Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



19/7/22

Artigo sobre o impacto nas aves da praia canina da Foz e A Calzoa en Vigo publicado en La Voz de Galicia o 19/7/22

Reproducimos este interesante artigo de opinión publicado en La Voz de Galicia o día 19/7/22, do que son autores Mariano de la Lastra (Catedrático de Ecoloxía na Universidade de Vigo) e José Arcas García (Doutor en Bioloxía).






9/7/22

Resumo da actividade de voluntariado na Xunqueira do Lagares do 9-7-22

Malia abafante calor e as avespas, se conseguiu arrincar dous exemplares de herba das pampas (Cortaderia selloana) de tamaño medio (uns 36 kg de peso) que estaban invadindo a Xunqueira do Lagares.


5/7/22

Convocatoria actividade 9-7-22: Voluntariado ambiental na Xunqueira do Lagares

 




O vindeiro sábado 9 de xullo, de 10:00 a 13:00 horas, a Asociación Fontaíña organiza unha actividade de voluntariado ecolóxico na Xunqueira do Lagares. Nela realizarase unha limpeza de lixo, se eliminarán algúns exemplares da bioinvasora herba das pampas (Cortaderia selloana) e limparemos os carteis sinalizadores deste interesante espacio natural vigués.

A Xunqueira do Lagares é unha marisma situada na foz do río Lagares. Trátase dun espazo de grande valor ecolóxico, e que serve de refuxio a numerosas aves migradoras. Ademais, ten valor histórico pola presenza dos restos dunha saíña do SXVIII.

Por desgraza a Xunqueira do Lagares presenta diversos problemas medioambientais.  Dous deles (e hai moitísimos máis) var ser combatidos mediante o traballo do voluntariado ambiental:
  • Presenza de residuos sólidos, tanto polas enchentas do río como polas pleamares e as saidas de materiais polos sumidoiros, polo que resulta necesario retirar ditos residuos para evitar que se acumulen degradando unha zona de enorme importancia natural a nivel local.
  • Colonización de especies bioinvasoras como a Cortaderia selloana (Herba das pampas), incluída no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras.
A actividade forma parte das accións da proposta "Xunqueira do Lagares: Acciones de voluntariado ambiental", e conta co patrocinio de "LIBERA: NATURALEZA SIN BASURA", un proxecto de SEO- Birdlife e Ecoembes, na convocatoria 21-22 de Apadriñamento de Espazos Naturais.

Para esta actividade é imprescindible apuntarse previamente, mediante o envío dun correo electrónico a 

fontainhavigo@yahoo.es 

indicando os seguintes datos:
Nome participante/s
Tfno. de contacto
Os menores de idade deben de vir acompañados por unha persoa adulta.

Lugar de encontro: Ponte de madeira do Lagares, na estrada Muíños-Samil. 

As persoas voluntarias estarán acompañadas por un monitor da Asociación Fontaíña. Se lles facilitará ferramenta de traballo, luvas e avituallamento.

O número de prazas é limitado: 5 persoas voluntarias e 1 monitor

É recomendable levar roupa e calzado para traballar no campo, gorra e protector solar.  IMPORTANTE: Para traballar na eliminación da herba das pampas (Cortaderia selloana) é necesario vestir roupas que protexan a pel (camiseta de manga longa e pantalón longo),  xa que as follas desta herba son moi cortantes e poden ferir ou irritar a pel.
__________________________________________________________________________________


El próximo sábado 9 de julio, de 10:00 a 13:00 horas, la Asociación Fontaíña organiza una actividad de voluntariado ecológico en la Xunqueira del Lagares. En ella se realizará una limpieza de basura, se eliminarán algunos ejemplares de la bioinvasora hierba de las pampas (Cortaderia selloana) y se limpiarán los carteles señalizadores de este valioso espacio natural vigués. 

La Xunqueira do Lagares es una marisma ubicada en la desembocadura del río Lagares. Se trata de un espacio de gran valor ecológico, y que sirve de refugio a numerosas aves migradoras. Además, tiene valor histórico por la presencia de los restos de una salina del SXVIII
Por desgracia la Xunqueira do Lagares presenta diversos problemas medioambientales. Dos de ellos (hay muchos más) van a ser combatidos mediante el trabajo del voluntariado ambiental: 
  • Presencia de residuos sólidos, tanto por las crecidas del río como por las pleamares, y las salidas de  materiales por los aliviaderos del saneamiento, por lo que resulta necesario retirar dichos residuos para evitar que se acumulen degradando una zona de enorme importancia natural a nivel local. 
  • Colonización de especies bioinvasoras como la Cortaderia selloana (Hierba de las pampas), incluída en el Catalogo Español de Especies Exóticas Invasoras.
La actividad forma parte de las acciones de la propuesta "Xunqueira do Lagares
: Acciones de voluntariado ambiental" y cuenta con el patrocinio de "LIBERA: NATURALEZA SIN BASURA", un proyecto de SEO- Birdlife y Ecoembes, en la convocatoria 21-22 de Apadrinamiento de Espacios Naturales.

Para esta actividad es imprescindible apuntarse previamente 
mediante el envío de un correo electrónico a 

fontainhavigo@yahoo.es

indicando los siguientes datos:
Nombre y apellidos participante/s
Tfno. de contacto
Los menores de edad deben venir acompañados por una persona adulta.

Lugar de encuentro: Puente de madera del Lagares, en la carretera Muíños-Samil. 

Lss persoas voluntarias estarán acompañadas por un monitor de la Asociación Fontaíña. Se lles facilitará ferramenta de traballo, luvas e avituallamento. La Asociación dispone de seguro de RC y accidentes para voluntariado.

El número de plazas es limitado: 5 personas voluntarias y 1 monitor

Es recomendable llevar ropa y calzado para trabajar en el campo, gorra y protector solar.  IMPORTANTE: Para trabajar en la eliminación de la hierba de las pampas (Cortaderia selloana) es necesario vestir ropas que protejan la piel (camiseta de manga larga y pantalón largo),  ya que las hojas de esta hierba son muy cortantes y pueden herir o irritar la piel.