Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



6/2/18

Resumo do curso de iniciación á ornitoloxía - Resumen del curso de iniciación a la ornitología


 
Os pasados días 30 de xaneiro e 1 e 2 de febreiro tivo lugar o segundo curso de iniciación á ornitoloxía organizado por Fontaíña. 

O primeiro día realizamos unha introdución teórica ás aves e preparamos as saídas da segunda e terceira xornadas nas que visitamos a Xunqueira do Lagares e as dunas de Fontaíña e Baluarte respectivamente. 

Os trece participantes pudieron observar numerosas especies de aves entre  as que salientan o picapeixe ("Alcedo atthis") ou o pilro bulebule  ("Calidris alba").
 
O curso forma parte dunha serie de iniciativas do proxecto "Xunqueira do Lagares: coa túa axuda limpa", apadriñado polo programa LIBERA: NATURALEZA SIN BASURA da SEO e Ecoembes. 

Los pasados días 30 de enero y 1 y 2 de febrero tuvo lugar el segundo curso de iniciación a la ornitología organizado por Fontaíña. 

El primer día realizamos una introdución teórica a las aves y preparamos las salidas de la segunda y terceira jornadas en las que visitamos la Xunqueira do Lagares y las dunas de Fontaíña-Baluarte respectivamente. 

Los trece participantes pudieron observar numerosas especies de aves entre  las que destacan el martín pescador ("Alcedo atthis") o el correlimos tridáctilo  ("Calidris alba").
 
El curso forma parte de una serie de iniciativas del proyecto "Xunqueira do Lagares: coa túa axuda limpa", apadrinado por el programa LIBERA: NATURALEZA SIN BASURA de la SEO y Ecoembes. 

4/2/18

Unha nova xornada LIBERA: NATUREZA SEN LIXO na Xunqueira do Lagares - Una nueva jornada LIBERA:NATURALEZA SIN BASURA en la Xunqueira do Lagares

Onte, sábado 3 de febreiro, un grupiño de 8 voluntarios pasou a mañán traballando a prol da conservación da Xunqueira do Lagares. A xornada formaba parte dunha nova sesión do programa de conservación desta marisma apadriñado polo "Programa Libera: Naturaleza sin basura" (organizado pola SEO e Ecoembes), e tamén serviu para conmemorar o Día Mundial dos Humidais.


A pesares da persistente chuvia, os voluntarios conseguiron retirar tres grandes exemplares da invasora herba das pampas (de nome científico Cortaderia selloana) duns 25 kg cada unha. 
Posteriormente, limparon unha zona de marisma que estaba inzada de restos dos verquidos dos aliviadeiros do sistema de saneamento. Cando chove moito, as tuberías de saneamento expulsan o exceso de caudal polos aliviadeiros cara o río. Por desgraza, aparte de restos orgánicos que marisma asimila sen problema, nestas augas tamén viaxan pequenos plásticos e restos non degradables que acaban atrapados na vexetación da marisma ó final do río.  
 En total se retiraron 55 kg de toalliñas húmidas, bastonciños dos oídos, compresas, anacos de poliestireno e botellas de plástico. 

 Desde a Asociación Fontaíña queremos chamar a atención da sociedade para que non se tiren polo inodoro este tipo de restos; deben ir á papeleira, pois senón acaban moitas veces no medio natural.
O xornal Atlántico Diario informou desta actividade na edición dominical (ENLACE CO ATLÁNTICO DIARIO).
Moitas grazas a todos os participantes polo súa colaboración¡


Ayer, sábado 3 de febrero, un grupo de 8 voluntarios pasó la mañana trabajando a favor de la conservación de la Xunqueira do Lagares. La jornada formaba parte de una nueva sesión del programa de conservación de esta marisma apadrinado por el "Programa Libera: Naturaleza sin basura" (organizado por la SEO y Ecoembes), y también sirvió para conmemorar el Día Mundial de los Humedales.

A pesar de la persistente lluvia, los voluntarios consiguieron retirar tres grandes ejemplares de la invasora hierba de las pampas(de nombre científico Cortaderia selloana) de unos 25 kg cada una.

Posteriormente, limpiaron una zona de marisma que estaba repleta de restos de los vertidos de los aliviadeiros del sistema de saneamiento. Cuando llueve mucho, las tuberías de saneamiento expulsan el exceso de caudal por los aliviadeiros cara el río. Por desgracia, aparte de restos orgánicos que marisma asimila sin problema, en estas aguas también viajan pequeños plásticos y restos no degradables que acaban atrapados en la vegetación de la marisma al final del río. En total se retiraron 55 kg de toallitas húmedas, bastoncillos de los oídos, compresas, trozos de poliestireno y botellas de plástico.

Desde la Asociación Fontaíña queremos llamar la atención de la sociedad para que no se tiren por el inodoro este tipo de restos; deben ir a la papelera, pues sino acaban muchas veces en medio natural.

El periódico Atlántico Diario informó de esta actividad en la edición dominical (ENLACE CON ATLÁNTICO DIARIO).

Muchas gracias a todos los participantes por su colaboración¡