóxico pola Xunqueira do Lagares en Vigo.
A mañan for proveitosa podéndose observar diferentes especies de aves como mascato, carrán cristado, gaivota cabecinegra, gaivotón, píllara real, pirlo bulebule, asubión e miñato.
1/11/26
7-11-26. Convocatoria de actividade de formación: Roteiro ornitolóxico pola Xunqueira do Lagares
O sábado 7 de novembro pola mañá (de 9 a 12,30h.) realizarase un roteiro de observación de aves pola Xunqueira do Lagares.
O lugar de encontro e remate do roteiro será o polideportivo municipal de Samil ás 9:00 h.
O número de prazas é limitado (25 persoas acompañadas por dúas persoas monitoras).
Para esta actividade é imprescindible apuntarse previamente, mediante o envío dun correo electrónico a
Recoméndase levar calzado axeitado para camiñar polo campo no inverno e roupa cómoda. É posible que chova (chuvasqueiro e/ou paraugas). O roteiro é circular, duns 3km de lonxitude e dificultade baixa. En caso de que haxa moi mal tempo meteorolóxico se procedería a avisar ás persoas voluntarias que se inscribiron na actividade.
1-11-26. Resumo da limpeza Libera 1m2 na Xunqueira do Lagares
25/10/26
1-11-26 Convocatoria actividade "Libera 1m2" na Xunqueira do Lagares
O vindeiro domingo 1 de novembro de 2026, de 10.00 a 12:00 horas, a Asociación Fontaíña organiza unha actividade de voluntariado ecolóxico na Xunqueira do Lagares. Realizarase unha limpeza de lixo deste interesante espazo natural vigués. A Xunqueira do Lagares é unha marisma situada na foz do río Lagares. Trátase dun humidal de grande valor ecolóxico, refuxio de numerosas aves migradoras. Ademais, ten valor histórico pola presenza dos restos dunha salina do SXVIII.

Lugar de encontro: Paseo do Lagares (banco dos carballos) na estrada Muíños-Samil.
26/9/26
Entrevista de Fontaíña na revista dixital El Asombrario & Co de Público
Acaba de publicar a revista dixital El Asombrario&Co unha entrevista cun representante de Fontaíña. Neste enlace podedes acceder á entrevista completa.
21/9/26
20-9-26. Resumo da actividade eliminación de espigas da herba da pampa na Xunqueira do Lagares
Tamén se anotaron varias situacións que serán tramitadas por rexistro no Concello de Vigo, para que as solucione. Presenza de exemplares grandes de herbas da pampa en fincas pechadas municipais e privadas. Por exemplo, na antiga EDAR están agromando de novo os exemplares que arrincou o servizo municipal e deixou alí o ano pasado. No escrito que se fixo daquela se lles insistía na necesidade de cumprir co protocolo "Stop Cortaderia" que indica a importancia de non deixar exemplares arrincados por acabar revivindo. Tamen pola presenza de un coches aparcado con frecuencia en zonas vexexetación arbórea cercana á praia de samil. Outro asunto é o mal estado da ponte de madeira no río (leva pechada desde xullo) ou os carteis da senda do Lagares. Un deles foi destruido por completo, e iso que xa avisáramos en xaneiro ó Concello de Vigo para que o reparasen, cando aínda tiña remedio o desperfecto. Hai outro que agora volve estar medio inclinado.
A xornada tamén foi proveitosa no que se refire ás observacións ornitolóxicas, pois se puideron observar dous zurrasca euroasiática (Rallus aquaticus), dous picapeixes comúns (Alcedo atthis), varios biluricos das rochas (Actitis hypoleucos), galiñas de auga comúns (Gallinula chloropus), un galo de auga común (Fulica atra), garzas reais (Aredea cinerea) e garza branca pequena (Egretta alba).Desde a a Asociación Fontaíña queremos agradecer o traballo realizado polas persoas voluntarias, que a pesar da calor que tiñamos nesa mañán se achegaron para axudar e traballar na defensa da Xunqueira do Lagares.13/9/26
20-9-26 Convocatoria de actividade de voluntariado ambiental na Xunqueira do Lagares
A Xunqueira do Lagares é unha marisma situada na foz do río Lagares. Trátase dun espazo de grande valor ecolóxico, e que serve de refuxio a numerosas aves migradoras. Ademais, ten valor histórico pola presenza dos restos dunha saíña do SXVIII.
9/7/26
9-7-26. Resumo da actividade do inventario de exemplares de herba das pampas na Xunqueira do Lagares
O xoves 6 de xullo pola mañán, un grupo de persoas voluntarias participou nunha actividade de inventariado de flora exótica invasora na Xunqueira do Lagares.O obxectivo da actividade era localizar, na Xunqueira do Lagares, os exemplares que aínda quedan da planta coñecida como plumeiro ou herba das pampas, de nome científico Cortaderia selloana.
3/7/26
Convocatoria de actividade: 9-7-26 Inventario de exemplares de herba das pampas na Xunqueira do Lagares
A Xunqueira do Lagares é unha marisma situada na foz do río Lagares. Trátase dun espazo de grande valor ecolóxico, e que serve de refuxio a numerosas aves migradoras. Ademais, ten valor histórico pola presenza dos restos dunha saíña do SXVIII.
A planta Cortaderia selloana (Herba das pampas) é unha especie de orixe sudamericana que está incluída no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras. A planta está presente en Galicia desde os anos oitenta do século XX polo seu uso ornamental. Pouco a pouco os exemplares foron naturalizándose e espallandose polas zonas costeiras ata se converter nun problema pola ocupación de áreas de vexetación natural de valor ecolóxico, como por exemplo as marismas. Actualmente segue a estar presente en numerosas zonas do municipio de Vigo, especialmente en terreos abertos, baldíos e marxes de estradas.23/5/26
17-5-26 Resumo do roteiro formativo "Intermareal de cabo Estai"
Posteriormente, fomos achegándonos desde a praia ata a liña onde o mar baixara, parándonos en diferentes tipos de ambientes (pozas, pedras emerxidas, canles, plataformas, "bosques" de algas laminarias,"pradarías" de verza de mar...).
En cada un deles sempre agardaba algunha sorpresa en forma de ser vivo, do que Roberto se encargaba de contarnos toda clase de detalles sobre a súa bioloxía, anatomía, fisioloxía, comportamento, interaccións ou ameazas de conservación. Un luxo de explicacións, que aproveitamos ó máximo. As preguntas, dúbidas, exclamacións e fotografías non paraban de sucederse.Sen dúbida, quedaremos coa lembranza das ofiuras negras, o carallo de mar expulsando uns fíos xelatinosos do seu corpo para defenderse cando sentía que o íamos comer, as actinias (que de animaliños tranquiliños, nada de nada), un fermoso polbo que agardemos non caia nas mans dos furtivos que andan arrasando esta marabilla de costa ou os simpáticos lorchos mestres da supervivencia na baixamar.Sen esquecernos da enorme variedade de algas (cistoseira, laminarias, verza do mar, coralinas), que no caso dalgunha especie serviu para facer unha cata gastronómica.Non podemos deixar de mencionar o espectacular mundo dos animais "acoirazados". A pulga Gammarus locusta, o ourizo de mar cos seus pedicelos, lanterna de Aristóteles e sombriña anti-raios ultavioleta. As diferentes especies de arneiróns e o seu peculiar sistema de reproducción ou a enorme variedade de moluscos que habitan este medio (lapas, poliplacóforos, caramuxos, e moitos máis...). Sen esquecernos da estrelamar Marthasterias glacialis, un depredador eficaz como puidemos comprobar.Incluso nas zonas máis alonxadas da preamar hai vida; como as pozas cheas de auga de chuvia e salinizadas polos aerosois mariños, nas que habitan diminutos copépodos, zona na que tamén vive o lique Xantoria. Outra lique identificado foi o Lychina pigmaea, que colorea dunha fermosa negrura moitas rochas da zona entre mareas.Rematamos a visita cunha posta en común sobre o visto e aprendido nunha productiva xornada de formación do voluntariado ambiental.Desde a Asociación Fontaíña agradecemos o esforzo e interese posto por Roberto Costas nesta visita e agardamos que haxa unha nova ocasión para seguir desfrutando do medio intermareal e do seu saber.








.jpg)
















.jpg)

.jpg)

.jpg)























