Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es
Tfno.: 679457222



12/1/20

 
O ano pasado na Asociación Fontaíña decidimos deixar de realizar censos de aves acuáticas na costa de Vigo mais debido ás reiteradas solicitudes de que estas actividades seguiran e a que se uniu xente nova ó equipo de traballo que levamos a cabo estos censos, decidimos continuar alomemos un ano máis levando a cabo estas actividades de educación ambiental ornitolóxica.

Desde xeito, o vindeiro domingo 19 de xaneiro pola mañá (de 9 a 13 h.) realizarase a XVI edición do censo de aves invernantes do treito costeiro que vai dende Cabo de Mar (Alcabre) ata a Praia de Baluarte (Coruxo), pasando pola Xunqueira do Lagares.


Ó longo deste 2020 tamén realizaremos os tradicionais censos de aves en paso prenupcial en abril e en paso posnupcial en setembro.

O lugar de encontro será en Cabo de Mar (no extremo leste do paseo de Samil) ás 9:00 h.

O número de prazas é limitado.

Nesta actividade os e as participantes irán acompañados por unha ornitóloga que colabora coa asociación Fontaíña e axudarán a identificar e a contar as aves acuáticas que se atopen no seu percorrido. Dita información serve para coñecer o estado ambiental deste treito de costa en xeral e das poboacións de aves acuáticas do mesmo en particular.

As persoas interesadas teñen que apuntarse no correo electrónico diegodalimia@gmail.com indicando o número de teléfono.

É recomendable levar prismáticos e roupa e calzado cómodos para camiñar.

Dende a Asociación Fontaíña queremos dar as grazas a todas as persoas que colaboraron nos censos de aves invernantes, en paso prenupcial e en paso posnupcial realizados nestos quince anos. A todos e todas moitas grazas. Vémonos nas dunas!