Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



19/5/23

Convocatoria actividade LIBERA "1m2 CONTRA LA BASURALEZA" na Xunqueira do Lagares o 3/6/2023

 



O vindeiro sábado 3 de xuño, de 10:00 a 12:00 horas, a Asociación Fontaíña organiza unha actividade de voluntariado ecolóxico na Xunqueira do Lagares. Realizarase unha limpeza de lixo deste interesante espacio natural vigués.

A Xunqueira do Lagares é unha marisma situada na foz do río Lagares. Trátase dun espazo de grande valor ecolóxico, refuxio de numerosas aves migradoras. Ademais, ten valor histórico pola presenza dos restos dunha salina do SXVIII.

Por desgraza, a Xunqueira do Lagares presenta diversos problemas medioambientais. Un deles (e hai moitísimos máis) vai ser combatido mediante o traballo do voluntariado ambiental. A presenza de residuos sólidos, tanto polas enchentas do río como polas pleamares e as saídas de materiais polos sumidoiros, polo que resulta necesario retirar regularmente dito lixo para evitar que se acumule degradando unha zona de enorme importancia natural a nivel local.

A actividade forma parte da campaña a nivel nacional "LIBERA 1m2: CONTRA LA BASURALEZA", un proxecto de SEO- Birdlife e Ecoembes.

Poderá participar calquera persoa interesada, inscribíndose previamente, e a Asociación Fontaíña facilitará luvas, peto identificativo, auga e avituallamento; ademais de contar cun seguro de RC e accidentes. Para esta xornada haberá 12 prazas de voluntariado acompañados por 2 monitores.

Para participar nesta actividade é necesario apuntarse previamente, mediante o envío dun correo electrónico a 

fontainhavigo@yahoo.es 

indicando os seguintes datos:
Nome participante/s
Tfno. de contacto

Tamén é posible apuntarse a través da páxina web de RECOLLIDAS CONVOCADAS POR LIBERA, rexistrándose previamente.
Os menores de 16 anos deben de vir acompañados por unha persoa adulta e os menores de 16 ata 18 anos traer esta autorización dos seus pais ou titores.

Lugar de encontro: Ponte de madeira do Lagares, na estrada Muíños-Samil. 

É recomendable levar roupa e calzado (botas de auga) para traballar en zona de marisma e mancharse. Chuvasqueiro ou gorra de sol según a meteoroloxía.

__________________________________

El próximo sábado 3 de junio, de 10:00 a 12:00 horas, la Asociación Fontaíña organiza una actividad de voluntariado ecológico en la Xunqueira do Lagares. Se realizará una limpieza de basura de este interesante espacio natural vigués.

La Xunqueira do Lagares es una marisma ubicada en la desmbocadura del río Lagares. Se trata de un espacio de gran valor ecológico, refugio de numerosas aves migradoras. Además, tiene valor histórico por la presencia de los restos de una salina del SXVIII.

Por desgracia, la Xunqueira do Lagares presenta diversos problemas medioambientales. Uno de ellos (y hay muchísimos más) va a ser combatido mediante el trabajo del voluntariado ambiental. La presencia de residuos sólidos, tanto por las crecidas del río como por las pleamares y las salidas de materiales por las alcantarillas, por lo que resulta necesario retirar regularmente esa basura para evitar que se acumule degradando una zona de enorme importancia natural a nivel local.

La actividad forma parte de la campaña a nivel nacional "LIBERA 1m2: CONTRA LA BASURALEZA, un proyecto de SEO-Birdlife y Ecoembes.

Podrá participar cualquier persona interesada, inscribiéndose previamente, y la Asociación Fontaíña facilitará guantes, chlaeco, agua y avituallamento; además de contar con un seguro de RC y accidentes. Para esta jornada habrá 12 plazas de voluntariado acompañados por 2 monitores.

Para participar en esta actividad es imprescindible apuntarse previamente, mediante el envío de un correo electrónico a 
fontainhavigo@yahoo.es 

indicando los siguientes datos:
Nombre participante/s
Tfno. de contacto

También es posible apuntarse a través da páxina web de RECOGIDAS CONVOCADAS POR LIBERA, registrándose previamente.
Los menores de 16 anos deben de venir acompañados por una persoa adulta y los menores de 16 hasta 18 anos traer esta autorización de sus padres o tutores.

Lugar de encuentro: Puente de madera del Lagares, en la carretera Muíños-Samil. 
Es recomendable llevar ropa y calzado (botas de agua) para trabajar en zona de marisma y mancharse. Chubasquero o gorra de sol según la meteorología.

5/5/23

Asistimos á III formación dos Apadrinamientos LIBERA 2022/23

Tivemos oportunidade de asistir á III formación dos Apadrinamientos LIBERA 2022/23, adicada ás vías de financiación y gestión de proyectos. A ponencia foi impartida por Gonzalo García do departamento de xestión de proxectos de SEO/BirdLife.
 

3/5/23

Presentación de alegacións ó proxecto de recuperación do sistema dunar na praia de Samil

 


A Asociación Fontaíña vén de apresentar neste mes de abril alegacións ó proxecto “Recuperación do sistema dunar na praia de Samil T.M. Vigo. Fase 1A: entre Punta Samil e concesión administrativa Camaleón” do Servizo Provincial de Costas de Pontevedra.


En ditas alegacións exponse que non se ten en conta a posible futura restauración dunar de hábitats catalogados, algúns deles presentes na zona restaurada pola nosa asociación tais como os Hábitats de Interese Comunitario “Dunas móbiles embrionarias” (código 2110) e “Dunas móbiles de litoral con Ammophila arenaria (dunas brancas)” (código 2120), ou o Hábitat Prioritario “Dunas costeiras fixas con vexetación herbácea (dunas grises)” (código 2130) catalogados no Anexo I da Directiva 92/43/CEE do Consello de 21 de maio de 1992 relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres .


Con respecto á fauna, este proxecto obvia as poboacións faunísticas dunares, hoxendía desaparecidas do areal de Samil mais no pasado recente, comúns en toda a franxa litoral afectada polo citado proxecto. Entre elas salienta a poboación de sapo de esporóns (Pelobates cultripes), presente no pasado en Cabo de Mar. Esta especie está catalogada no Catálogo Galego de Especies Ameazdas (Decreto 167/2011, do 4 de agosto polo que se regula o Catálogo Galego de Especies Ameazadas e actualízase dito Catálogo. Consellaría do Medio Rural. Xunta de Galicia) na categoría de “En Perigo de Extinción” e incluida no Anexo IV da Directiva 92/43/CEE do Consello de 21 de maio de 1992 relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres.


No tocante á desaparación dos ecosistemas dunares, o proxecto obvia a grande perda de milleiros de hectáreas de dunas que aconteceu no litoral galego en xeral e na costa viguesa en particular sendo Samil un dos exemplos máis devastadores neste senso. Ademais, cómpre lembrar que dende o ano 2001 a Asociación Fontaíña está a levar a cabo un Proxecto de Restauración Dunar en Cabo de Mar, a carón da área afectada polo proxecto ó que se dirixen estas alegacións.


Ditos traballos conseguiron devolver ó litoral de Alcabre parte dos hábitats perdidos co urbanismo descontrolado que padeceu esta área costeira na segunda metade do S. XX logrando recuperar hábitats catalogados tais como “Dunas móbiles embrionarias” (código 2110) ou “Dunas móbiles de litoral con Ammophila arenaria (dunas brancas)” (código 2120) que antigamente aparecían masivamente na área do o proxecto “Recuperación do sistema donar na praia de Samil T.M. Vigo. Fase 1A: entre Punta Samil e concesión administrativa Camaleón” e que non voltarán a existir na zona afectada polo mesmo de levarse a cabo nos termos nos que se plantexa.


Con respecto á previsión da modificación do nivel do mar, o proxecto obvia a prevista suba do nivel do mar cunha estimación dun retroceso de liña de costa de 30 m debido á mudanza climática antropoxénica. Hai que comentar que dende finais dos anos noventa do S. XX vense notando unha redución paulatina da superficie do areal de Samil ano tras ano, que se agravará aínda máis se non se plantexa unha restauración do ecosistema dunar antigamente presente na zona.


A carenza dunha visión transversal entre a mudanza climática e a restauración ecolóxica cunha actuación urbanizadora e axardiñadora en troques doutra restauradora e holística profundizará no problema de perda de area do areal mentres que un enfoque baseado na recuperación do ecosistema dunar minguarao.


Hai que entender o areal como unha parte da duna e a duna como unha parte do areal debido ás interrelacións que presentan entre si en particular e coa dinámica litoral en xeral. Non ter en conta esto constitúe un grande erro en calquera actuación que se pretenda levar a cabo nun proxecto dunha zona con potencial de restauración dunar na actualidade.


Finalmente, a Asociación Fontaíña solicitou ó Servizo Provincial de Costas de Pontevedra: 1º) Que se reformule o proxecto “Recuperación do sistema dunar na praia de Samil T.M. Vigo. Fase 1A: entre Punta Samil e concesión administrativa Camaleón” de cara a converterse nun proxecto de restauración ecolóxica dunar que devolva ó litoral vigués as comunidades ecolóxicas dunares que se perderon coa urbanización salvaxe que sufriu esta área litoral na segunda metade do S. XX. 2º) Que se conceda unha entrevista a persoas desta asociación para debater polo miúdo as eivas descritas nas presentes alegacións co fin de subsanalas do proxecto en cuestión e que así cumpla a función que ten encomendada: restaurar a duna e praia da área N do areal de Samil.



2/5/23

Próxima actividade de voluntariado ambiental: 13-5-2023 na Xunqueira do Lagares

  



O vindeiro sábado 13 de maio, de 9:00 a 12:00 horas, a Asociación Fontaíña organiza unha actividade de voluntariado ecolóxico na Xunqueira do Lagares. Nela se eliminarán algúns exemplares da bioinvasora herba das pampas (Cortaderia selloana) e bulbos de cala (Zandeteschia aethiopica) neste interesante espazo natural vigués.

A Xunqueira do Lagares é unha marisma situada na foz do río Lagares. Trátase dun espazo de grande valor ecolóxico, e que serve de refuxio a numerosas aves migradoras. Ademais, ten valor histórico pola presenza dos restos dunha saíña do SXVIII.

Por desgraza a Xunqueira do Lagares presenta diversos problemas medioambientais.  Un deles (e hai moitísimos máis) var ser combatidos mediante o traballo do voluntariado ambiental:


A actividade forma parte das accións da proposta "Xunqueira do Lagares: Acciones de voluntariado ambiental", e conta co patrocinio de "LIBERA: NATURALEZA SIN BASURA", un proxecto de SEO- Birdlife e Ecoembes, na convocatoria 22-23 de Apadriñamento de Espazos Naturais.

Para esta actividade é imprescindible apuntarse previamente, mediante o envío dun correo electrónico a 

fontainhavigo@yahoo.es 

indicando os seguintes datos:
Nome participante/s
Tfno. de contacto
Os menores de 16 años deberán participar acompañados dun adulto que se faga cargo deles;  os menores de 16 a 18 anos poderán participar sós previa autorización dos seus pais ou titores (Enlace descarga documento autorización).

Lugar de encontro: Ponte de madeira do Lagares, na estrada Muíños-Samil. 

As persoas voluntarias estarán acompañadas por un monitor da Asociación Fontaíña. Se lles facilitará ferramenta de traballo, luvas e avituallamento.

É recomendable levar roupa para traballar no campo e botas de auga pola elevada humidade do terreo.  IMPORTANTE: Para traballar na eliminación da herba das pampas (Cortaderia selloana) é necesario vestir roupas que protexan a pel (camiseta de manga longa e pantalón longo),  xa que as follas desta herba son moi cortantes e poden ferir ou irritar a pel.

__________________________________________________________________________________

El próximo sábado 13 de mayo, de 9:00 a 12:00 horas, la Asociación Fontaíña organiza una actividad de voluntariado ecológico en la Xunqueira do Lagares. Se eliminarán algunos ejemplares de la hierba bioinvasora (Cortaderia selloana) y bulbos de cala (Zandeteschia aethiopica) en este interesante espacio natural vigués.



La Xunqueira do Lagares es una marisma ubicada en la desembocadura del río Lagares. Se trata de un espacio de gran valor ecológico, y que sirve de refugio a numerosas aves migradoras. Además, tiene valor histórico por la presencia de los restos de una salina del SXVIII
Por desgracia la Xunqueira do Lagares presenta diversos problemas medioambientales. Uno de ellos (hay muchos más) van a ser combatidos mediante el trabajo del voluntariado ambiental: 

La actividad forma parte de las acciones de la propuesta "Xunqueira do Lagares
Acciones de voluntariado ambiental" y cuenta con el patrocinio de "LIBERA: NATURALEZA SIN BASURA", un proyecto de SEO- Birdlife y Ecoembes, en la convocatoria 22-23 de Apadrinamiento de Espacios Naturales.

Para esta actividad es imprescindible apuntarse previamente 
mediante el envío de un correo electrónico a 

fontainhavigo@yahoo.es

indicando los siguientes datos:
Nombre y apellidos participante/s
Tfno. de contacto
Los menores de edad deben venir acompañados por una persona adulta. Los menores de 16 a 18 anos podrán participar solos previa autorización de sus padres o tutores (Enlace descarga documento autorización).


Lugar de encuentro: Puente de madera del Lagares, en la carretera Muíños-Samil. 

Las personas voluntarias estarán acompañadas por un monitor de la Asociación Fontaíña. Se les facilitará herramienta de trabajo, guantes y avituallamento. La Asociación dispone de seguro de RC y accidentes para voluntariado.

Es recomendable llevar ropa para trabajar en el campo y botas de agua por la elevada humedad del terreno.  IMPORTANTE: Para trabajar en la eliminación de la hierba de las pampas (Cortaderia selloana) es necesario vestir ropas que protejan la piel (camiseta de manga larga y pantalón largo),  ya que las hojas de esta hierba son muy cortantes y pueden herir o irritar la piel.