Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



31/3/16

Convocatoria para o censo de aves en paso prenupcial




O vindeiro domingo 3 de abril de 9 a 13 h. realizarase o XII censo de aves en paso prenupcial do treito costeiro que vai dende Cabo de Mar (Alcabre) ata a Praia de Baluarte (Coruxo), pasando pola Xunqueira do Lagares.

O lugar de encontro será en Cabo de Mar (no extremo leste do paseo de Samil) as 9:00 h.

O número de prazas é limitado (7 voluntarios/as).

Nesta actividade os e as participantes irán acompañados por un ornitólogo da asociación Fontaíña e axudarán a identificar e a contar as aves acuáticas que se atopen no seu percorrido. Dita información serve para coñecer o estado ambiental deste treito de costa en xeral e das poboacións de aves acuáticas do mesmo en particular.

Dende a Asociación Fontaíña queremos dar as grazas a todas as persoas que colaboraron nesta actividade en particular e nas actividades de voluntariado da asociación en xeral.

As persoas interesadas teñen que apuntarse no correo electrónico diegodalimia@gmail.com

É recomendable levar prismáticos e roupa e calzado cómodos para camiñar.

9/3/16

Fin de seman chea de actividades de voluntariado ambiental. Anímate a participar¡

A vindeira fin de semán haberá dúas actividades nas que poderás participar como voluntario ecolóxico da Asociación Fontaíña.
  • Sábado 12-3-16, de 9:45 a 13h, nos Mtes. de Teis (A Madroa) realizarase un plantío de árbores autóctonas  (suspendido o 20-2 pola chuvia), organizado pola Comunidade de Montes de Teis (Fontaíña acude como entidade colaboradora).  Pode participar adultos e nenos acompañados por un adulto. Teñen prioridade voluntarios inscritos o día 20, pero moi posiblemente haxa prazas libres para máis xente. 
  • Domingo 13-3-16, de 10 a 13h, na Xunqueira do Lagares (Coruxo, punto de encontro Ponte de madeira do Lagares, perto da Depuradora). Xornada de Especies Autóctonas "Tejiendo Redes".  Participaremos nesta xornada, organizada a nivel de toda España pola Xarxa de Custodia del Territori e Obra Social "la Caixa", cunha actividade de eliminación dunha especie bioinvasora chamada herba das pampas (Cortaderia selloana).  Poden participar persoas adultas (20 prazas).

Interesados en participar como voluntarios nestas actividades mandar un e-mail a fontainhavigo@yahoo.es ou chamar ó 679457222.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR¡

26/2/16

DÍA DAS ESPECIES AUTÓCTONAS: VEN CELEBRALO COA ASOCIACIÓN FONTAÍÑA NA XUNQUEIRA DO LAGARES!



O vindeiro 13 de marzo a Obra Social “La Caixa” e a Xarxa de Custòdia del Territori celebran o día das Especies Autóctonas, no marco do proxecto “Tejiendo Redes para la custodia del territorio en España” (http://www.tejiendocustodia.org/).



Máis de 800 voluntari@s poderán participar nas 30 xornadas que se desenvolverán en todo o territorio nacional, e a Asociación Fontaíña vai organizar unha delas (http://www.tejiendocustodia.org/events/dia-de-las-especies-autoctona-en-la-xunquiera-do-lagares/).



Deste xeito, o domingo 13 de marzo, de 10:00 a 13:00 horas, levaremos a cabo unha actividade de eliminación da planta exótica invasora herba da pampa (Cortaderia selloana) na Xunqueira do Lagares. Ademáis, aproveitaremos para coñecer un pouquiño máis este espazo natural.



Lugar de encontro e material necesario: Ponte de madeira do Lagares, na estrada Muíños-Samil, preto da depuradora. No caso de que xa as recibiran, os/as voluntarios/as deberán traer as súas lubas e botas.



O número de prazas é limitado: 20 persoas (adultos).


Nesta actividade os e as participantes estarán acompañados por monitores da asociación Fontaíña.

É recomendable levar roupa e calzado cómodos.



As persoas interesadas deben apuntarse mediante o envío dun correo electrónico a fontaínhavigo@yahoo.es indicando nome e teléfono.

25/2/16

Suspendido o plantío do 27/2 en Teis

Informávosmos de que foi suspendida, a causa da previsión meteorolóxica de día chuvioso, a actividade do sábado 27/2/2016, un plantío de árbores autóctonas nos montes de Teis.  
En canto recibamos a nova data de convocatoria, previsiblemente un sábado de Marzo, por parte da Comunidade de Montes de Teis (Vigo), o publicaremos no blog e tamén informaremos ás persoas que estaban apuntadas para esta actividade. 
Como é lóxico, ditas persoas terán prioridade para participar nesa vindeira convocatoria.  Desculpas polas molestias.

5/2/16

Convocatoria: participa como voluntario nos plantíos forestais dos Mtes. de Teis



A Asociación Fontaíña foi invitada, un ano máis, pola Comunidade de Montes de Teis (Vigo) a participar nos plantíos de árbores autóctonas que organiza dita entidade nos seus montes.
A C.M.V.M.C. de Teis leva moitos anos traballando a prol da recuperacións dos bosques autóctonos galegos mediante un proxecto continuo de eliminación das especies invasoras (sobre todo acacia negra) que inzaban os seus montes, e posteriormente repoboar con árbores autóctonas (carballos, cerdeiras, bidueiras,...) cuns resultados espectaculares.

Como pequeno apoio a esta fenomenal tarefa imos participar cun grupo de voluntarios nos dous plantíos de árbores autóctonas que organizará a Comunidade de Montes de Teis.

As actividades terán lugar nos montes de Teis os sábados 20 e 27 de febreiro de 2016 de 9:45 a 13h. O lugar de encontro será o Quiosco do Zoo (Praza dos Leóns, A Madroa, Vigo).  As persoas voluntarias poderán participar nunha ou nas dúas plantación segun desexen. A actividade estará aberta a menores de idad, sempre que asistan acompañados dun adulto responsable deles. Haberá un grupo de monitores de Fontaíña para axudar e supervisar no traballo dos participantes, ós que se lles entregará lubas, ferramenta e arboriñas. Recoméndase ir con roupa comoda e axeitada para traballar no monte. 
Para participar é obrigatorio inscribirse (o prazo finaliza o día 17 de febreiro as 20h) mandando un correo electrónico a fontainhavigo@yahoo.es ou chamando ó 679457222, indicando:
Nome e apelidos
Teléfono de contacto
E.mail
Idade, no caso dos menores.

Agardamos a túa participación¡



31/1/16

Plantadas 200 landras de cerquiño para o noso proxecto forestal


Na mañán do 31 de xaneiro de 2016, catro voluntarios de Fontaíña prepararon un pequeno viveiro de cerquiños.  Para iso, plantaron as landras en envases e agora habera que esperar un par de anos para que, cos coidados axeitados, poidan ser trasplantados a algunha zona forestal da costa das Rías Baixas.

26/1/16

VINDEIRA ACTIVIDADE: OBRADOIRO DE PLANTÍO DE LANDRAS EN BRICKS



O domingo 31 de xaneiro pola mañá, de 11 a 13 horas, terá lugar un obradoiro para plantar as landras de cerquiño (Quercus pyrenaica) que recollimos no mes de setembro e que mantivemos estratificadas en frío ata agora. Plantarémolas en bricks baleiros que reutilizaremos como macetas.



O obxectivo desta actividade é obter plantas de cerquiño para logo plantar nalgún espazo natural, polo que ao final do plantío aquelas persoas voluntarias que teñan un lugar axeitado para o desenrolo das arboriñas, poderán convertirse en “pais adoptivos” e coidalas ata entón.



Lugar de encontro e material necesario: Praia da Fontaíña (perto da do Vao) no lugar do Breadouro. No caso de que xa as recibiran, os/as voluntarios/as deberán traer as súas lubas.



O número de prazas é limitado (10 persoas) e poderán participar adultos e nenos (acompañados por un adulto).


Nesta actividade os e as participantes estarán acompañados por monitores da asociación Fontaíña.

É recomendable leva
r roupa e calzado cómodos.



As persoas interesadas deben apuntarse mediante o envío dun correo electrónico a fontaínhavigo@yahoo.es indicando nome, teléfono e, no caso dos menores, idade.