Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



9/4/17



O vindeiro domingo 9 de abril pola mañá (de 9 a 13 h.) realizarase a XIII edición do censo de aves en paso prenupcial do treito costeiro que vai dende Cabo de Mar (Alcabre) ata a Praia de Baluarte (Coruxo), pasando pola Xunqueira do Lagares.
O lugar de encontro será en Cabo de Mar (no extremo leste do paseo de Samil) ás 9:00 h.
O número de prazas é limitado (7 voluntarios/as).
Nesta actividade os e as participantes irán acompañados por un ornitólogo da asociación Fontaíña e axudarán a identificar e a contar as aves acuáticas que se atopen no seu percorrido. Dita información serve para coñecer o estado ambiental deste treito de costa en xeral e das poboacións de aves acuáticas do mesmo en particular.
As persoas interesadas teñen que apuntarse no correo electrónico diegodalimia@gmail.com indicando o número de teléfono e se se precisan prismáticos.
É recomendable levar prismáticos e roupa e calzado cómodos para camiñar.
Dende a Asociación Fontaíña queremos dar as grazas a todas as persoas que colaboran nas actividades ornitolóxicas en particular e nas actividades de voluntariado da asociación en xeral.