Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



14/8/22

Convocatoria actividades 26 e 27/8/2022: Voluntariado ambiental na Xunqueira do Lagares

Como remate da campaña de voluntariado ambiental 2021-22 na Xunqueira do Lagares (Coruxo-Vigo) imos celebrar dúas xornadas de traballo o venres 26 e o sábado 27 de agosto de 2022, en horario de 9 a 12h. Ditas actividades forman parte das accións da proposta "Xunqueira do Lagares: Acciones de voluntariado ambiental", e conta co patrocinio de "LIBERA: NATURALEZA SIN BASURA", un proxecto de SEO- Birdlife e Ecoembes, na convocatoria 21-22 de Apadriñamento de Espazos Naturais.

Poderá participar calquera persoa interesada, inscribíndose previamente, e a Asociación Fontaíña facilitará a ferramenta, luvas, peto identificativo, auga e avituallamento; ademais de contar cun seguro de RC e accidentes. Para cada xornada haberá 5 prazas de voluntariado e un monitor.


A xornada do sábado 27 está especialmente adicada ós máis novos, polo que terán prioridade de inscrición en caso de moitos solicitantes. Os menores de 16 anos deben participar acompañados dun adulto que se faga responsable deles e os menores de 16 a 18 anos poden participar sós entregando previamente unha autorización dos pai ou titores.  

En todo caso, calquera persoa pódese anotar nunha ou nas dúas xornadas sen problema.

Nelas realizaranse se eliminarán algúns exemplares da bioinvasora herba das pampas (Cortaderia selloana), retiraremos os residuos sólidos e limparemos os carteis sinalizadores deste interesante espacio natural vigués.

Durante as dúas xornadas aproveitaremos para coñecer e desfrutar da paisaxe, a flora e as aves que habitan nesta zona húmida litoral 

A Xunqueira do Lagares é unha marisma situada na foz do río Lagares. Trátase dun espazo de grande valor ecolóxico, e que serve de refuxio a numerosas aves migradoras. Ademais, ten valor histórico pola presenza dos restos dunha saíña do SXVIII.

Por desgraza a Xunqueira do Lagares presenta diversos problemas medioambientais.  Dous deles (e hai moitísimos máis) var ser combatidos mediante o traballo do voluntariado ambiental:
  • Presenza de residuos sólidos, tanto polas enchentas do río como polas pleamares e as saidas de materiais polos sumidoiros, polo que resulta necesario retirar ditos residuos para evitar que se acumulen degradando unha zona de enorme importancia natural a nivel local.
  • Colonización de especies bioinvasoras como a Cortaderia selloana (Herba das pampas), incluída no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras.

Para participar nesta actividade é imprescindible apuntarse previamente, mediante o envío dun correo electrónico a 

fontainhavigo@yahoo.es 

indicando os seguintes datos:
Nome participante/s
Tfno. de contacto
Os menores de 16 anos deben de vir acompañados por unha persoa adulta e os menores de 18 traer esta autorización dos seus pais ou titores.

Lugar de encontro: Ponte de madeira do Lagares, na estrada Muíños-Samil. 

É recomendable levar roupa e calzado para traballar no campo, gorra e protector solar.  IMPORTANTE: Para traballar na eliminación da herba das pampas (Cortaderia selloana) é necesario vestir roupas que protexan a pel (camiseta de manga longa e pantalón longo),  xa que as follas desta herba son moi cortantes e poden ferir ou irritar a pel.

________________________________________________



Como fin da campaña de voluntariado ambiental 2021-22 en la Xunqueira do Lagares (Coruxo-Vigo) vamos a celebrar dos jornadas de trabajo el vieres 26 y el sábado 27 de agosto de 2022, en horario de 9 a 12h. Dichas actividades forman parte de las acciones de la propuesta "Xunqueira do Lagares: Acciones de voluntariado ambiental", y cuenta con el patrocinio de "LIBERA: NATURALEZA SIN BASURA", un proxecto de SEO- Birdlife e Ecoembes, en la convocatoria 21-22 de Apadrinamiento de Espacios Naturales.

Podrá participar cualquier persoa interesada, inscribiéndose previamente, y la Asociación Fontaíña facilitará la herramienta, guantes, peto identificativo, agua y avituallamento; además de contar con un seguro de RC y accidentes. Para cada jornada habrá 5 plazas de voluntariado y un monitor.

La jornada del sábado 27 está especialmente dedicada a los máis jóvenes, por lo que tendrán prioridad de inscripción en caso de muchos solicitantes. Los menores de 16 anos deben participar acompañados dun adulto que se haga responsable de ellos y los menores de 16 a 18 anos pueden participar solos entregando previamente una autorización de los padres o tutores.  

En todo caso, cualquier persoa se puede anotar e una o en las dos jornadas sin problema.

La Xunqueira do Lagares es una marisma ubicada en la desembocadura del río Lagares. Se trata de un espacio de gran valor ecológico, y que sirve de refugio a numerosas aves migradoras. Además, tiene valor histórico por la presencia de los restos de una salina del SXVIII

Por desgracia la Xunqueira do Lagares presenta diversos problemas medioambientales. Dos de ellos (hay muchos más) van a ser combatidos mediante el trabajo del voluntariado ambiental: 
  • Presencia de residuos sólidos, tanto por las crecidas del río como por las pleamares, y las salidas de  materiales por los aliviaderos del saneamiento, por lo que resulta necesario retirar dichos residuos para evitar que se acumulen degradando una zona de enorme importancia natural a nivel local. 
  • Colonización de especies bioinvasoras como la Cortaderia selloana (Hierba de las pampas), incluída en el Catalogo Español de Especies Exóticas Invasoras.
Para esta actividad es imprescindible apuntarse previamente mediante el envío de un correo electrónico a 

fontainhavigo@yahoo.es

indicando los siguientes datos:
Nombre y apellidos participante/s
Tfno. de contacto
Los menores de 16 anos deben de venir acompañados por una persona adulta y los menores de 18 traer esta autorización de sus padres o tutores.

Lugar de encuentro: Puente de madera del Lagares, en la carretera Muíños-Samil. 
Es recomendable llevar ropa y calzado para trabajar en el campo, gorra y protector solar.  IMPORTANTE: Para trabajar en la eliminación de la hierba de las pampas (Cortaderia selloana) es necesario vestir ropas que protejan la piel (camiseta de manga larga y pantalón largo),  ya que las hojas de esta hierba son muy cortantes y pueden herir o irritar la piel.