Acaba de publicar a revista dixital El Asombrario&Co unha entrevista cun representante de Fontaíña. Neste enlace podedes acceder á entrevista completa.
Acaba de publicar a revista dixital El Asombrario&Co unha entrevista cun representante de Fontaíña. Neste enlace podedes acceder á entrevista completa.
Tamén se anotaron varias situacións que serán tramitadas por rexistro no Concello de Vigo, para que as solucione. Presenza de exemplares grandes de herbas da pampa en fincas pechadas municipais e privadas. Por exemplo, na antiga EDAR están agromando de novo os exemplares que arrincou o servizo municipal e deixou alí o ano pasado. No escrito que se fixo daquela se lles insistía na necesidade de cumprir co protocolo "Stop Cortaderia" que indica a importancia de non deixar exemplares arrincados por acabar revivindo. Tamen pola presenza de un coches aparcado con frecuencia en zonas vexexetación arbórea cercana á praia de samil. Outro asunto é o mal estado da ponte de madeira no río (leva pechada desde xullo) ou os carteis da senda do Lagares. Un deles foi destruido por completo, e iso que xa avisáramos en xaneiro ó Concello de Vigo para que o reparasen, cando aínda tiña remedio o desperfecto. Hai outro que agora volve estar medio inclinado.
A xornada tamén foi proveitosa no que se refire ás observacións ornitolóxicas, pois se puideron observar dous zurrasca euroasiática (Rallus aquaticus), dous picapeixes comúns (Alcedo atthis), varios biluricos das rochas (Actitis hypoleucos), galiñas de auga comúns (Gallinula chloropus), un galo de auga común (Fulica atra), garzas reais (Aredea cinerea) e garza branca pequena (Egretta alba).Desde a a Asociación Fontaíña queremos agradecer o traballo realizado polas persoas voluntarias, que a pesar da calor que tiñamos nesa mañán se achegaron para axudar e traballar na defensa da Xunqueira do Lagares.