O xoves 6 de xullo pola mañán, un grupo de persoas voluntarias participou nunha actividade de inventariado de flora exótica invasora na Xunqueira do Lagares.O obxectivo da actividade era localizar, na Xunqueira do Lagares, os exemplares que aínda quedan da planta coñecida como plumeiro ou herba das pampas, de nome científico Cortaderia selloana.
Trátase dunha especie de planta exótica (orixinaria de America do Sur) de marcado caracter invasor que está incluída no Catálogo Nacional de Especies Exóticas Invasoras e sobre a que se están realizando programas e experiencias de erradicación e control en diferentes lugares e por parte de distintas entidades e administracións (p.ex. MITECO).A asociación Fontaíña leva a cabo, desde hai anos, traballos de contro e de erradicación deste especie invasora, con resultados positivos. Na actualidade, aínda hai exemplares en terreos perimetrais á propia marisma (con algún exemplar aillado na zona húmida). O obxectivo é a súa erradicación nun prazo de tempo de 1-2 anos.Na actividade realizada, as persoas voluntarias buscaron exemplares, os clasificaban en tamaños, sacaban fotos das plantas e as xeolocalizaban. A idea é ir retirando os de menor tamaño no verán nunha proxíma actividade e no caso dos exemplares maiores eliminarlle as espigas este outono, para evitar que sigan inzando o terreo, e posteriomente, con tempo e ferramentas axeitadas, eliminalos fisicamente.O voluntariado participante localizou na Xunqueira do Lagares un total de 9 lugares con individuos aillados ou grupos, que sumaron uns 20 exemplares, aproximadamente a metade deles de talla grande.








No hay comentarios:
Publicar un comentario