O vindeiro domingo 1 de novembro de 2026, de 10.00 a 12:00 horas, a Asociación Fontaíña organiza unha actividade de voluntariado ecolóxico na Xunqueira do Lagares. Realizarase unha limpeza de lixo deste interesante espazo natural vigués. A Xunqueira do Lagares é unha marisma situada na foz do río Lagares. Trátase dun humidal de grande valor ecolóxico, refuxio de numerosas aves migradoras. Ademais, ten valor histórico pola presenza dos restos dunha salina do SXVIII.
Por desgraza, a Xunqueira do Lagares presenta diversos problemas medioambientais. Un deles (e hai moitísimos máis) vai ser combatido mediante o traballo do voluntariado ambiental. A presenza de residuos sólidos, tanto polas enchentas do río como polas pleamares e as saídas de materiais polos sumidoiros, polo que resulta necesario retirar regularmente dito lixo para evitar que se acumule degradando unha zona de enorme importancia natural a nivel local.


A actividade forma parte da campaña a nivel nacional "LIBERA 1m2: NATURALEZA SIN BASURA", un proxecto de SEO- Birdlife e Ecoembes.
Poderá participar calquera persoa interesada, inscribíndose previamente, e a Asociación Fontaíña facilitará luvas, peto identificativo, auga e avituallamento; ademais de contar cun seguro de RC e accidentes. Para esta xornada haberá 20 prazas de voluntariado acompañados por 2 monitores.
Para participar nesta actividade é imprescindible apuntarse previamente, mediante o envío dun correo electrónico a
fontainhavigo@yahoo.es
indicando os seguintes datos:
Nome participante/s
Tfno. de contacto
Os menores de 16 anos deben de vir acompañados por unha persoa adulta e os menores de 16 ata 18 anos traer esta autorización dos seus pais ou titores.
Lugar de encontro: Paseo do Lagares (banco dos carballos) na estrada Muíños-Samil.
Lugar de encontro: Paseo do Lagares (banco dos carballos) na estrada Muíños-Samil.
É recomendable levar botas de auga e roupa para traballar e mancharse. Chuvasqueiro ou gorra de sol según a meteoroloxía.





No hay comentarios:
Publicar un comentario