A Xunqueira do Lagares é unha marisma situada na foz do río Lagares. Trátase dun espazo de grande valor ecolóxico, e que serve de refuxio a numerosas aves migradoras. Ademais, ten valor histórico pola presenza dos restos dunha saíña do SXVIII.
A planta Cortaderia selloana (Herba das pampas) é unha especie de orixe sudamericana que está incluída no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras. A planta está presente en Galicia desde os anos oitenta do século XX polo seu uso ornamental. Pouco a pouco os exemplares foron naturalizándose e espallandose polas zonas costeiras ata se converter nun problema pola ocupación de áreas de vexetación natural de valor ecolóxico, como por exemplo as marismas. Actualmente segue a estar presente en numerosas zonas do municipio de Vigo, especialmente en terreos abertos, baldíos e marxes de estradas.Os participantes deben levar pantalóns longos(imos camiñar por terreos con vexetación herbácea alta), calzado pechado (nunca sandalias ou chanclas) e gorra (para protección solar).
O traballo das persoas voluntarias será dirixido por persoal de Fontaíña.
Para esta actividade é imprescindible apuntarse previamente, mediante o envío dun correo electrónico a
fontainhavigo@yahoo.es
indicando os seguintes datos:
Nome participante/s
Tfno. de contacto
Os menores de 16 años deberán participar acompañados dun adulto que se faga cargo deles; os menores de 16 a 18 anos poderán participar sós previa autorización dos seus pais ou titores (Enlace descarga documento autorización).Lugar de encontro: Ponte de madeira do Lagares, na estrada Muíños-Samil.



No hay comentarios:
Publicar un comentario