Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



24/10/22

Resumo da actividade de voluntariado ambiental na Xunqueira do Lagares o 22/10/2022



Un grupo de voluntarias estivo na Xunqueira do Lagares arrincando un  exemplar de Cortaderia selloana, a bioinvasora herba das pampas. En total 45kg. Noraboa polo traballo realizado. Seguiremos con máis actividades en novembro.

17/10/22

Convocatoria actividade na Xunqueira do Lagares o 22/10/2022

Imos celebrar unha actividade de voluntariado na Xunqueira do Lagares (Coruxo-Vigo) o sábado 22 de octubre de 2022, de 9 a 12 h. 

Calquera persoa interesada pode participar, inscribíndose previamente. A Asociación Fontaíña proporcionará a herramienta, luvas, peto de identificación, auga e avituallamento; ademais de contar cun seguro de RC e accidentes. O número de prazas é limitado e  o grupo estará coordinado por un monitor.


Os menores de 16 años deberán participar acompañados dun adulto que se faga cargo deles;  os menores de 16 a 18 anos poderán participar sós previa autorización dos seus pais ou titores.


Durante a xornada se retirarán algúns exemplares de herba das pampas, a bioinvasora  Cortaderia selloana,  recolleranse os residuos sólidos dunha zona de marisma e limpiaremos la señalización de este interesante espacio natural vigués.

Tamén aproveitaremos para coñecer e desfrutar da paisaxe, a flora e as aves que habitan nesta zona húmida costeira. 

A Xunqueira do Lagares é unha marisma situada na foz do río Lagares. Trátase dun espazo de grande valor ecolóxico e que serve de refuxio a numerosas aves migratorias. Ademais, ten valor histórico pola presenza de restos dunha salina do século XVIII.

Por desgraza, Xunqueira do Lagares presenta varios problemas ambientais. Dous deles (e hai moitos máis)  pódense combater a través del traballo do voluntariado ambiental:
  • Presenza de residuos sólidos, tanto polas enchentes do río como polas preamares ou incluso pola saída de materiais a través dos sumidoiros, polo que é necesario retirar ditos residuos para evitar que se acumulen e degraden unha área de enorme importancia natural a nivel local.
  • Colonización de especies bioinvasoras como a Cortaderia selloana (Herba das pampas), incluída no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras.

Para participar nesta actividade é imprescindible apuntarse previamente, mediante o envío dun correo electrónico a 

fontainhavigo@yahoo.es 

indicando os seguintes datos:
Nome participante/s
Tfno. de contacto
Os menores de 16 anos deberán ir acompañados dun adulto e os menores de 18 anos deberán traer esta autorización dos seus pais ou titores.

Lugar de encontro: Ponte de madeira do Lagares, na estrada Muíños-Samil. 

É recomendable levar ropa e calzado para traballar no campo, preferiblemente botas de auga.  IMPORTANTE: Para traballar na retirada da herba das pampas (Cortaderia selloana) é necesario usar roupa que protexa a pel (manga longa e pantalón longo), xa que as follas desta herba son moi afiadas e poden lesionar ou irritar.

________________________________________________



Vamos a celebrar una actividad de voluntariado en la Xunqueira do Lagares (Coruxo-Vigo) el sábado 22 de octubre de 2022, en horario de 9 a 12h. 

Podrá participar cualquier persoa interesada, inscribiéndose previamente, y la Asociación Fontaíña facilitará la herramienta, guantes, peto identificativo, agua y avituallamento; además de contar con un seguro de RC y accidentes. Para cada jornada habrá 5 plazas de voluntariado y un monitor.

Los menores de 16 anos deben participar acompañados dun adulto que se haga responsable de ellos y los menores de 16 a 18 anos pueden participar solos entregando previamente una autorización de los padres o tutores.  

La Xunqueira do Lagares es una marisma ubicada en la desembocadura del río Lagares. Se trata de un espacio de gran valor ecológico, y que sirve de refugio a numerosas aves migradoras. Además, tiene valor histórico por la presencia de los restos de una salina del SXVIII


Por desgracia la Xunqueira do Lagares presenta diversos problemas medioambientales. Dos de ellos (hay muchos más) van a ser combatidos mediante el trabajo del voluntariado ambiental: 
  • Presencia de residuos sólidos, tanto por las crecidas del río como por las pleamares, y las salidas de  materiales por los aliviaderos del saneamiento, por lo que resulta necesario retirar dichos residuos para evitar que se acumulen degradando una zona de enorme importancia natural a nivel local. 
  • Colonización de especies bioinvasoras como la Cortaderia selloana (Hierba de las pampas), incluída en el Catalogo Español de Especies Exóticas Invasoras.
Para esta actividad es imprescindible apuntarse previamente mediante el envío de un correo electrónico a 

fontainhavigo@yahoo.es

indicando los siguientes datos:
Nombre y apellidos participante/s
Tfno. de contacto
Los menores de 16 anos deben de venir acompañados por una persona adulta y los menores de 18 traer esta autorización de sus padres o tutores.

Lugar de encuentro: Puente de madera del Lagares, en la carretera Muíños-Samil. 
Es recomendable llevar ropa y calzado para trabajar en el campo, gorra y protector solar.  IMPORTANTE: Para trabajar en la eliminación de la hierba de las pampas (Cortaderia selloana) es necesario vestir ropas que protejan la piel (camiseta de manga larga y pantalón largo),  ya que las hojas de esta hierba son muy cortantes y pueden herir o irritar la piel.

7/10/22

Artigo publicado por Atlántico Diario sobre a Xunqueira do Lagares


 

Resumo da actividade LIBERA 1m2 NATUREZA SEN LIXO na Xunqueira do Lagares o 25/9/2022

O día 25 de setembro de 2022 en horario de 10 a 12h, un grupo de 12 voluntarios/as, levou a cabo unha limpeza de lixo na Xunqueira do Lagares. 

Esta actividade formaba parte dunha campaña a nivel español denominada LIBERA 1m2 POLAR PRAIAS E MARES e foi convocada e organizada polo PROGRAMA LIBERA das entidades SEO-BIRDLIFE e ECOEMBES.

Retiráronse en total 32kg de lixo, dos que 24kg se correspondían con residuos sólidos urbanos non reciclables (fragmentos plásticos, residuos hixiénicos, envases deteriorados e un pneumático pequeno), 5kg de envases reciclables (botellas de polietileno, principalmente) e 3kg de botellas de vidro. Todos os residuos foron trasladados ata a illa de reciclaxe situada nas proximidades do campo de futbol de Comesaña e depositados no correspondente contedor.

Tamén se realizou un traballo de ciencia cidadá, consistente dun transecto de 126m de lonxitude e 6m de ancho na zona areosa situada na marxe da Foz do Lagares á altura da Ponte de Samil. En dita área se recolectaron, clasificaron e retiraron todos os residuos atopados seguindo as instrucións da aplicación MARNOBA. Os datos enviados serán validados e normalizados para a súa inclusión como datos adicionais do programa de seguimento de lixo mariño do Ministerio para la Transición Ecológica (MITERD).