Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



21/9/26

20-9-26. Resumo da actividade eliminación de espigas da herba da pampa na Xunqueira do Lagares

O xoves 6 de xullo pola mañán, un grupo de persoas voluntarias participou nunha actividade de eliminación de flora exótica invasora na Xunqueira do Lagares.

O obxectivo da actividade era eliminar as numerosas espigas dos exemplares que aínda quedan da planta coñecida como plumeiro ou herba das pampas, de nome científico Cortaderia selloana

Trátase dunha especie de planta exótica (orixinaria de America do Sur) de marcado caracter invasor que está incluída no Catálogo Nacional de Especies Exóticas Invasoras e sobre a que se están realizando programas e experiencias de erradicación e control en diferentes lugares e por parte de distintas entidades e administracións (p.ex. MITECO).


A asociación Fontaíña leva a cabo, desde hai anos, traballos de control e de erradicación deste especie invasora, con resultados positivos. Na actualidade, aínda hai exemplares en terreos perimetrais á marisma (con algún exemplar aillado na zona húmida). O obxectivo é a súa erradicación nun prazo de tempo de 1 ano.

Na actividade realizada, as persoas voluntarias eliminaban as espigas dos exemplares que florecen na fin do verán para evitar que sigan inzando o terreo. As espigas logo se gardan en bolsas e se eliminar no contedor xeral de lixo. Retiráronse unhas 150 espigas e tamén 7 exemplares plantas de tamaño pequeno e 1 mediana, esta última florecendo no medio da marisma.

Tamén se aproveitou para limpar os carteis e eliminar un grafiti. Un deles tiña unha pintada que deturpaba o nome da Xunqueira do Lagares polo de "Junquera do Lagares"; curiosamente, con posterioridade alguén corrixiu o topónimo cunha nova pintada. Por sorte, os carteis coidados por Fontaíña contan cun verniz protector que facilita a eliminación rápida de calquera pintada.




Outra das tarefas que xurdiron na mañán foi podar axeitadamente un exemplar de ameneiro (Alnus glutinosa) que tiña varias ponlas baixas destrozadas por un desbroce pouco coidadoso realizado pola empresa municipal que mantén o paseo peonal do Lagares.

Tamén se anotaron varias situacións que serán tramitadas por rexistro no Concello de Vigo, para que as solucione. Presenza de exemplares grandes de herbas da pampa en fincas pechadas municipais e privadas. Por exemplo, na antiga EDAR están agromando de novo os exemplares que arrincou o servizo municipal e deixou alí o ano pasado. No escrito que se fixo daquela se lles insistía na necesidade de cumprir co protocolo "Stop Cortaderia"  que indica a importancia de non deixar exemplares arrincados por acabar revivindo. Tamen pola presenza de un coches aparcado con frecuencia en zonas vexexetación arbórea cercana á praia de samil. Outro asunto é o mal estado da ponte de madeira no río (leva pechada desde xullo) ou os carteis da senda do Lagares. Un deles foi destruido por completo, e iso que xa avisáramos en xaneiro ó Concello de Vigo para que o reparasen, cando aínda tiña remedio o desperfecto. Hai outro que agora volve estar medio inclinado.

A xornada tamén foi proveitosa no que se refire ás observacións ornitolóxicas, pois se puideron observar dous zurrasca euroasiática (Rallus aquaticus), dous picapeixes comúns (Alcedo atthis), varios biluricos das rochas (Actitis hypoleucos), galiñas de auga comúns (Gallinula chloropus), un galo de auga común (Fulica atra), garzas reais (Aredea cinerea) e garza branca pequena (Egretta alba).

Desde a a Asociación Fontaíña queremos agradecer o traballo realizado polas persoas voluntarias, que a pesar da calor que tiñamos nesa mañán se achegaron para axudar e traballar na defensa da Xunqueira do Lagares.


No hay comentarios: