Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



28/4/23

Continuamos coas actividades de conservación da natureza na Xunqueira do Lagares

O sábado 22 de abril un grupo de oito persoas voluntarias de Fontaíña continuaron coa eliminación de exemplares da planta bioinvasora "herba das pampas" (Cortaderia selloana) na Xunqueira do Lagares en Coruxo- Vigo.  Ademais tamen se limparon de suciedade e pintadas os tres carteis sinalizadores deste espazo natural.
Estas actividades de voluntariado medioambiental forman parte do Programa de Apadriñamento de Espazos Naturais de Proyecto Libera organizado e patrocinado por SEO-Birdlife e Ecoembes.


En total se retiraron 26kg de material vexetal correspondente a un exemplar de tamaño mediano e á tallos con espigas e gromos con raíz de dous grandes exemplares que aínda haberá que rematalón na seguinte xornada de voluntariado. Tamén se localizaron dúas pequenas poboacións doutra planta bioinvasora típica das zonas litorais, Zandeteschia aethiopica, de nome común "cala", das cales se eliminarán os seus rizomas para evitar posibles expansións na Xunqueira do Lagares.

--------------------------------------------------------------------


El sábado 22 de abril un grupo de ocho personas voluntarias de Fontaíña continuaron con la eliminación de ejemplares de la planta bioinvasora "hierba de las pampa" (Cortaderia selloana) en la Xunqueira do Lagares en Coruxo- Vigo.  Ademas tambien se limpiaron de suciedad y pintadas los tres carteles señalizadores de este espacio natural. 
Estas actividades de voluntariado medioambiental forman parte del Programa de Apadrinamiento de Espacios Naturales de Proyecto Libera organizado y patrocinado por SEO-Birdlife y Ecoembes.


En total se retiraron 26kg de material vegetal correspondiente a un ejemplar de tamaño mediano y a tallos con espigas y brotes con raíz de dos grandes ejemplares que aún habrá que rematar en la siguiente jornada de voluntariado. También se localizaron dos pequeñas poblaciones de otra planta bioinvasora típica de zonas litorales, Zandeteschia aethiopica, de nombre común "cala", de las que se eliminarán sus rizomas para evitar posibles expansiones en la Xunqueira do Lagares.
 



12/4/23

Convocatoria de actividade na Xunqueira do Lagares o 22/04/2022-Programa Libera Apadriñamento de Espazos Naturais

 


O vindeiro sábado 22 de abril, de 9:00 a 12:00 horas, a Asociación Fontaíña organiza unha actividade de voluntariado ecolóxico na Xunqueira do Lagares. Nela se eliminarán algúns exemplares da bioinvasora herba das pampas (Cortaderia selloana) e limparemos os carteis sinalizadores deste interesante espacio natural vigués.

A Xunqueira do Lagares é unha marisma situada na foz do río Lagares. Trátase dun espazo de grande valor ecolóxico, e que serve de refuxio a numerosas aves migradoras. Ademais, ten valor histórico pola presenza dos restos dunha saíña do SXVIII.

Por desgraza a Xunqueira do Lagares presenta diversos problemas medioambientais.  Un deles (e hai moitísimos máis) var ser combatidos mediante o traballo do voluntariado ambiental:
A actividade forma parte das accións da proposta "Xunqueira do Lagares: Acciones de voluntariado ambiental", e conta co patrocinio de "LIBERA: NATURALEZA SIN BASURA", un proxecto de SEO- Birdlife e Ecoembes, na convocatoria 22-23 de Apadriñamento de Espazos Naturais.

Para esta actividade é imprescindible apuntarse previamente, mediante o envío dun correo electrónico a 

fontainhavigo@yahoo.es 

indicando os seguintes datos:
Nome participante/s
Tfno. de contacto
Os menores de 16 años deberán participar acompañados dun adulto que se faga cargo deles;  os menores de 16 a 18 anos poderán participar sós previa autorización dos seus pais ou titores (Enlace descarga documento autorización).

Lugar de encontro: Ponte de madeira do Lagares, na estrada Muíños-Samil. 

As persoas voluntarias estarán acompañadas por un monitor da Asociación Fontaíña. Se lles facilitará ferramenta de traballo, luvas e avituallamento.

É recomendable levar roupa para traballar no campo e botas de auga pola elevada humidade do terreo.  IMPORTANTE: Para traballar na eliminación da herba das pampas (Cortaderia selloana) é necesario vestir roupas que protexan a pel (camiseta de manga longa e pantalón longo),  xa que as follas desta herba son moi cortantes e poden ferir ou irritar a pel.

__________________________________________________________________________________


El próximo sábado 22 de noviembre, de 9:00 a 12:00 horas, la Asociación Fontaíña organiza una actividad de voluntariado ecológico en la Xunqueira del Lagares. En ella se eliminarán algunos ejemplares de la bioinvasora hierba de las pampas (Cortaderia selloana) y se limpiarán los carteles señalizadores de este valioso espacio natural vigués. 

La Xunqueira do Lagares es una marisma ubicada en la desembocadura del río Lagares. Se trata de un espacio de gran valor ecológico, y que sirve de refugio a numerosas aves migradoras. Además, tiene valor histórico por la presencia de los restos de una salina del SXVIII
Por desgracia la Xunqueira do Lagares presenta diversos problemas medioambientales. Uno de ellos (hay muchos más) van a ser combatidos mediante el trabajo del voluntariado ambiental: 
La actividad forma parte de las acciones de la propuesta "Xunqueira do LagaresAcciones de voluntariado ambiental" y cuenta con el patrocinio de "LIBERA: NATURALEZA SIN BASURA", un proyecto de SEO- Birdlife y Ecoembes, en la convocatoria 22-23 de Apadrinamiento de Espacios Naturales.

Para esta actividad es imprescindible apuntarse previamente 
mediante el envío de un correo electrónico a 

fontainhavigo@yahoo.es

indicando los siguientes datos:
Nombre y apellidos participante/s
Tfno. de contacto
Los menores de edad deben venir acompañados por una persona adulta. Los menores de 16 a 18 anos podrán participar solos previa autorización de sus padres o tutores (Enlace descarga documento autorización).


Lugar de encuentro: Puente de madera del Lagares, en la carretera Muíños-Samil. 

Las personas voluntarias estarán acompañadas por un monitor de la Asociación Fontaíña. Se les facilitará herramienta de trabajo, guantes y avituallamento. La Asociación dispone de seguro de RC y accidentes para voluntariado.

Es recomendable llevar ropa para trabajar en el campo y botas de agua por la elevada humedad del terreno.  IMPORTANTE: Para trabajar en la eliminación de la hierba de las pampas (Cortaderia selloana) es necesario vestir ropas que protejan la piel (camiseta de manga larga y pantalón largo),  ya que las hojas de esta hierba son muy cortantes y pueden herir o irritar la piel.

8/4/23

Próximas actividades de Fontaíña

Velaí tedes a nosa previsión de datas para as vindeiras actividades de voluntariado ambiental na Xunqueira do Lagares:

Sábado 22/4/2023. Pola mañán estaremos eliminando exemplares de Cortaderia selloana, unha especie bioinvasora que afecta a vexetación e a paisaxe da Xunqueira do Lagares. Se da tempo tamén adecentaremos os carteis sinalizadores deste espazo natural.

Sábado 13/5/2023. Pola mañán estaremos eliminando exemplares de Cortaderia selloana, unha especie bioinvasora que afecta a vexetación e a paisaxe da Xunqueira do Lagares. Se da tempo tamén adecentaremos os carteis sinalizadores deste espazo natural.

Sábado 3/6/2023. Pola mañán estaremos limpando lixo na marisma, ó igual que moitos outros grupos de persoas que participan na iniciativa "1m2 contra la basuraleza" organizada por LIBERA (SEO e ECOEMBES).


Aquí teneis nuestra previsión de fechas para las próximas actividades de voluntariado ambiental en la Xunqueira do Lagares:

Sábado 22/4/2023. Por la mañana estaremos eliminando ejemplares de Cortaderia selloana, una especie bioinvasora que afecta a la vexetación y el paisaje de la Xunqueira do Lagares. Si da tiempo también limpiaremos los carteles señalizadores de este espacio natural.

Sábado 13/5/2023. Por la mañana estaremos eliminando ejemplares de Cortaderia selloana, una especie bioinvasora que afecta a la vexetación y el paisaje de la Xunqueira do Lagares. Si da tiempo también limpiaremos los carteles señalizadores de este espacio natural.

Sábado 3/5/2023. Por la mañana estaremos limpiando basura en la marisma, al igual que muchos otros grupos de personas que participan en la iniciativa "1m2 contra la basuraleza" organizada por LIBERA (SEO e ECOEMBES).