Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



30/8/19

Convocatoria do censo de aves en paso posnupcial


 
O vindeiro domingo 1 de setembro pola mañá (de 9 a 13 h.) realizarase a XV e derradeira edición do censo da Asociación Fontaíña de aves acuáticas en paso posnupcial do treito costeiro que vai dende Cabo de Mar (Alcabre) ata a Praia de Baluarte (Coruxo), pasando pola Xunqueira do Lagares.

Ó longo deste 2019 xa realizamos os tradicionais censos de aves acuáticas invernantes e en paso prenupcial en xaneiro e abril respectivamente mais a partires de agora deixaremos de realizar censos de aves e as actividades ornitolóxicas que desenvolveremos en Fontaíña serán doutra índole.

O lugar de encontro será en Cabo de Mar (no extremo leste do paseo de Samil) ás 9:00 h.

O número de prazas é limitado (7 voluntarios/as).

Nesta actividade os e as participantes irán acompañados por un ornitólogo da asociación Fontaíña e axudarán a identificar e a contar as aves acuáticas que se atopen no seu percorrido. Dita información serve para coñecer o estado ambiental deste treito de costa en xeral e das poboacións de aves acuáticas do mesmo en particular.

As persoas interesadas teñen que apuntarse no correo electrónico diegodalimia@gmail.com indicando o número de teléfono.

É recomendable levar prismáticos e roupa e calzado cómodos para camiñar.

Dende a Asociación Fontaíña queremos dar as grazas ós centos de persoas que colaboraron nos censos de aves invernantes, en paso prenupcial e en paso posnupcial realizados durante estos quince anos, dende xaneiro de 2005 ata a actualidade. A todos e a todas moitas grazas de corazón. Os datos recabados durante estos tres lustros faranse públicos e penduraranse do blogue da Asociación, fontainhavigo.blogspot.com, en canto sexa posible. Vémonos nas dunas ;-)