Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



17/2/17

Novo plantío coa Comunidade de Montes de Teis

 
A Asociación Fontaíña foi invitada, un ano máis, pola Comunidade de Montes de Teis (Vigo) a participar nos plantíos de árbores autóctonas que organiza dita entidade nos seus montes.

A C.M.V.M.C. de Teis leva moitos anos traballando a prol da recuperacións dos bosques autóctonos galegos mediante un proxecto continuo de eliminación das especies invasoras (sobre todo acacia negra) que inzaban os seus montes, e posteriormente repoboar con árbores autóctonas (carballos, cerdeiras, bidueiras,...) cuns resultados espectaculares.

Como pequeno apoio a esta fenomenal tarefa imos participar cun pequeno grupo de 10  voluntari@s no plantío de árbores autóctonas que organizará a Comunidade de Montes de Teis o vindeiro domingo 19 de febreiro.

A actividade terá lugar nos montes de Teis de 9:45 a 12h. O lugar de encontro será o Quiosco do Zoo (Praza dos Leóns, A Madroa, Vigo).  A actividade estará aberta a menores de edade, sempre que asistan acompañados dun adulto responsable deles. Haberá dous monitores/as de Fontaíña para axudar e supervisar no traballo dos participantes, aos que se lles entregarán luvas, ferramenta e arboriñas.